IMNIGRANTES
A maior parte das sociedades encóntranse estratificadas en grupos raciais, étnicos e culturais. Os criterios para establecer a pertenza a un grupo poden ser a aparencia física, o orixe común
noutro país ou rexión, a lingua, a cultura, ou a posesión dun estilo de vida distintivo.
As minorías raciais, étnicas e culturais son grupos subordinados ou cuxa posición é vulnerable á subordinación. Estas minorías étnicas soen incorporarse a unha sociedade concreta baixo circunstancias
desvantaxosas.
Por tanto, a Fundación Amigos de Galicia presta especial atención ás minorías étnicas, dotando da axuda de alimentos ás persoas que pertencendo a unha minoría étnica, atópanse nun estado de
necesidade. Esta axuda consiste nun paquete de alimentos, que varía a súa cantidade en función dos membros da unidade familiar e que inclúe todos os alimentos necesarios para unha dieta saudable,
tales como: arroz branco, pasta, aceite, leite UHT, leite en pó, leite de continuación para bebés, azucre, madalenas, garavanzos, lentellas, fabas, cacao, fariña, natillas, carne, conservas, ovos,
tomate frito, chourizo, queixo, arroz con leite, galletas, cereais, batidos, patacas, polo, froita, peixe conxelado, croquetas, verdura conxelada, polbo, etc. Ademais, poderán recibir tamén, por
parte da Fundación, roupa e calzado así como os produtos de hixiene necesarios para cada membro da familia.
A unha familia dun concello de Pontevedra, procedente de Marruecos, que carecía de recursos económicos para facer fronte a compra de mobles e que precisaba de enseres domésticos para poder habitar o
seu novo fogar, facilitáronselle camas, mobles e ata unha estufa de butano para que puideran gozar de bóas condicións de habitabilidade no seu novo domicilio. Ademais, có principio do ano académico
reciben material escolar para as nenas, que están moi integradas socialmente, gozando duns excelentes resultados académicos. Tamén mencionar que dende o momento que a entidade tivo coñecemento do
caso ata a actualidade, reciben mensualmente un paquete de alimentos non perecedoiros, traballando con eles para a súa completa integración social.
