“Imposible de borrar” é o segundo traballo de JCR, un grupo musical de amigos pontevedrés. Con un toque aos grupos de pop-rock español dos anos 80, o álbum nace da man  de Juan C. Redondo, Matías Provenzano, Amar Dev Sharma e Brandan Philips. 

 

“Imposible de Borrar” é ademais de un traballo musical, unha aposta 100% solidaria. Todos os beneficios do CD son destinados ao 100% á acción social de Taponeta Solidaria e Fundación Amigos de Galicia. 

 

O CD ten un prezo solidario de 7€ e todos os beneficios íntegros son xestionados por Fundación Amigos de Galicia, que destina a recadación da venta do CD para o pago de gafas a nenos e nenas da cidade de Pontevedra e a súa comarca, cuxas familias atópanse en risco de exclusión social. 

 

Cadea solidaria

 

O obxectivo desta campaña é xerar unha cadea de solidariedade na cidadanía e, sobre todo, xerar conciencia de todos que colaborar coa xente que nos rodea é moi sinxelo. 

 

A mensaxe do CD é contundente: “Tes un CD 100% solidario nas túas mans. Se chegou a TI como un agasallo, colle o relevo e regálallo a alguén solidari@". 

 

 

Puntos de venta de “Imposible de Borrar”

 

 

- Oficina de Fundación Amigos de Galicia en Casa da Luz - Pontevedra ata que abra a nova oficina da entidade no edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Benito Corbal. O horario nas oficinas de Casa da Luz é de luns a xoves de 08:00  a 14:00  e de 16:00 a 18:00 horas;  e venres de 08:00 a 14:00 horas.  

- Oficinas de Fundación Amigos de Galicia en Vilagarcía de Arousa en Avda. Matosinhos, 2  Horario de luns a venres de 08 a 14:00 horas. 

- Oficinas de Fundación Amigos de Galicia en Santiago de Compostela, Avda. de Lugo, 115 en horario de 08 a 14:00 e de 16:00 a 18:00  de luns a venres.

 

Aquelas personas que estean interesadas en pedilo por correo postal:

 

  1. Ingresa 7,00€ no número de conta: ES98 2080 0573 1830 4000 0185
  2. . Envía xustificante de pago ao correo comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org ou ao whatsap 672 706 182   indicando a dirección a onde queres que te chegue. 
  3. No concepto do pago bancario por Cadea Solidaria JCR. 

 

Para calquera dúbida podes escribir un Whatsapp no teléfono 672 706 182 ou no correo electrónico comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Pasos

 

 

Máis información sobre o  grupo

http://www.jcr40.com/


Máis información sobre Taponeta Solidaria

https://www.facebook.com/taponeta.solidaria