ÁLEX 

A DÍA 11 DE ABRIL DE 2018, PRECISAMOS 6.365 KGS DE TAPÓNS

PUNTOS DE RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO
PUNTOS DE RECOGIDA DE TAPONES.pdf
Documento Adobe Acrobat [455.9 KB]

A historia de Álex

 

Tras complicacións durante o embarazo, Vanessa da a luz na semana 34 de xestación, a Alejandro Guntín Álvarez, máis coñecido por todos como “Álex”. O pequeño ten agora 10 anos de vida, e xa é exemplo de superación, fortaleza, optimismo, e gañas de vivir.

 

Ingresa na Unidade de Coidados Intermedios Neonatales do Complexo Hospitalario da Universidade de Vigo con depresión respiratoria, hipotónica, non succión, non llanto, frecuencia cardíaca normal, e abdomen blando. Non presenta signos externos de malformacións. Ao segundo día de vida presenta convulsión tónica, seguindo co trazado de tipo alternante pero con mala organización de base, recibindo tratamento. O 8 de novembro (con seis días de vida) obsérvase melloría. Tanto os factores maternos prenatais como a presenza de convulsións neonatais por depresión neurolóxica e respiratoria, así como a Leucomalacia Periventricular, o pronóstico a longo prazo é preocupante, debendo acudir regularmente á consulta de Neuroloxía infantil. O 18 de setembro de 2009, a sección de Cualificación e Valoración de Minusvalía do Departamento Territorial de Vigo da “Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia”, recoñece a Álex un Grao de Minusvalía física e psíquica dun 87%. Desde o seu nacemento, seis pais, familiares, amigos, particulares… loitan por darlle a Álex unha mellor calidade de vida. 

 

Con esta campaña de tapóns de plástico Álex poderá acceder a un tratamento de Therasuit intensivo en A Coruña. Coa campaña tamén costearemos o custo do aluguer dun mes dun piso en A Coruña para el e a súa familia para o mes do tratamento.