#MascarillasParaLaPalma
A Fundación Amigos de Galicia e Anovamask envían unha primeira partida de 18.000 mascaras ffp2 para as persoas afectadas polo volcán no municipio de El Paso en La Palma.
Co obxectivo de enviar máis mascaras para El Paso, habilitamos unha campaña de recadación de fondos entre o 08 e o 15 de outubro.
Enviamos este tipo de mascaras -ffp2- porque son as recomendadas polos expertos, xa que aportan máis protección fronte á cinza xerada.
*As mascaras son fabricadas en Santiago de Compostela. Xuntos somos #MásFuertesQueElVolcán