VIOLENCIA DE XÉNERO
Enténdese por "Violencia de xénero", a violencia feita a mulleres polo simple feito de selo. En Galicia, cada día 15 denuncias por violencia de xénero son rexistradas nos xulgados.
A Fundación Amigos de Galicia defende os dereitos das persoas que sofren violencia machista, que por tal teñen dereito á asistencia social integrada, asistencia xurídica e unha serie de dereitos laborais.
Poden contar connosco nos teléfonos seguintes: 981576034//986510181
Contan tamén cun número de teléfono da Xunta de Galicia de información para as persoas que sofren violencia de xénero: 900 400 273- 016
A asistencia social integrada consiste en:
־ Información
־ Atención psicolóxica
־ Apoio social
־ Seguimento de reclamacións dos seus dereitos
־ Apoios educativos
־ Formación preventiva en valores de igualdade
־ Apoio á formación e á inserción laboral
A asistencia xurídica:
־Asistencia xurídica con gratuidade e inmediata.
E os dereitos laborais:
־ Redución ou reordenación do tempo de traballo.
־ Suspensión da relación laboral con reserva do posto.
־ Extinción do contrato.
־ A impuntualidade por estas causas están xustificadas.
־ O importe das axudas é equivalente a seis meses de subsidio por desemprego.
־ Con grado de minusvalía igual ou superior ao 33%, corresponde un importe de 12 meses por subsidio de desemprego.
-Ás vítimas con responsabilidades familiares, 18 meses por subsidio de desemprego.
־ Ás vítimas con cargas familiares con discapacidade, 24 meses por subsidio de desemprego.
־ Serán colectivo prioritario no acceso a vivendas protexidas e residencia para maiores.
Dende a Fundación Amigos de Galicia, prestámoslles as axudas seguintes:
1- Información e Asesoramento dos trámites para facer valer os seus dereitos, e das axudas existentes.
2- Unha axuda de alimentos inmediata, no cadro da alimentación completa, consistente nun paquete de alimentos composto por productos básicos tales como: arroz, pasta, aceite, leite UHT, leite en pó, leite de continuación para bebés, azucre, madalenas, garavanzos, lentellas, fabas, cacao, fariña, natillas, carne, conservas, ovos, tomate frito, chourizo, queixo, arroz con leite, galletas, cereais, batidos, patacas, polo, froita, peixe, productos conxelados, croquetas, polbo, etc...
3- Unha axuda en vestimenta e hixiene persoal, así como cueiros para os fillos que poidan ter ao seu cargo.
4- Cursos de formación orientados a elas, xa que a propia entidade ten en proxecto a creación dunha empresa téxtil que confeccione a roupa de traballo do Sergas coa incorporación a esta de 15 mulleres, seleccionadas a través do curso de formación.
5- Axudas diversas: na búsquea de vivenda, no pago de alugueres e determinadas achegas económicas que poidan ser necesarias.
A Fundación Amigos de Galicia leva un tempo traballando con mulleres vítimas de violencia de xénero.
Tal é o caso dunha familia en Portas, na que o pai asasinou á nai, quedando o pai en mans da xustiza, e os nenos sen medios económicos para facer fronte ao crédito persoal e unha hipoteca que seus pais tiñan ao seu nome. A Fundación Amigos de Galicia organizou un festival para acadar medios económicos para o pago do crédito persoal, e así todos os cartos recadados foron para a familia, que tamén recibe na actualidade o paquete mensual con productos de alimentación básica.
Ademais, en Moaña tamén atendemos a unha muller vítima de violencia de xénero, que se tiña que facer cargo soa dos seus catro fillos sen mais ingresos que a pensión da súa sogra, que ademais necesitaba dos seus coidados. A todo isto sumarlle que tiñan que aboar un alto importe de aluguer pola vivenda que ocupaban, quedando así case sen recursos para poder cubrir as necesidades básicas dos seis membros. Por iso, a Fundación Amigos de Galicia brindoulle o seu apoio, tanto na entrega mensual dun paquete de alimentos como en determinadas achegas económicas, ademais de cubrir as súas demandas de roupa, material escolar e productos hixiénicos.
En Santiago de Compostela, a Fundación segue atendendo a unha muller con catro fillos que vivía en Ames co seu marido que a maltrataba. Axudóuselle a atopar un piso e axuda para o pago de aluguer e facturas domésticas, como tamén a atopar un traballo adaptado ás súas obrigas familiares. Visto que os recursos económicos son ainda agora escasos para cubrir todas as necesidades da familia, seguímola axudando polo medio dun paquete de alimentos mensual.
En Ribadavia, unha muller con seis fillos que sempre tivera recursos económicos, xa que o marido tiña moi boa situación, viuse dun día para outro abandonada sen ningún ingreso nin capacidade para acadalos. A Fundación axudoulle a facer fronte á situación aportando apoio alimentario, de productos diversos, e para que os seus fillos puideran seguir unha escolaridade normal.
Facer mención do caso dunha muller de O Grove, que tras o ingreso en prisión da súa parella por abusos sexuais á súa filla menor, tivo que facerse cargo soa do coidado dos seis menores. A Fundación traballou con ela na búsquea de emprego, así tamén tratou de promover os recursos dispoñibles para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Actualmente, percibe da Fundación Amigos de Galicia un paquete mensual de alimentos e a súa situación, a nivel xeral, mellorou notablemente.
A Fundación Amigos de Galicia colabora cos Servizos Sociais de varios concellos de Galicia. Con algúns dos concellos hai convenio de colaboración u outras axudas ou subvención:
A Coruña: A Baña, A Laracha, Boiro, Carballo, Curtis, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Val do Dubra e Vilasantar.
Pontevedra: As Neves, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, Lalín, Meis, O Grove, Pontecesures, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Valga e Vilagarcía de Arousa.
Lugo: Begonte, Chantada, Cospeito, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Rábade, Sarria e Taboada.
Ourense: Ourense e Arnoia.
Con outros, non hai convenio de colaboración co concello pero hai situacións de necesidade que precisan da atención da Fundación.
A Coruña: A Coruña, A Pobra, Ames, Arteixo, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boqueixón, Brión, Cambre, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Muros, Muxía, Narón, Negreira, Noia, O Pino, Oleiros, Ordes, Padrón, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Sada, Santa Comba, Toques e Vimianzo.
Pontevedra: A Estrada, A Illa, A Lama, Bueu, Cangas, Catoira, Cotobade, Marín, Moaña, O Porriño, Poio, Pontecaldelas, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Silleda, Vigo e Vilanova.
Lugo: A Pontenova, Barreiros, Burela, Castro Rei, Foz, Guntín, e Pol.
Ourense: A Gudiña, A Rúa, Celanova, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Petín, Ribadavia, Verín e Viana do Bolo.
