Traxes de Superheroes

A DÍA 05/10/2018 NOS FALTAN 7.075.600 UNIDADES DE TAPÓNS DE PLÁSTICO PARA CONSEGUIR TRAXES DE SUPERHEROES!

Puntos de recollida de tapóns de plástico
PUNTOS TAPONES.pdf
Documento Adobe Acrobat [526.1 KB]

 

 

Fundación Amigos de Galicia emprende en colaboración con Amencer-Aspace unha campaña de recollida de tapóns solidarios para proveer ao centro dun PROGRAMA SPIDERSUIT, de cara a poder proporcionar aos menores do centro de Amencer-Aspace e aos nenos e nenas derivados/as por Fundación Amigos de Galicia dun programa personalizado de fortalecemento intensivo e personalizado para menores con trastornos neuromotores. 

 

De este xeito, coa adquisición deste programa por parte de Fundación Amigos de Galicia a través dunha campaña de tapóns solidarios, Amencer-Aspace  atenderá as demandas dos menores derivados por Fundación Amigos de Galicia que precisen deste tratamento, previa valoración do persoal técnico da entidade, sen ningún custo para os/as usuarios/as nin para a entidade.

 

 

 

Por que de Superheroes?

 

O traxe Spidersuit basease nun dos primeiros modelos de traxe espacial cuxa función era combatir a perda do tono muscular de astronautas en gravidade cero. 

 

Ambas entidades decidimos poñer nome á campaña de "Traxes de Superheroes" dada a similiutude do Spidersuit con traxes que lembran aos dos superheroes. Trátase dun tratamento que inclúe movementos que suspenden aos nenos e nenas no aire, xerando a sensación de que cos seus traxes de superheroes poden voar. 

 

Con estos traxes de Superheroes os/as nenos/as serán máis fortes. 

 

 

O Programa Spidersuit está previsto de cinco traxes distintos - con cinco tallas para garantir o acceso a todos os menores- poleas e o sistema de Unidade de Exercicios Universal; e ten un custo de 12.537,67€, que serán costeados por Fundación Amigos de Galicia mediante campaña de recollida de tapóns de plástico. 

 

Para iso será preciso recadar a cantidade de 47.782.453 unidades de tapóns de plástico.

 

Trátase da campaña máis custosa que levou a cabo Fundación Amigos de Galicia ata o momento, pero merece a pena porque favorecerá a moitos nenos e nenas con diversidad funcional. 

 

 

 

En que consiste o programa Spidersuit

 

O Spidersuit é un traxe ortopédico que permite a estimulación de multisensorialidade de pacientes afectados pola parálise cerebral, trastornos neuromotres, etc. Empregado para a rehabilitación, esta órtesis brinda soporte, corrección, e estímulo para que o sistema nervioso e muscular do paciente desenvólvase dependendo das necesidades individuais de cada caso. 

 

Isto é posible polo soporte flexible que brinda o traxe, permitindo a produción do "error" para que o organismo ao atopar resistencia externa corrixa os movementos patolóxicos, mellore a postura e logre o desprazamento do centro de gravidade ata os talóns - permitindo que en a penas semanas, os pacientes tratados con Spidersuit poidan alcanzar metas que antes podían parecer imposibles.

 

Trátase dun método de Neurorehabilitación Intensiva Especializada, que está sendo empregado para asistir a pacientes con diferentes patoloxías como: parálise cerebral infantil, retrasos no desenvolvemento, lesións cerebrais, ataxia, etc. O dispositivo brinda unha estabilización externa ao tronco e asiste na realización de exercicios personalizados, cuxos elementos poden ser empregados por separado para atender zonas específicas que recibirán maior soporte e estabilidade durante a sesión.  

 

 

 

 

Beneficios do Programa Spidersuit

 

  • Estabilización externa do tronco
  • Normalización do tono muscular
  • Aprendizaxe e mellora da marcha
  • Corrección da posición do corpo
  • Efecto positivo no sistema vestibular
  • Estimulación sensorial e motora
  • ­Apoio aos músculos débiles
  • Redución dos reflexos patolóxicos
  • Corrección neuromuscular dinámica
  • Mellor equilibrio e coordinación motora
  • Aumento da calcificación ósea
  • Desenvolvemento de habilidades motrices
  • Mellora da propiocepción
  • Estimulación do cerebro
  • Mellora na fluidez da fala
  • Carga de forzas similares ás forzas de gravidade sobre o corpo
  • Redución dos movementos incontrolados
  • Aumento da forza muscular e a resistencia

 

 

Para Fundación Amigos de Galicia e para Amencer-Aspace é imprescindible que a cidadanía coñeza que todo o diñeiro recadado coa campaña de tapóns irá destinado directamente ao provedor onde se mercará o Programa Spidersuit.