Campaña de Nadal 2019

Como en anos anteriores, Fundación Amigos de Galicia faise cargo en estas datas da entrega de agasaios de Nadal para as fillas e fillos das persoas usuarias da Fundación Amigos de Galicia. Para a entidade, é moi importante que todos os nenos e nenas de Galicia teñan dereito a un agasaio nestas datas. Para pais e nais con recursos limitados, o Nadal supón un gasto económico que non poden afrontar, e moitos de eles/as non se poden permitir un agasaio. 

 

Este ano estimamos a entrega de 2.615 agasaios