PUNTOS TAPONES.pdf
Documento Adobe Acrobat [250.4 KB]

 

 

Noa Gago Alonso é unha nena de dous anos de Verín. Despois de moitas probas hospitalarias, aos 17 meses de vida detéctanlle diabetes infantil tipo I.

 

Dada a súa corta idade, o Servizo de Pediatría do Hospital de Ourense recoméndalle o uso do Sistema de Monitorización de Glucosa. “Ao ser tan pequeniña,  hai que estar pendente de ela día e noite, xa que que ela aínda non sabe dicirnos que lle está pasando”. En setembro a pequena comeza o colexio, e a familia asegura que con este sistema mellorará tanto a calidade de vida da pequena, como a tranquilidade da familia.

 

O transmisor e os sensores teñen unha durabilidade dun ano, e xunto co receptor, ascenden a unha cantidade de 3.197 euros; que en tapóns equivale a 12.184.200 unidades.

 

A Fundación Amigos de Galicia faise cargo do Sistema de Monitorización Continua de Glucosa “Dexcom” a través desta campaña de recollida de tapóns de plástico, ao tratarse dunha tecnoloxía non financiada pola Seguridade Social e cuxo importe la familia non pode asumir. 

 

En colaboración con Anedia

 

A campaña de tapóns de plástico para Noa é organizada pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración con Anedia (Asociación de nenas, nenos e xente nova con Diabetes de Galicia). Ambas entidades firmaron un acordo de colaboración polo que Fundación Amigos de Galicia provee á entidade Anedia Galicia de 5.000€ xestionados por Fundación Amigos de Galicia para o pago directo aos proveedores, de cara a poder proporcionar aos menores aqueles aparatos de monitorización continua que lles sexan precisos en función das súas necesidades concretas.

A campaña de Noa é o primer caso que se atende enmarcado dentro deste convenio de colaboración.

 

 

Que é un monitor de glucosa continuo "Dexcom"?

 

Un sistema MCG é un dispositivo usado para medir os niveis de glucosa en tempo real tanto de día como de noite.

 

Consiste nun sensor subcutáneo de glucosa do tamaño dun cabelo groso, un transmisor e un dispositivo receptor que mostra as medicións de glucosa cada cinco minutos, coa vantaxe de que o dispositivo receptor pode ser un teléfono móbil compatible que permita reenviar o datos a compartir por persoas no ámbito familiar. Isto significa que a nai da nena terá un control actualizado da glucosa de Noa, e activarase unha alarma cada vez que se active para actuar canto antes.

 

Este sistema permitirá que a nai estea máis tranquila, especialmente durante a noite, e o sistema o aloxará no móbil sempre que teña perigo de hipoglucemia. Ademais, evitarase os numerosos pinchazos das tiras habituais para medir a glucosa, xa que é un sistema que funciona con sensores.

 

 

Tipos de uso e vantaxes


- Evita a hipoglicemia, especialmente nocturna ou por actividade física, coa programación de alarmas asociadas a baixos niveis de glucosa e / ou baixas tendencias baixas.


- Control mellorado da hemoglobina glicada.
- Identificar patróns altos ou baixos de glucosa e consultar as súas posibles causas.
- Monitoriza de forma remota os niveis de glucosa dun paciente