CAMPAÑA "APADRINADOS"

Vlado Gudelj

3º Padriño da Fundación Amigos de Galicia

Vladimir "Vlado" Gudelj (Trebinje, Iugoslavia, 27 de novembro de 1966). É un ex futbolista hercegovino. Xogaba como dianteiro e desenvolveu a maior parte da súa carreira no FK Velez Mostar e no Real Club Celta de Vigo, onde chegou a ser máximo goleador da Segunda división e do que é o terceiro máximo realizador na historia do Celta en Primeira División con 68 goles.

 

Actualmente é o delegado de campo do R.C. Celta De Vigo, e foi elixido mellor delegado de Primeira División da tempada 2012/2013.

 

Formouse nas categorías inferiores do FK Velez Mostar, equipo co que debutou na máxima categoría do fútbol iugoslavo, no ano 1985, xogando competicións Europeas (Copa da UEFA) e onde permanecería até o ano 1991.

 

En 1991 chegou a Vigo fichado polo Real Club Celta de Vigo, club do que acabou converténdose nun dos mellores xogadores da súa historia. Debutou en Primeira División o 13 de setembro de 1992 en Balaídos, nun Celta de Vigo - Valencia CF que rematou con empate a cero. No Celta foi Pichichi de Segunda División na tempada 1991-92. En Primeira foi máximo goleador do Celta nas tempadas 1992-93, 1993-94, 1994-95, 1995-96 e 1996-97. É o xogador que máis veces, seis, foi máximo goleador do Celta en toda a historia. Ademais é o terceiro máximo goleador da historia do Celta en Primeira con 68 goles. Ademais é o segundo máximo goleador da historia do Celta en calquera categoría con 94 goles.

1ª Visita á Fundación:

Primeiras impresións da visita

Aportación á Entidade

Próximamente...

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: