PARADOS DE LONGA DURACIÓN
Entendese por parado de larga duración, aquela persoa que leva en situación de desemprego un mínimo de 12 meses. A situación de desemprego, xunto cá carencia de ingresos e a obriga de manter a un determinado número de fillos convérteno en colectivo vulnerable en situación de necesidade. Por tanto, a Fundación Amigos de Galicia préstalles a axuda de alimentos, consistente nun paquete de alimentos que está composto por produtos básicos tales como: arroz branco, pasta, aceite, leite UHT, leite en pó, leite de continuación para bebés, azucre, madalenas, garavanzos, lentellas, fabas, cacao, fariña, natillas, carne, conservas, ovos, tomate frito, chourizo, queixo, arroz con leite, galletas, cereais, batidos, patacas, polo, froita, peixe conxelado, croquetas, verdura conxelada, polbo, etc. Tamén teñen dereito a percibir, por parte da Fundación Amigos de Galicia, roupa e produtos para a súa hixiene persoal, así como leite infantil e cueiros no caso de necesitala.
Neste eido de actuación, cabe citar o caso dunha familia de Poio que carecía de recursos económicos suficientes para facer fronte o pago dos audífonos do seu neno pequeno -necesarios para a
aprendizaxe do rapaz- dado que o fillo maior atopábase en situación de desemprego e únicamente cós ingresos do home non eran capaces de facer fronte ás necesidades da súa vida diaria. Así, en
coordinación có concello de Poio e a Xunta de Galicia, e entre estas tres entidades aportouse o importe íntegro de ambos audífonos.
