Cando un amigo vaise, algo se perde na alma

O noso amigo Paco deixounos o día de onte, e foise deixando un gran baleiro na súa familia, nos amigos, veciños e todos aqueles cos que compartía a súa vida diaria.

 

Os que coñecíamos a Paco sabiamos que era un home bo e xeneroso, unha persoa que tiña interiorizada de forma totalmente voluntaria e altruista a axuda ás persoas máis desfavorecidas da sociedade na que vivía.

 

Cando unha persoa comparte o seu tempo, ademais que coa familia e ao lecer, a asumir as preocupacións e a resolver os problemas das persoas que por distintas circunstancias son marxinadas, merece o recoñecemento de todos. Por iso eu, en nome de todos os que formamos a Fundación Amigos de Galicia quero mostrar o meu recoñecemento a Paco, un home de gran corazón que onte dicía ata aquí.

 

Paco era unha persoa cristiana, católica e practicante, moi esixente consigo mesmo, e coñecía á perfección as limitacións dos seres humanos. Por iso

se preocupaba profundamente en que as persoas que atendía foran polo camiño adecuado para poder vivir con dignidade, prestando especial atención ás persoas con drogadiccións. Tamén se preocupaba especialmente das persoas maiores que viven en soidade, acompañándoas no seus últimos momentos de vida.

Seguindo o camiño de Xesús; “Ama ao próximo como a ti mesmo”, respetaba sempre a liberdade individual das persoas.

 

A sociedade de Arousa queda hoxe orfa, deixando un gran baleiro na súa familia. Deixa tamén aos seus amigos sen un compañeiro sensato que sempre estaba ao noso carón. Un amigo que sempre atopaba un oco para compartir con nós unhas verbas de apoio cando un o pasa mal. Os que compartiamos con el moitas horas, imos a votalo moito en falta.

 

Estou seguro que Xesús o acompaña á Casa do Pai, e dende aí seguirá traballando por conseguir unha sociedade mellor.

 

 

Suso Busto

Director Xeral de Fundación Amigos de Galicia