"NAS SÚAS MOCHILAS OS SEUS SOÑOS"

 

Ao comezo do curso escolar, hay menores que non contan con todo o material escolar que precisan por atoparse as súas familias en situación de carencia de recursos económicos. Dado que unha das actuacións principais da Fundación é a cobertura das necesidades básicas das familias en situación de necesidade, especialmente daquelas que teñen menores a cargo, a entidade entrega mochilas de material escolar con motivo da "Volta ao cole" para os nenos e nenas de diferentes concellos de Galicia. 

 

Para facer estas mochilas foi IMPRESCINDIBLE a axuda dos establecementos colaboradores que recolleron material escolar novo. Por iso temos que estar moi agradecidos a: ALCAMPO VILAGARCÍA, CARLIN VILAGARCÍA DE AROUSA, LIBRERÍAS CASTELAO, CHAFARIS, CO-PE OURENSE, TINTORERÍA HYPERSEC, CARLIN OURENSE, LIBRERÍA ERVEDELO,PILI ESTUDO FOTOGRÁFICO;así como aos traballadores/as de Caixabank de Vilagarcía de Arousa; porque sen eles non poderiamos entregar 1.757 mochilas de material escolar en todo Galicia durante o ano 2018.

 

GRAZAS