Atención psicolóxica dirixida á infancia
Programa de Atención Psicolóxica dirixida á infancia e mocidade en risco de exclusión social co obxectivo de fomentar estratexias saudables para alcanzar o benestar emocional e o equilibrio mental dos menores atendidos.
Desde a FAG, abordamos as principais cuestións que afectan á saúde mental da infancia e mocidade que pola súa situación económica familiar ou por atoparse en risco de exclusión social, non dispoñen dos recursos necesarios para custear unha consulta privada ou non poden esperar os prazos de tempo para ser atendidos por profesionais da atención primaria.
O Departamento de Atención Psicolóxica da Fundación Amigos de Galicia atendeu no ano 2021 (datos ata o mes de setembro), 458 expedientes de menores, resolvendo 71 deles.
A protección da infancia debe incluír asegurarse que os menores, ademáis de vivir nunhas condicións de seguridade física, poder ter un correcto desenvolvemento emocional para afrontar os desafíos da súa realidade, pois poboación infantil non conta con todas as capacidades adquiridas para facer fronte aos retos da vida. Para Fundación Amigos de Galicia trátase dunha prioridade ofrecerlles a posibilidade de contar con ferramentas que lles poidan axudar no seu crecemento psicoemocional.
Entendendo que o benestar psicolóxico de nenos, nenas e adolescentes ten tres facetas:
- Benestar persoal: pensamentos positivos.
- Benestar interpersoal: relacións cos demais, coidado responsable, etc.
- Capacidades e coñecemento: capacidade de aprender, de tomar decisións positivas, de responder aos retos da vida, etc.

Apoio psicoemocional
Terapia
Construción de habilidades, competencias e recursos que permitan aos menores atendidos afrontar os desafíos da súa vida.
Mediación familiar
Resolución de conflitos
A mediación é unha técnica para a resolución de conflitos, na que as partes, neste caso os/as integrantes da familia, construirán solucións e acordos apoio para axudar a resolver os conflitos intrafamiliares comunicándose eficazmente.
Talleres e charlas
nas aulas
Apostamos por unha educación emocional que resalte a importancia do coidado da saúde mental, poñendo especial atención na autoestima, asertividade e motivación dos menores. Traballamos man a man c@s pais/nais para conseguir unha parentalidade positiva, como unha forma de axudar na crianza d@s seus/súas fill@s e ofrecerlles pautas adaptativas para o seu coidado e educación, o que ademais colaborará á hora de prever calquera tipo de maltrato.