EDGAR

.

OBXECTIVO CONSEGUIDO!!!

 

 

 

 

 

A historia de Edgar

 

Edgar Vázquez é un bebé de seis meses de Ourense que padece Hipoacusia Conxénita Bilateral Moderada Severa asociada a unha malformación coclear, o que non lle permite oir ben. O pequeno precisa duns audífonos para mellorar a súa calidade auditiva, pero a Seguridade Social non cubre a totalidade do custo, tendo que asumir os seus pais o custo dos mesmos. 

 

Tendo en conta o custo alto que tería que asumir a familia, a unidade familiar non pode facerse cargo.

 

Ante esta situación, Fundación Amigos de Galicia, emprende unha campaña de recollida de tapóns solidarios para mercar os audífonos para Edgar, que supoñen un total de 8.250,62 kilos. 

 

Son moitos os quilos que fan falta para financiar os audífonos do pequeno, pero dende a entidade espérase unha boa acollida por parte da cidadanía. 

 

 

Transparencia

 

Para Fundación Amigos de Galicia é imprescindible que a cidadanía coñeza que todos os cartos recadados coa campaña de tapóns irán destinado directamente ao centro auditivo onde se mercarán os audífonos.

 

 

**ACLARACIÓN SOBRE A CAMPAÑA DE EDGAR**

 

 

 A pesar de que o SERGAS ten convenio de colaboración con ÓPTICA que cubriría o 100% dos audífonos dos bebés e nenos/as con hipoacusia, a familia de Edgar optou por mercar os audífonos nun centro que non ten convneio - facéndose neste caso o SERGAS dunha parte- . A parte non subvencionada pola Seguridade Social é a que Fundación Amigos de Galicia costeará a través da campaña de tapóns.

 

O motivo da familia para a elección do centro auditivo onde mercar os tapóns débese a unha cuestión de confianza. O irmán maior de Edgar tivo tamén un problema auditivo similiar ao do pequeno, sendo o centro onde agora se mercarán os audífonos o centro de confianza da familia.

 

Por ese motivo, e a pesar de que exosten outros centros que teñen convenio co SERGAS para subvencionar o 100% dos audífonos, a familia preferiu optar por un centro no que teñen unha experiencia positiva e confianza plena, sobre todo ao tratarse dun bebé de seis meses.