JCR CD Solidario

JCR CD SOLIDARIO 
"Imposible de Borrar"

Recollida material escolar Alcampo Compostela
 “Imposible de borrar” é o segundo traballo de JCR, un grupo musical de amigos pontevedrés. Con un toque aos grupos de pop-rock español dos anos 80, o álbum nace da man de Juan C. Redondo, Matías Provenzano, Amar Dev Sharma e Brandan Philips. 
 
“Imposible de Borrar” é ademais de un traballo musical, unha aposta 100% solidaria. Todos os beneficios do CD son destinados ao 100% á acción social de Taponeta Solidaria e Fundación Amigos de Galicia. 
 
O CD ten un prezo solidario de 7€ e todos os beneficios íntegros son xestionados por Fundación Amigos de Galicia, que destina a recadación da venta do CD para o pago de gafas a nenos e nenas da cidade de Pontevedra e a súa comarca, cuxas familias atópanse en risco de exclusión social. 
 
Cadea solidaria
O obxectivo desta campaña é xerar unha cadea de solidariedade na cidadanía e, sobre todo, xerar conciencia de todos que colaborar coa xente que nos rodea é moi sinxelo. 
 
A mensaxe do CD é contundente: “Tes un CD 100% solidario nas túas mans. Se chegou a TI como un agasallo, colle o relevo e regálallo a alguén solidari@". 
 
 
Puntos de venta de “Imposible de Borrar”
- Oficina de Fundación Amigos de Galicia en edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Benito Corbal. 
- Hotel Rías Bajas - Rúa Daniel de la Sota Valdecilla, 7, Pontevedra. 
- Libreria Cao, Rua Sarmiento 10, Pontevedra.
- Speakers' Corner School of English, Plaza 8 de Marzo, No. 1, Bajo Pontevedra.
- Oficinas de Fundación Amigos de Galicia en Vilagarcía de Arousa en Avda. Matosinhos, 2 Horario de luns a venres de 08 a 14:00 horas. 
- Oficinas de Fundación Amigos de Galicia en Santiago de Compostela, Avda. de Lugo, 115 en horario de 08 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 de luns a venres.
 
Aquelas personas que estean interesadas en pedilo por correo postal:
 
- Ingresa 7,00€ no número de conta: ES98 2080 0573 1830 4000 0185
- Envía xustificante de pago ao correo comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org ou ao whatsap 672 706 182 indicando a dirección a onde queres que te chegue. 
- No concepto do pago bancario por Cadea Solidaria JCR. 
 
Para calquera dúbida podes escribir un Whatsapp no teléfono 672 706 182 ou no correo electrónico comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org. 
 
 
Máis información sobre o grupo
http://www.jcr40.com/

Máis información sobre Taponeta Solidaria
https://www.facebook.com/taponeta.solidaria
 
Share by: