FAMILIAS EN SITUACIÓN ECONÓMICA GRAVE
Por outra parte, cando se trata de familias que se atopan en situacións económicas ou sociais máis graves, casos que aumentaron a raíz da crise económica, a Fundación pon a súa disposición todos os medios técnicos e humanos posibles consistentes na busca de emprego, o aceso a formación ou o aceso a unha vivenda digna por medio da rehabilitación de vivendas, pago de aluguer ou entrega de mobiliario imprescindible así como a entrega de electrodomésticos básicos. Tamén, en datas como o Nadal, levamos a cabo certas actuacións tales como a distribución de xoguetes por toda a xeografía galega, para que a pesar de todas as dificultades polas que atravesan as familias, ningún neno quede sen regalo de reis.
Tanto estas como as outras actuacións son levadas a cabo en colaboración cós Servicios Sociais de atención Primaria dos concellos de balde, có único fin de facilitar a integración social de
aquelas persoas que se atopan en situacións económicas precarias.
Cabe facer mención ó caso dunha familia en Rábade, que apenas contaban con medios económicos para cubrir as necesidades da vida diaria pólo que facer fronte ó gasto do arranxo da dentadura da súa
filla, rota mentres xogaba, era prácticamente imposible. Así, a Fundación Amigos de Galicia está a aportar os gastos que ocasione o arranxo da dentadura da pequena, ademais de seguir atendendo as
necesidades básicas da familia mediante o paquete de alimentos dos que a Fundación lles fai entrega mensualmente.
