Construción

A construción foi un dos sectores con maior capacidade de xeración de emprego (representa o 15,06% do emprego no 2008), especialmente concentrada nos anos 2006 e 2007. Sen embargo, no 2008 empezaron a detectarse os primeiros síntomas de declive cunha diminución gradual do emprego. Neste mesmo ano, os datos de paro comezaban a amosar as súas peores cifras de paro. Este sector de actividade fai referencia ás construcións novas, ás obras de restauracións, así como ás instalacións e acabados das mesmas.

 

Caracterización das empresas

  • Empresas montadoras de ferro, que instalan e montan en obra armaduras realizadas no taller, para elementos construtivos de formigón armado.
  • Que traballan en proxectos de enxeñería civil (rama que aplica os coñecementos de física, química e xeoloxía á elaboración de infraestruturas, obras hidráulicas e de transporte), como a construción de túneles e o seu consecuente revestimento en formigón.
  •   Que realizan todo tipo de obras, como saneamento, construción de naves industriais, edificios, vivendas unifamiliares, e execución de movementos de terra. Se ben hai empresas de menor tamaño especializadas sobre todo en vivendas unifamiliares (estrutura, recebo, acabados, instalacións, etc).
  • Elaboración de traballos de revestimento, a través de morteiros de xeso e cal, falsos teitos, molduras, e insonorización de vivendas.

 

Respecto á departamentalización reinante, en todos os casos existe unha área na que se centraliza a xerencia, administración e contabilidade, e outra que se dedica á execución da obra, que supón o groso do equipo existente. Neste senso, afondando no persoal contratado, este ten un claro perfil masculinizado e, no tocante ao número, as empresas teñen unha media de corenta e catro persoas asalariadas. A poboación traballadora soe ter experiencia laboral e, ás veces, contrátase persoal eventual para a realización dunha obra de maior tamaño. En termos xerais non soen facer publicidade da imaxe da empresa, sendo o que máis funciona para atopar mercado o boca a boca da clientela. Pola súa banda, a presenza das novas tecnoloxías ostenta un lugar secundario nestas empresas.

 

Asistencia a formación

 

O Convenio Xeral do Sector da Construción do período 2007-2011 establece que a poboación traballadora que desenvolve a súa actividade no sector construtivo deberá realizar ciclos de formación obrigatoria na temática de prevención de riscos laborais. En concreto, existen distintas modalidades:

  •  O primeiro ciclo denomínase “Aula Permanente”, trátase dunha acción formativa inicial mínima cuxo obxectivo é o de acadar que a poboación traballadora adquira os coñecementos necesarios para identificar os riscos laborais máis recorrentes, así como as medidas preventivas a implantar. A duración deste ciclo é de 8 horas e ten un carácter gratuíto.
  •   O segundo ciclo de formación está vinculado ao posto de traballo e aos oficios existentes no sector. A duración e os contidos formativos varían segundo os postos desempeñados e os oficios.
  •    Nivel básico de prevención que, cunha duración de 60 horas, afonda nos conceptos básicos sobre seguridade e saúde, riscos xerais e específicos e prevención no sector, así como nos elementos básicos de xestión da prevención de riscos e primeiros auxilios.

Algunhas empresas tamén realizan especialidades formativas vinculadas á calidade e hixiene no traballo, ou cursos máis específicos, como o de operador de guindastre – torre (que capacita ao alumnado no manexo das cciónón de carga e descarga de materiais, e ferramentas, así como no mantemento e conservación da grúa). Deste xeito, compre matizar que habitualmente as cción formativas teñen un carácter presencial e se organizan con contidos fundamentalmente teóricos.

Requirimentos para o desenvolvemento do posto de traballo

 

Dentro das habilidades e destrezas xerais que necesita o persoal para traballar no sector da construción, as empresas salientan que a persoa sexa disciplinada, teña vontade de aprender e traballar, sexa coidadosa no desenvolvemento das súas tarefas, ao tempo que áxil, ordenada (mantendo as ferramentas, equipamentos e materiais organizados e en orde) e que lle de importancia á limpeza da obra. Así mesmo, ten que cumprir as normas de seguridade e prevención laboral, deben ter realizados os cursos derivados da aplicación do último convenio e, deben estar en dispoñibilidade do graduado escolar. Se ben a experiencia laboral previa non é un requisito indispensable á hora de desempeñar un traballo nesta actividade, valórase positivamente ter certa andadura laboral na construción, aínda que non sexa no mesmo posto que o requirido ou demandado. Deste xeito, canto maior sexa a experiencia adquirida, maiores posibilidades terá de desempeñar un posto oficial na obra.

Dende un punto de vista máis específico, hai persoas que se caracterizan pola rapidez na que executan as labores asignadas, e outras de máis longo recorrido que teñen unha maior paciencia á hora de facer acabados, cubertas, escaleiras, etc., e que, polo tanto, son máis perfeccionistas. Ambas destrezas son valoradas e se realiza unha asignación ocupacional en función das destrezas referidas.

  •  O/a encargado/a de obra ten que saber interpretar os planos, xa que resulta fundamental á hora de distribuír o traballo. Do mesmo xeito, debería sacarlle o seu máximo partido ao equipo que coordina, demostrando ter capacidade de liderado e boa disposición para a planificación das obras.
  •  Ter certa flexibilidade laboral para desprazarse cando muden as obras.
  •  Así mesmo, saber soldar ou ter forza física vense como requisitos a ter en conta.

Na actualidade, non teñen problemas á hora de atopar os perfís profesionais que requiren, continuamente acude xente á empresa na procura de emprego, e son moitos os currículos que lles chegan dende distintos puntos de Galicia. Comentan que existiu un retorno de poboación galega que estaba a traballar noutras comunidades autónomas e que se quedou sen ocupación.

 

 

 

 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: