AXENCIA DE COLOCACIÓN

 

Fundación Amigos de Galicia é unha entidade Prestadora de Servizos Sociais, con número E-2199, que conta co Servizo de Orientación Laboral a través da Axencia de Colocación aprobada pola Xunta de Galicia, co número de Expediente 2012/017 e número de Identificación 1200000013, en colaboración cos Servizos Sociais e Orientación Laboral dos concellos e da Xunta de Galicia. Realiza accións de información, orientación e procura de emprego, articuladas en itinerarios personalizados de inserción e focalizadas a aquelas persoas en situación de carencia económica, dispoñendo dunha Bolsa de Demandantes de emprego na cal se engloban diferentes perfiles profesionais.

 

Os obxectivos do Servizo de Orientación da Entidade baséase principalmente en:

 

·      Actualizar os CV de cada demandante.

·      Optimizar a oferta formativa existente.

·      Compatibilizar a demanda da persoa coa oferta existente.

·      Ofrecer un sistema de información que permita coñecer as capacidades das  

         usuarias/os relacionadas co seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.

 

Co Servizo de información e procura de emprego a persoa usuaria recibe:

 

·      Asesoramento en técnicas de procura de emprego.

·      Información sobre formación ocupacional, formación continua, formación regulada e            formación complementaria privada.

·      Información sobre a situación do mercado laboral e sobre empresas de distintos                sectores.

·      Información sobre directorios de empresas.

·      Asesoramento sobre distintas ofertas de traballo e anuncios de ofertas.

·      Captación e tratamento de ofertas de emprego.

 

Para acadar estes obxectivos os técnicos de orientación dirixen o seu esforzo á optimizar os recursos existentes para a procura de emprego, así como tamén á elaboración dun Boletín Semanal de Ofertas de Emprego privado.

 

O fin último é actuar coma prospector de empresas e intermediación laboral, e dicir, coñecer as demandas de emprego de que dispoñen as empresa, e facerlles chegar candidatos e/ou currículos vitae acordes coas ofertas que precise a través da bolsa de traballadores. 

 

PROGRAMAS

Contacto :

Para máis información, póñase en contacto con nós en horario de 9:00 a 14:00 h. a través de:

·         986 198 105 // 610 475 431 Ext. 2 // 986 804 300 Ext. 7483

·         correo electrónico: orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

MEMORIA ANUAL AXENCIA DE COLOCACIÓN

MEMORIA 1200000013 - Año 2016.pdf
Documento Adobe Acrobat [892.6 KB]

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: