CONVENIO DE COLABORACION
En......................., a........de......................de 2011.
REUNIDOS:
Dunha parte, ........................................., Alcalde do Concello..........................., actuando no seu nome e representación, e sendo o C.I.F. do Concello ...........................; doutra parte, D. Jesús Busto Peteiro con D.N.I. 76.506.101 M, como representante autorizado da Fundación Amigos de Galicia, sendo o C.I.F. da Fundación G 15859911.
Ámbalas dúas partes se recoñecen mutuamente a capacidade xurídica necesaria para a formalización do presente Convenio e de común acordo,
EXPOÑEN:
Primeiro: A Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións establece no seu artigo 28 o procedemento de concesión directa de subvencións.
Segundo: A subvención que se tramita non pode ser obxecto de publicidade e concurrencia ao tratarse de actividades concretas realizadas por unha única entidade/persoa, ou que sendo realizada por varias, concédense a tódolos solicitantes.
Terceiro: Acredítase o interese público, social, económico ou humanitario da subvención.
Cuarto: O solicitante manifesta non estar en ningunha das situacións que establece o artigo 13.2 da lei 38/2003 que imposibilitan a obtención da condición de beneficiario, estando ao corrente nas súas obrigas coa Axencia Tributaria, a Seguridade Social, e a Comunidade Autónoma.
CLAÚSULAS:
I. A presente subvención ten por obxecto a distribución de alimentos e outros productos de primeira necesidade ás persoas necesitadas, sendo de interese público, social e/ou humanitario.
II. A actividade a subvencionar é a distribución dos productos, e os custos que acarrea, para as persoas necesitadas do Concello de ............, concedéndose a cantidade de ________€ e con cargo a
partida ________
III. O órgano competente para a concesión e aprobación do gasto é o Alcalde ou a X.G.L. por delegación.
IV. O beneficiario comprométese a destinar a devandita subvención á realización da actividade fixada, cumprindo o obxectivo contemplado na cláusula I.
V. O pagamento da subvención será efectiva unha vez realizada a actividade subvencionada, previa presentación dunha pequena memoria especificando o cumprimento do obxectivo e da documentación
acreditativa dos gastos realizados (orixinal ou fotocopia compulsada de facturas e os seus xustificantes dos pagos), por importe igual ou superior á cantidade concedida.
O prazo para a xustificación será de tres meses dende a celebración da actividade, ou en caso de subvencionarse varias actividades, dende a celebración da actividade, ou en caso de subvencionarse
varias actividades, dende a última celebrada.
No caso de que as subvención sexa por importe superior a 600,00€, o beneficiario deberá presentar orixinais ou fotocopias compulsadas dos certificados de encontrarse ao corrente nas súas obrigas coa
Axencia Tributaria, Seguridade Social.
VI. O beneficiario queda obrigado a reflexar, en toda a publicidade que utilice para a difusión da actividade, a constancia de colaboración económica do Concello, nas condicións que lle sexan fixadas polos responsables da Área de Comunicación.
Nestes términos queda redactado o presente convenio, no contido do cal as partes intervintes se afirman e ratifican, asinándoo, por duplicado e a un só efecto, na data no encabezamento expresada.
Asdo.
.................................
Asdo. Jesús Busto Peteiro
Presidente
Alcalde de...................
CONCELLOS
Ademais, dita entidade colabora cos servizos sociais de varios concellos de Galicia. Con algúns dos concellos hai convenio de colaboración:
A Coruña: A Baña, A Laracha, Carballo, Curtis, Rianxo, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Val do Dubra e Vilasantar.
Pontevedra: As Neves, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, Lalín, Meis, O Grove, Pontecesures, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Valga e Vilagarcía de Arousa.
Lugo: Begonte, Chantada, Cospeito, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Rábade e Sarria.
Ourense: Ourense e Arnoia.
Con outros, non hai convenio de colaboración co concello pero hai situacións de necesidade que precisan da atención da Fundación.
A Coruña: A Coruña, A Pobra, Ames, Arteixo, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boqueixón, Brión, Cambre, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Muros, Muxía, Narón, Negreira, Noia, O Pino, Oleiros, Ordes, Padrón, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Sada, Toques e Vimianzo.
Pontevedra: A Estrada, A Illa, A Lama, Bueu, Cangas, Catoira, Cotobade, Marín, Moaña, O Porriño, Poio, Pontecaldelas, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Silleda, Vigo e Vilanova.
Lugo: A Pontenova, Barreiros, Burela, Castro Rei, Foz, Guntín, e Pol.
Ourense: A Gudiña, A Rúa, Celanova, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Petín, Ribadavia, Verín e Viana do Bolo.
