En resposta á COVID-19

Durante o Estado de Alarma decretado polo Goberno de España no mes de marzo de 2020 o equipo profesional da entidade continuou traballando para garantir a atención ás persoas de Galicia en situación de dificultade, mellorando e ampliando os nosos servizos.
 
Cabe destacar que a pandemia mundial do COVID-19 agravou o risco de pobreza e exclusión social que viven moitas familias, empeorando a situación laboral de seis de cada dez familias vulnerables da nosa Comunidade Autónoma.

Entrega de mascarillas e material sanitario

Ademais das necesidades básicas cubertas, Fundación Amigos de Galicia entregou e continúa entregando máscaras e material sanitario, tras detectar que moitas das persoas usuarias non fan un uso adecuado do mesmo por non dispoñer dos recursos necesarios. 

Podes colaborar na nosa campaña de cobertura de necesidades básicas a persoas afectadas pola crise do COVID-19 enviando un BIZUM A 02735.  

Se tes algunha proposta de colaboración relacionada con necesidades específicas ocasionadas pola crise do COVID-19, non dubides en poñerte en contacto con nós a través do seguinte formulario:

Colabora

Atención a persoas maiores que viven solas



En Galicia hai polo menos 126.600 persoas maiores de 65 anos que viven soas.


Un exemplo claro de como a soidade afecta aos nosos maiores púidose ver como consecuencia da crise sanitaria do coronavirus, que converteu a este colectivo no máis vulnerable, non só polo risco que a enfermidade supón para a súa saúde, senón tamén pola situación vivida durante os meses de confinamento, durante os cales tiveron que estar nas súas casas, afastados das súas familias (aqueles que as teñen) coa única compañía dun televisor ou unha radio que non deixaba de dar malas noticias que afectaron o seu estado de ánimo. 


Desde Fundación Amigos de Galicia estamos ao dispor das persoas maiores que necesiten axuda. Estas persoas son atendidas polas traballadoras sociais e a psicóloga da entidade para axudarlles cos seus problemas, prestarlles atención psicolóxica e converterse en puntos de referencia aos que dirixirse se necesitan axuda.


672 706 182

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Share by: