IAGO 

OBXECTIVO CONSEGUIDO!

A historia de Iago

 

Iago Sánchez Ares, de Sada,  nace o 11 de abril de 2011.

 

Nun primeiro momento ao pequeno non lle detectan ningunha anomalía, e non é ata os tres meses de vida cando o pediatra detecta que o perímetro  cranial é máis pequeno do normal.

 

Despois de tres meses duros de probas médicas, o diagnóstico reflicte que os problemas débense a unha infección durante o embarazo do virus CITOMEGALOVIRUS, e dada a súa pronta infección durante a xestación son moitas as secuelas.


Iago non pode andar, padece epilepsia microcefalia, parálise cerebral, retraso psicomotor xeral, e ten moitos problemas respiratorios, pero iso non impediu que o pequeno transmita unha enorme fortaleza  e alegría cando o coñeces.

 

Ante este diagnóstico, a Seguridade Social, tan só se fixo cargo dos tratamentos que precisa ata os dous anos de vida, tendo que asumir os seus pais o coste dos mesmos a partir dese momento.

 

Tendo en conta o coste alto e que na unidade familiar tan só pode traballar o pai, fáiselle imposible pagar ditos tratamentos, que ascenden a unha cantidade de 432€ ao mes. Ante esta situación, a Fundación Amigos de Galicia emprende unha campaña de recollida de tapóns solidarios para que Iago poida acceder a seis meses de tratamentos de Neuro Rehabilitación, Fisioterapia respiratoria e fisioterapia neurolóxica en A Coruña, tratamentos que melloran a súa calidade de vida.

 

Esta é a primeira campaña de recollida de tapóns de plástico que a familia leva a cabo, pero non é a primeira vez que solicitan a axuda da cidadanía para poder pagar dúas operacións de Iago en Madrid.

 

Os tratamentos dos que se fará cargo a Fundación Amigos de Galicia durante seis meses mellorarán a vida de Iago, e por iso vos pedimos toda a vosa colaboración.
 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 14:00 - 16:00 - 18:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

Pontevedra

Casa da Luz - Pza da Verdura S/N

C.P. 36002 - Pontevedra

Teléfono:

610 475 357

Horario:

De luns a venres: 08:00-14:00 

 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: