FAMILIAS MONOPARENTAIS
Enténdese por familia monoparental aquela familia nuclear que está composta por un só membro da parella proxenitora, varón ou muller, e na que os fillos, de forma prolongada, perden o contacto cun
dos pais.
Nas familias monoparentais o coidado, mantemento, educación e hixiene do menor ou menores son responsabilidade do proxenitor a cargo. Por tanto, e dado as dificultades que pode xerar a conciliación
da vida familiar e laboral, así como do deterioro do mercado de traballo e o debilitamento das redes de parentesco; moitas veces as familias monoparentais convértense en vítimas de situacións de
pobreza e necesidade social.
Por elo, dende a Fundación Amigos de Galicia, prestase ás familias monoparentais que se topen en situación de necesidade a axuda de alimentos consistente nun paquete de alimentos que varía o seu
tamaño en relación ós membros da unidade familiar, composto por produtos básicos tales como: arroz branco, pasta, aceite, leite UHT, leite en pó, leite de continuación para bebés, azucre, madalenas,
garavanzos, lentellas, fabas, cacao, fariña, natillas, carne, conservas, ovos, tomate frito, chourizo, queixo, arroz con leite, galletas, cereais, batidos, patacas, polo, froita, peixe conxelado,
croquetas, verdura conxelada, polbo, etc. Tamén, e no caso de precisalo, poden percibir por parte da Fundación Amigos de Galicia, roupa e produtos para a súa hixiene persoal, así como leite infantil,
cueiros, roupa e/ou calzado para os seus fillos.
Aquí, cabe facer mención o caso dunha rapaza de veintipoucos anos que tiña o seu coidado a cinco menores e carecía de ingresos para facer fronte ás necesidades destos, unido isto as dificultades que
xeraba a súa inserción laboral dado que era preciso unha persoa para o coidado dos nenos. Póla falta de recursos económicos e ante as dificultades que xeraba a súa inserción laboral, a Fundación
amigos de Galicia prestoulle axuda cun paquete de alimentos non perecedoiros entregado de forma mensual, ademais da atención das demandas de roupa e enseres domésticos, material escolar, así como
algunhas achegas económicas puntuais para o pago de recibos: luz, auga, gas...
