TAPÓNS ALEX

Alex

A DÍA 12 DE MAIO DE 2018, PODEMOS DICIR... OBXECTIVO CONSEGUIDO!!
A historia de Álex
 
Tras complicacións durante o embarazo, Vanessa da a luz na semana 34 de xestación, a Alejandro Guntín Álvarez, máis coñecido por todos como “Álex”. O pequeño ten agora 10 anos de vida, e xa é exemplo de superación, fortaleza, optimismo, e gañas de vivir.
 
Ingresa na Unidade de Coidados Intermedios Neonatales do Complexo Hospitalario da Universidade de Vigo con depresión respiratoria, hipotónica, non succión, non llanto, frecuencia cardíaca normal, e abdomen blando. Non presenta signos externos de malformacións. Ao segundo día de vida presenta convulsión tónica, seguindo co trazado de tipo alternante pero con mala organización de base, recibindo tratamento. O 8 de novembro (con seis días de vida) obsérvase melloría. Tanto os factores maternos prenatais como a presenza de convulsións neonatais por depresión neurolóxica e respiratoria, así como a Leucomalacia Periventricular, o pronóstico a longo prazo é preocupante, debendo acudir regularmente á consulta de Neuroloxía infantil. O 18 de setembro de 2009, a sección de Cualificación e Valoración de Minusvalía do Departamento Territorial de Vigo da “Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia”, recoñece a Álex un Grao de Minusvalía física e psíquica dun 87%. Desde o seu nacemento, seis pais, familiares, amigos, particulares… loitan por darlle a Álex unha mellor calidade de vida. 
 
Con esta campaña de tapóns de plástico Álex ía acceder nun primer momento a un tratamento de Therasuit intensivo en A Coruña, sen embargo, por motivos de saúde da nai, non puideron asistir. Cos cartos recadados para a campaña Fundación Amigos de Galicia mercou para o pequeno unha silla adaptada para o coche. O custo da silla foi de 3.166,80€, dos cales 2.240€ procedían da campaña de tapóns, e 928,80€ foron aportados por fondos propios da entidade.
Share by: