Campaña de Nadal 2022

O Nadal é unha das épocas do ano máis especiais e emotivas, pero tamén é unha data especialmente sensible para todas aquelas familias que están a pasar por problemas económicos e non teñen os recursos suficientes para poder desfrutar destas datas. A Fundación Amigos de Galicia faise cargo nestas datas da compra e entrega de agasallos de nadal para as fillas e fillos dos/ as usuarios e usuarias atendidos en Galicia que se atopan en risco de exclusión social. 

A pandemia xerada pola COVID-19 non fixo máis que agravar a situación das familias vulnerables ás que xa atendía Fundación Amigos de Galicia neste ámbito. Por iso, no ano 2020 poñiamos en marcha a Campaña de Nadal "Comparte un Xoguete, Comparte Ilusión", coa finalidade de garantir que todos os nenos e nenas das familias en situación de risco e exclusión social atendidas pola entidade en toda Galicia poidan atopar un agasallo de Nadal baixo a súa árbore.

Nestes anos nos que as medidas de prevención do COVID-19 non nos permiten compartir moitas cousas, queremos dicirlle á cidadanía galega que a ilusión é algo que imos poder seguir compartindo sempre.

Cómo colaborar?
  • Convérte en punto de recollida de xoguetes: podes colaborar converténdote en punto de recollida de xoguetes Dada a situación, priorizamos a entrega de xoguetes comprados pola propia entidade nos comercios de proximidade de cada zona, para poder dar desta forma apoio aos negocios que tanto nos necesitan. 
  • Aportación económica a través de BIZUM 02735 ou ao nº de conta ES98 2080 0573 1830 4000 0185. Unha vez realizada a aportación envía un correo electrónico a comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org cos teus datos de contacto (nome, localidade e teléfono) para enviarte o xustificante de compra dos xoguetes. 
  • Doa xoguetes: podes colaborar doando xoguetes novos que non teñan carácter bélico ou sexista nalgún dos nosos puntos de recollida.
  • Doa tempo: Para poder facer entrega de todos os xoguetes recadados grazas a esta campaña precisamos a colaboración de voluntarios e voluntarias que nos axuden a preparar os paquetes e os agasallos para os nenos e nenas.

Colaboradores 2020

Edición 2020


No ano 2020,  a Fundación Amigos de Galicia entregou 2.589 agasallos en toda Galicia.


Edición 2019


No ano 2019,  a Fundación Amigos de Galicia entregou máis de 2.600 agasaios entre menores de Galicia en risco de exclusión social.


Share by: