"EN SUS MOCHILAS SUS SUEÑOS"

 

A volta ao cole está cada vez máis preto, e dende a Fundación Amigos de Galicia comezouse cos preparativos para que ningún neno/a se atope o primeiro día de clase coa mochila baleira. 

 

Ao comezo do curso escolar, haberá menores que non contarán con todo o material escolar que precisan, por atoparse as súas familias en situación de carencia de recursos económicos. Dado que unha das actuacións principais da Fundación é a cobertura das necesidades básicas das familias en situación de necesidade, especialmente de aquelas que teñen menores a cargo, a entidade lanza a campaña "En sus mochilas sus sueños", coa intención de comezar a reunir material escolar para entregar entre os menores atendidos. 

 

 

A entidade cree que este ano 2017 se atenderán máis casos que en anos anteriores, polo que solicita a colaboración de empresas e ciudadanía para facer fronte a esta necesidade.

 

Para iso, pon a disposición da cidadanía dous puntos de recollida de material escolar novo:

 

  • Avda. López Ballesteros, 9 – Vilagarcía de Arousa, en horario de 07:00 a 15:00 horas de luns a venres. 
  • Avda. de Lugo, 115 – Santiago de Compostela en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres. 

COLABORACIÓNS

KIABI SANTIAGO

Traballadores/as da tenda KIABI de Santiago, acercáronse de forma voluntaria ata a oficiña da entidade en Santiago de Compostela para preparar as primeiras 150 mochilas con material escolar que serán entregafas entre os/as pequenos/as antes de comezar o curso escolar. 

 

Os/as traballadores/as aseguraron ao finalizar que a experiencia foi moi enriquecedora, tanto a nivel profesional como a nivel a persoal, unha experiencia que terá os seus froitos, xa que as 150 mochilas que prepararon serán entregadas entre os menores que a entidade atende. 
 

FERVELLOS XOGUETTES - CALDAS DE REIS

A xoguetería Fervellos, ubicada en Caldas de Reis, realizou unha doazón de mochilas e estuches para colaborar coa campaña. 

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES

Carlin - Vilagarcía de Arousa

Centro Office Papercor - Pontevedra

Castelao - A Illa/Cambados

TOTAL RECADADO: 396 UNIDADES DE MATERIAL ESCOLAR

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: