CAMPAÑA "APADRINADOS"

TETÉ DELGADO

1ª Madriña da Fundación Amigos de Galicia

Pequena biografía

Teté naceu en Ferrol (A Coruña), o 28 de xuño de 1965. A súa infancia transcorreu entre Porriño e Malpica, o pobo do seu pai. De pequena quería ser científica, pero cando foi á Universidade comezou estudos de Psicoloxía en Santiago de Compostela. Aínda que o que realmente lle gustaba era asistir e dar clases de bailes de salón.

Realizou numerosos traballos como actriz e presentadora, tanto dentro como fóra de Galicia. Tamén ten experiencia en radio, con programas como “O Miradoiro” de Radio Galega e “La Jungla” de Cadena 100.

A popularidade chegoulle cun papel na serie “O Súper”, emitida por Telecinco. Desde entón non parou de traballar en televisión e cine, pero sobre todo, en teatro.

Colaborou como xurado no programa de TVE “Mira quien baila!” durante as sete edicións (2005-2009) da cadea pública.

En 2005 interpreta en teatro a obra “Gorda”, baseada nun texto de Neil LaBute, unha fábula sobre a importancia que lle damos ás aparencias e o desprezable que é burlarse dos demais por non axustarse aos canons establecidos pola sociedade. Xunto a Luís Merlo, Lida Otón e Iñaki Miramón, a obra permaneceu dous anos en cartel.

En 2006, regresou con éxito á canle autonómica galega, TVG, como presentadora do concurso musical “Son de estrelas”, que tivo moi boa acollida por parte do público.

Entre 2009 e 2011 protagoniza, xunto a Pepe Viyuela e Asunción Balaguer, a versión teatral de “El Pisito”, baseada no guión de Rafael Azcona.

No 2013 participou de concursante en “Splash! Famosos al agua” de Antena 3, demostrando unha vez máis que se atreve con todo.

Teté Delgado tamén foi vocalista de varios grupos musicais. Actualmente éo do grupo “Teté e os Ciclóns”.

 

Primeira visita á Fundación

Impresións da visita

Aportación á Entidade

Conto Solidario " Rosalía"

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: