EMIGRANTES

A Fundación Amigos de Galicia entrega paquetes cá alimentación básica mensualmente a cada familia no seu propio concello. Ademais, en atención as súas demandas, tamén cubre as necesidades de roupa e calzado [que no caso dos menores será roupa nova para evitar a súa marxinación), así como de produtos hixiénicos e escolares. Ademais, en situacións extremas a Fundación Amigos de Galicia realiza achegas económicas para o pago da luz, auga, gas...Tamén en casos puntuais, a Fundación xestiona a documentación previa e posterior que han de presentar as persoas retornadas, así como a tramitación de axudas a favor dos emigrantes retornados (asistenciais, integración laboral, acción de información sociolaboral e programas de formación profesional de carácter ocupacional) e as pensións a favor dos españois retornados que emigraron entre 1936-1942. Tamén, se é o caso se tramitara dende a Fundación a convalidación e a homologación de títulos de estudios de educación non universitaria e educación superior, así como calquer trámite que se considerase oportunamente necesario e que non estivese citado con anterioridade.