Alex
A historia de Alex
DATA NACEMENTO: 2 de novembro de 2006 LUGAR DE NACEMENTO: Vigo (Pontevedra)
Breve historia clínica:
Tras complicacións durante o embarazo (depresión a tratamento, diabetes xestacional…), Vanessa, de 30 anos, da a luz na semana 34 de xestación, a Alejandro Guntín Álvarez, mais coñecido por todos como “Álex”.
Aos 7 anos de vida, Álex xa é exemplo de superación, fortaleza, optimismo, e gañas de vivir.
Ingresa na Unidade de Coidados Intermedios Neonatais do Complexo Hospitalario da Universidade de Vigo con depresión respiratoria, hipotónica, non succión, non llanto, frecuencia cardíaca normal, e abdomen blando. Non presenta signos externos de malformacións. Ó segundo día de vida presenta convulsión tónica, seguindo co trazado de tipo alternante pero con mala organización de base, recibindo tratamento. O 8 de novembro (con seis días de vida) obsérvase melloría.
Tanto os factores maternos prenatais como a presencia de convulsións neonatais por depresión neurolóxica e respiratoria, así a Leucomalacia Periventricular que se atopa, o pronóstico a longo prazo é preocupante, debendo acudir regularmente á consulta de Neuroloxía infantil.
O 18 de setembro de 2009, a sección de Cualificación e Valoración de Minusvalidez do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, recoñece a Álex un Grao de Minusvalidez física e psíquica dun 87%.
Dende o seu nacemento, os seus pais, familiares, amigos, particulares… loitan por darlle a Álex unha mellor calidade de vida. Para elo, a Fundación Amigos de Galicia inicia esta campaña de recollida de tapóns, co fin de recadar os cartos necesarios para poder acceder a un tratamento intensivo “Therasuit”, en Madrid.
¿En que consiste Therasuit?
Trátase dun programa de fortalecemento intensivo e personalizado para nenos con lesión neurolóxica mediante un traxe ortopédico liviano chamado “Therasuit”, e a Unidade de Exercicios Universal, que se emprega en combinación con outras terapias para acelerar o progreso do neno. Lévanse a cabo sesións de 3 a 4 horas diarias, 5 días á semana, durante 3 ou 4 semanas, que contribúen a lograr forza e resistencia para mellorar o nivel de funcionalidade do neno.