MEMORIA ENTIDAD 2010

INTRODUCCIÓN

A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade sen fins lucrativos (rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais nº E-2199 e coma axente de cooperación internacional nº 200) que axuda ós colectivos con limitacións económicas e sociais para poder cubrir as necesidades básicas da súa vida cotiá, especialmente tratándose de familias con menores a cargo, có fin de reforzar as capacidades de sostemento económico e tratar de conseguir a súa integración social e/ ou laboral. En definitiva, o principal obxectivo da Fundación é o de favorecer a integración social das persoas en situación de especial vulnerabilidade social atendendo a diversos colectivos; citados a continuación:


-mulleres vítimas de violencia de xénero, a entidade atende na actualidade a un gran número de mulleres vítimas de violencia de xénero, con fillos a cargo que, debido ás dificultades de conciliación da vida familiar e laboral, se atopan en situación de vulnerabilidade social, situación de necesidade basada na falla de recursos con os que contan para dar resposta ás necesidades dos menores. É por elo que a entidade ofrece asesoramento xurídico e psicolóxico, axudas inmediatas de emerxencia, así como tamén apoio nas súas necesidades básicas da vida cotiá, dando resposta as súas necesidades de alimentos, vestimenta, calzado, material escolar, produtos hixiénicos e xoguetes no Nadal. Ademais de realizar as aportacións económicas que se consideren oportunas para solventar situacións críticas puntuais.
-familias monoparentais, ás que a entidade apoia asiduamente, debido ás dificultades que soen atopar ante a busca de emprego, ó ter que compatibilizar o traballo remunerado -baixamente remunerado e inestable- coas súas obrigacións parentais. A entidade as apoia dando resposta as súas demandas e as dos menores a cargo nos ámbitos de alimentación, vestimenta, calzado, material escolar e produtos hixiénicos.
-parados de longa duración con menores a cargo, debido a situación de crise económica que estamos a vivir, son moitas as familias que se atopan en situación de desemprego (ambos cónyuges) e teñen que facer fronte a pagos mensuais de aluguer ou hipoteca e ás súas necesidades e ás dos menores ao seu cargo. Por elo, un gran número se atopa ante unha situación de escaseza de recursos económicos que limita as súas capacidades para dar resposta ás necesidades dos menores a cargo.
-beneficiarios de prestacións mínimas sen recursos económicos con menores ó seu cargo (RISGA, RAI, PNCs...), que debido á escasa contía dos ingresos non contan con recursos económicos para dar resposta ás súas necesidades básicas e ás dos menores a cargo. Así, a entidade se ofrece como apoio para a satisfacción das demandas que poidan xurdir na súa vida cotiá.
-persoas en risco de exclusión social, persoas maiores soas con pensións mínimas, emigrantes retornados, familias inmigrantes sen apoio sociofamiliar... estas persoas, por ser susceptibles á marxinación social, contan co apoio da entidade para a satisfacción das súas necesidades.
-mulleres vinculadas ó mundo da prostitución, colectivo en situación de vulnerabilidade social que moitas veces se atopa ante situacións de carencia de recursos económicos tendo cargas familiares ás que dar resposta. Para a satisfacción das necesidades básicas, este colectivo conta co apoio da entidade mediante a entrega de paquetes de alimentos que conteñen productos non perecedoiros.
-ademais, a entidade colabora con diversos comedores sociais de todo Galicia, ós que presta apoio de alimentos, ademais de encargarse da distribución quincenal de froita e hortalizas para que conten con recursos suficientes para responder ás necesidades dos usuarios.


A entidade ten dous modos de actuación para dar resposta as necesidades básicas das familias que se atopan nunha situación de carencia de recursos económicos, principalmente de aquelas que teñen menores a cargo:

 

-convenios de colaboración con diversos concellos de todo Galicia, mediante o que son os técnicos dos servizos sociais do concello os que derivan ás familias que se atopan en situación de necesidade á entidade. Así, a Fundación Amigos de Galicia se encarga de dar resposta as necesidades de alimentación, vestimenta, calzado, productos hixiénicos e material escolar das familias para evitar que se produzan situacións de exclusión social.
-de modo directo, no que son os técnicos da entidade e a Xunta directiva da mesma os que avalían as situacións de necesidade que chegan de modo directo á Fundación Amigos de Galicia, verificando a situación de necesidade e dando resposta á mesma mediante as axudas que oferta a entidade.


Para acadar este obxectivo, a Fundación Amigos de Galicia desenvolve unha serie de actuacións a distintos ámbitos de intervención, citadas a continuación:

 

I) axudas de alimentación:
Mediante a distribución mensual, directamente a cada fogar, de paquetes de alimentos orientados a cubrir as necesidades básicas de alimentación, contendo productos tales como: arroz branco, pasta, aceite, leite UHT, leite en po, azucre, madalenas, garavanzos, lentellas, fabas, cacao, fariña, natillas, carne, conservas, ovos, tomate frito, chourizo, queixo, arroz con leite, galletas, cereais, batidos, patacas, polo, froita, peixe conxelado, croquetas, verdura, polbo, cereais infantís, etc. Ademais, estes paquetes inclúen produtos orientados os bebés: leite de continuación, cereais infantís e pañais. Así, son entregados mensualmente e o seu peso varía en función dos membros da unidade familiar, cubrindo as necesidades das familias en situación de carencia de recursos económicos e orientado a cobertura das necesidades nutricionais dos menores e bebés.

II) axudas de roupa e calzado:
A Fundación Amigos de Galicia dispón dende o 2009 dunha Lavandería Industrial na que se leva a cabo o proceso de lavado, pasado a ferro, e empaquetado de roupa para atención das demandas dos usuarios. No caso dos menores de 12 a 20 anos, a Fundación Amigos de Galicia entrega roupa nova, doada por empresas galegas, dado que por tratarse de rapaces son máis susceptibles á marxinación social. Nos demais casos, a roupa pasa por un proceso de revisión, lavado, pasado a ferro e embalado no centro, polo que reúne todas as condicións para que as persoas que así o precisen, poidan facer uso dela. Facer mención a que a entidade merca roupa interior e calcetíns para a doazón entre as persoas que así o precisen.

III) mobles e enseres domésticos:
Así como electrodomésticos. Estes son entregados de modo puntual tras a solicitude da persoa usuaria, previa valoración dos técnicos da entidade.

IV) productos hixiénicos:
Por campañas, a entidade se encarga da provisión de produtos hixiénicos ás familias que máis o precisan: xel, xabóns, pasta de dentes...

V) productos escolares: cada setembro se desenvolve unha campaña de entrega de material escolar a todos os rapaces en idade escolar de familias sen recursos que así o precisen mediante a que se entregan libretas, bolígrafos, lápices, gomas, mochilas, estuches, cores, rotuladores, sacapuntas... e nalgúns casos puntuais, libros de texto.

VI) achegas económicas:
En situación de extrema necesidade, a Fundación amigos de Galicia realiza achegas económicas para o pago de alugueres, luz, auga, gas, garderías, de cara a evitar unha situación de acumulación de débedas que provoque unha situación de exclusión social

VII) cursos de formación:
Mediante estes, pretendese a adquisición de habilidades que lles permitan a mellora das súas capacidades de cara a aumentar as súas posibilidades reais de acceso ó emprego, dado que a inserción laboral destas persoas permite unha mellora da súa situación económica. Ademais, a entidade traballa na creación de varias empresas de inserción laboral, cuxa finalidade é acadar a inserción laboral das persoas en risco de exclusión social, prioritariamente de aquelas familias que teñen menores ó seu cargo. Así, no ano 2010 foi constituída F.A.G Publi, empresa de Publicidade e Artes Gráficas cuxa finalidade é insertar laboralmente ás persoas con dificultades de inserción laboral

VIII) Ademais a Fundación Amigos de Galicia colabora con comedores sociais de todo Galicia, encargándose da distribución de alimentos, froitas e hortalizas. A continuación se citan os comedores sociais cos que está a colaborar activamente a entidade:

 

Provincia de A Coruña
Cottolengo de Santiago de Compostela
Cociña económica de Santiago de Compostela
Proxecto Home de Santiago de Compostela
Asilo de anciáns desamparados de Santiago de Compostela
Asociación de pais/nais de persoas con discapacidade intelectual Juan Vidán Torres de Santiago de Compostela
Casa de Familia Hogar de Nazaret de Santiago de Compostela

 

**Na provincia de A Coruña a entidade ten un convenio de colaboración co Banco de Alimentos mediante o cal se atenden as necesidades de outros comedores sociais non nomeados aquí.

 

Provincia de Pontevedra;
Residencia Virgen del camino
Residencia ancianos de Caldas
Residencia Ancianos de Cambados
Residencia ancianos Vilagarcía de Arousa
Residencia La Cañiza
Comedor de los Pobres de Marín
Comedor de San Francisco de Pontevedra
Cáritas de Arousa
Parroquia de San Martín de Coia
Parroquia San pedro de la Ramallosa
Parroquia Santa Cristina de Sabarís (Ramallosa)
Parroquia San Juan Bautista
Cáritas de Cangas
Reto
Proyecto Hombre
Cáritas de Bueu
Asociación Santiago Apóstol de Cangas
Cáritas de Dorrón
Cáritas de Placeres
Cáritas de Lerez
Cáritas de Salcedo
Cáritas de San José
Cáritas de Mourente
Con Eles
San Antonio de la Florida

Provincia de Ourense;

Nación de los Muchachos (Bemposta)
Centro persoas con discapacidade de Cornoces
Centro de persoas con discapacidade Santa Cruz de Arrabaldo


Provincia de Lugo
Comedor San Froilán de Lugo
Comedor do Transeúnte
Residencia de Mondoñedo
Centro ocupacional de Villalba
Residencia de persoas maiores Virgen del Carmen de Foz
Residencia Betania de Viveiro
Residencia San José de Monforte de Lemos
Residencia a Pastoriza
Residencia Valadouro
Residencia Bartolomeu (Xove)
Cáritas (Sarriá)


A todo o anterior unirlle que, cada Nadal, a Fundación Amigos de Galicia na súa campaña "Ningún neno sen xoguete" entrega xoguetes a todos os rapaces menores de 12 anos das familias sen recursos de todo Galicia.

Na actualidade e segundo a última actualización de datos de novembro de 2010, , a Fundación amigos de Galicia conta con 11.957 usuarios do programa de axuda ás persoas sen recursos, dos que 6.116 son menores. Este incremento con respecto o ano 2009 (no que eran atendidas 8.336 persoas, 4.819 menores) é froito da crise económica que estamos a vivir, na que aumenta tanto o número de persoas demandantes da axuda por parte da entidade, como o perfil das mesmas, habendo un incremento notable de familias nucleares con rapaces a cargo que, en situación de desemprego, teñen que asumir pagos de aluguer/hipoteca, créditos, facturas, manutención e vestimenta... e non contan con recursos económicos suficientes para asumir estes gastos, polo que solicitan a axuda da entidade.

 

CONTEXTO SOCIOECONÓMICO

A crise económica que estamos a vivir é coñecida por crise económica de 2008 a 2010. Orixinada nos EE.UU, baséase nos altos prezos das materias primas, na sobrevalorización do producto, nunha crise alimentaria mundial, nunha elevada inflación planetaria e na ameaza dunha recesión en todo o mundo, así como nunha crise crediticia hipotecaria e de exceso de confianza nos mercados.
Crise que "xurde da expansión crediticia ficticia orquestada polos bancos centrais e que motivou que as empresas investiran onde non debían". Así, esta crise afectou á economía española provocando o crecemento do desemprego, polo que varias empresas presentaron eres de regulación. O sector da construcción é un dos máis perxudicados debido ao boom inmobiliario e á posterior caída das ventas, así numerosas empresas presentaron suspensión de pagos, o que supón situacións drásticas para milleiros de familias. Esta crise deixa un total de 4.085.976 persoas en situación de desemprego a nivel estatal, o que supón 223.894 persoas en situación de desemprego en Galicia -datos último trimestre 2010-, sendo a cuarta comunidade onde subiu máis o índice de paro.
Un mercado laboral como o galego arroxou ó desemprego a 86 persoas ó día, deixando máis de 60.000 familias nas que a pesar de ter a todos os membros activos (en idade e disposición de traballar) todos se atopan en situación de desemprego. Inda así, hai situacións límite, como os 10.400 fogares nos que a pesar de estar todos os membros en situación de desemprego, non se percibe prestación algunha por tal situación. Asemade, das 223.894 persoas en situación de desemprego, 66.287 persoas non teñen dereito a ningunha prestación. Dos restantes, máis da metade perciben menos de cincocentos euros mensuais.

 

PLAN DE AXUDA ÁS PERSOAS NECESITADAS DE GALICIA
FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

 

A Fundación Amigos de Galicia co gallo de procurar a integración social das persoas ou familias máis necesitadas de Galicia, concede axudas de emerxencia periódicas durante todo o ano en toda a xeografía galega.
Segundo a última actualización de datos, a Fundación Amigos de conta con 11.957 persoas usuarias do programa de axuda ás persoas sen recursos que desenvolve dita entidade, das que 6.116 son menores, distribuíndo así paquetes de axudas a 179 concellos de todo Galicia.
No ano que comeza e debido a grave conxuntura económica que estamos a vivir, a Fundación Amigos de Galicia pretende ampliar o seu ámbito de actuación a tódolos concellos de Galicia que así o requiran có fin de paliar as dificultades económicas das persoas sen recursos, e dar resposta prioritariamente ás necesidades dos menores.
A atención ás necesidades básicas das persoas é o principal obxectivo que persegue o Plan de Axuda ás persoas necesitadas da Fundación Amigos de Galicia, elaborado có fin de garantir a cobertura das necesidades básicas de subsistencia das persoas sen recursos, adicando o noso esforzo coas familias que sofren pobreza alta e severa, e dunha maneira especial ás familias numerosas con nenos, mulleres maltratadas con fillos ó seu cargo, mulleres separadas cabezas de familias monoparentais, parados de longa duración, anciáns con pensións non contributivas, familias de inmigrantes, beneficiarios de prestacións mínimas (RISGA, RAI...) e dun xeito especial aos fillos e netos de emigrantes retornados de América.
Cada unha das axudas prestadas póla Fundación leva consigo un seguimento do caso que permite valorar outras posibles necesidades a paliar ou ámbitos de actuación nos que a propia entidade poida intervir. Así, estas axudas son un complemento para as persoas con baixos salarios: parados de longa duración, familias que reciben a RISGA e traballadores temporais, ademais daquelas persoas que por certas circunstancias non teñen ingresos suficientes; sendo axudas básicas nos casos graves de emerxencia social e tamén para as familias que presentan dificultades para acadar a súa integración social ademais das mulleres víctimas de violencia de xénero e das cabezas de familias monoparentais con baixos ingresos económicos.
Para levar a cabo a nosa laboura, a Fundación Amigos de Galicia traballa en coordinación con douscentos setenta e un voluntarios e colaboradores repartidos por toda Galicia, que detectan as situacións de necesidade e dan traslado ao persoal técnico, encargado de avaliar e dar resposta a cada demanda presentada.
Para dar resposta a estas necesidades primarias, a entidade desenvolve o "Plan de cobertura das necesidades básicas" que consiste na doazón dun paquete de alimentos con produtos non perecedoiros que varía o seu peso en función dos membros da unidade familiar, composto por arroz branco, pasta, lentellas, garavanzos, aceite, fariña, leite UHT, leite en po, cereais, galletas, cacao, azucre, batidos, natillas, arroz con leite, iogur, zume, leite de continuación, papillas, potitos, cueiros, queixo, queixo de Arzúa, carne, albóndegas, hamburguesas, polo, croquetas, peixe, polbo, conservas, turrón, mazapán, pasas, auga, froita e patacas que no ano 2010 acadou a cifra de 1.986.456,23 quilos de alimentos entregados, cun presuposto total da Fundación de 2.580.165,45€. Así mesmo dentro deste plan inclúese a entrega de productos de hixiene persoal, roupa e calzado, que é nova para os menores de vinte anos e usada, en perfecto estado de conservación -previo proceso de adecuación na Lavandería Industrial que posúe a Fundación e na que todas as prendas son lavadas, secadas, pasadas a ferro, e preparadas para a súa entrega - para o resto dos usuarios do plan.

 


Ademais, dita entidade colabora cós servizos sociais dos concellos de Galicia. Con algúns dos concellos hai convenio de colaboración ou axudas directas:
A Coruña: A Baña, Boiro, Curtis, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vilasantar.
Pontevedra: As Neves, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, Lalín, Meis, O Grove, Pontecesures, Pontevedra, Portas e Vilagarcía de Arousa.
Lugo: Cospeito, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Rábade e Sarriá.
Ourense: Ourense e Arnoia.

Con outros, non hai convenio de colaboración có concello pero hai situacións de necesidade que precisan da atención da Fundación Amigos de Galicia.
A Coruña: A Coruña, A Laracha, A Pobra, Ames, Arteixo, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boqueixón, Brión, Cambre, Carballo, Cee, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Muros, Muxía, Narón, Negreira, Noia, O Pino, Oleiros, Ordes, Outes, Padrón, Pontedeume, Porto do Son, Sada, Santa Comba, Toques e Vimianzo.
Pontevedra: A Estrada, A Illa, Bueu, Cangas, Catoira, Cotobade, Covelo, Marín, Moaña, O Porriño, Poio, Pontecaldelas, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Valga, Vilaboa, Vigo e Vilanova.
Lugo: a Pontenova, Barreiros, Begonte, Burela, Castro Rei, Foz, Guntín, Ourol, e Valadouro.
Ourense: A Gudiña, A Rúa, Celanova, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Petín, Ribadavia, Verín e Viana do Bolo.

 

Para desenrolar a actividade que nos ocupa, a entidade posúe na actualidade o seguinte persoal e as seguintes infraestructuras:
Persoal a disposición da fundación Amigos de Galicia:
• Corpo técnico:
o 2 traballadoras sociais
o 1 técnico de emprego
o 1 oficial de lavandería
o 1 traballador encargado do almacén
o 1 traballador encargado do reparto
o 1 director xerente
o 1 coordinador
• Voluntarios:
o 271 voluntarios, distibuídos por todas as cidades e comarcas galegas-
• Persoas en cumprimento de servizos en beneficio da comunidade:
Dende os Servizos Sociais Penitenciarios a Fundación Amigos de Galicia recibiu varios expedientes destas persoas que ao longo da súa condena, desenrolaron tarefas en colaboración cos traballadores e voluntarios da entidade das que cabe citar, entre outras, a recepción de alimentos, a elaboración de paquetes alimenticios, a distribución dos mesmos e a clasificación de roupa, actividades que son sempre supervisadas polas persoas encargadas da coordinación dos almacéns.
Infraestructuras:
• 1 camión de 12 toneladas.
• 3 furgonetas
◊ unha mercada póla propia Fundación
◊ unha doada póla propia Fundación de La Voz de Galicia "Santiago Rey- Fernandez La Torre"
◊ unha doada póla Deputación de Pontevedra, Citröen e Caixanova.
• 2 oficiñas
o 1 en Vilagarcía de Arousa, sita na Rúa Fontecarmoa nº 63 - baixo
o 1 en Santiago de Compostela, sita na Rúa Betanzos nº18-1º
• 5 centros de distribución.
o 1 en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra): inclúe nave de 480m2 con cámara de frío.
o 1 en Bamio - Vilagarcia de Arousa (Pontevedra): almacén de 820 metros²
o 1 en Rábade (Lugo): almacén
o 1 en San Cibrao das Viñas (Ourense): almacén
o 1 en Santiago de Compostela (A Coruña): almacén


PERFIL DESCRIPTIVO DA POBOACIÓN BENEFICIARIA DO PLAN DE AXUDA ÁS PERSOAS NECESITADAS

 

Os beneficiarios deste Plan de axuda son as persoas máis necesitadas da nosa comunidade, entendendo por persoas necesitadas as persoas físicas, individuais e familias, agrupacións de persoas coas mesmas problemáticas, cuxa situación de dependencia social e financeira está constatada. Darase prioridade a aquelas persoas ou grupos familiares especialmente vulnerables pola súa dificultade para afrontar por si mesmos a situación de precariedade na que se atopan, coma son: unidades familiares con nenos e/ou anciáns ao seu cargo, familias monoparentais, diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, persoas incapacitadas para o traballo, con drogodependencias ou afectados polo VIH/SIDA, menores en situación de desamparo, mulleres maltratadas, minorías étnicas, inmigrantes, refuxiados, asilados, ex-reclusos, persoas sen fogar e persoas maiores receptoras das pensións máis baixas. Na actualidade, este perfil, dada a situación económica que estamos a vivir, esténdese ata os parados de longa duración con fillos a cargo.
Requisitos que debe cumprir o beneficiario:
As persoas que poden optar ás axudas que proporciona a fundación deben cumprir os seguintes requisitos:
a. Carecer de ingresos suficientes para garantir a cobertura das necesidades básicas.
b. Estar empadroadas e ter residencia fixada nun concello de Galicia e que os menores estean debidamente escolarizados.
c. Cumprimentar a ficha de inscrición.

 

POR COLECTIVOS E PROVINCIAS OS DATOS A NOVEMBRO DO 2010 REFLICTEN A SEGUINTE ESTATÍSTICA:


Nº de persoas atendidas por provincias no ano 2010:
• Pontevedra: 3.998 persoas das cales 2.093 son menores.
• A Coruña: 4.202 persoas das cales 2.586 son menores.
• Lugo: 2.341 persoas das cales 815 son menores.
• Ourense: 1.416 persoas das cales 622 son menores.

 

Isto fai un total de 11.957 persoas atendidas en toda Galicia, das que 6.116 son menores e os restantes son adultos.

 


A pobreza é unha situación ou forma de vida que xurde como produto da imposibilidade de acceso ou carencia dos recursos para satisfacer as necesidades físicas e psíquicas básicas humáns que inciden nun desgaste do nivel e calidade de vida das persoas, tales coma alimentación, vivenda, educación, asistencia sanitaria e acceso ó auga potable. Tamén se considera a falla de medios para poder acceder a tales recursos, como o desemprego, a falla de ingresos ou un nivel baixo dos mesmos.
Para levar a cabo o estudo da pobreza, a línea ou umbral de pobreza se fixa no 60% da mediana da distribución dos ingresos por unidade de consumo adxudicado ás persoas, cifra tamén coñecida como "umbral de pobreza". Así, é pobre todo aquel que teña ingresos inferiores ó umbral de pobreza. O umbral de pobreza en España queda establecido en 1.039€ para unha familia nuclear con dous menores a cargo; a partir de ahí, se expoñen os seguintes datos:
-é maior o risco de caer na pobreza das mulleres fronte ós homes.
-os grupos máis desfavorecidos serán as persoas maiores de 65 anos e os menores de 16 anos. Máis da metade das persoas maiores que viven sóas se atopan baixo o umbral da pobreza. Ademais, este índice afecta en maior medida ás familias monoparentais.
Deste xeito, a entidade atende a todas aquelas persoas que se atopan ante carencia de recursos económicos: mulleres vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais, familias con menores a cargo e escaseza de recursos económicos, persoas maiores soas, parados de longa duración con fillos a cargo, beneficiarios de prestacións mínimas (RISGA, RAI...), persoas inmigrantes, emigrantes retornados... A continuación se mostra unha táboa de persoa usuaria da entidad con ingresos persoa/día da unidade familiar, sendo a media de ingresos de 4,80€ persoa/ día:


Indice de pobreza Nº total
0-3€ (persoa/ día) 458 persoas
3,1€- 5€ (persoa/ día) 2.213 persoas
5,1€-7€ (persoa/ día) 6.827 persoas
7,1€-9€ (persoa/día) 2.459 persoas

 

 

ENTREGA DE ROUPA 2010

 

 

Dende o 2.009, a Fundación Amigos de Galicia dispón dunha lavandería industrial ubicada en Vilagarcía de Arousa, na que se recepciona toda a roupa doada por particulares e/ou empresas. Toda esta roupa pasa por un proceso de lavado, pranchado e embalado na mesma para posteriormente ser entregada ás persoas que así o precisen en función das súas necesidades. Toda a roupa entregada reúne as condicións para que unha persoa que o precise poida facer uso dela. Ademais, os rapaces de entre 12 e 20 anos reciben roupa nova, xa que por razóns de idade, son máis susceptibles á marxinación social.
Esta mesma lavandería é a usada para a parte práctica do curso de operario de reciclaxe de prendas textís, impartido anualmente pola entidade, para que as persoas adquiran capacidades e coñecementos que faciliten a súa inserción no mercado de traballo. Ademais, deste curso xurden as dúas contratacións feitas na lavandería industrial da entidade.

 

A CORUÑA
ARTICULO CANTIDADE
Pantalóns 2.115
Xerseis 1.989
Camisas 1.952
Camisetas 3.514
Chaquetas 2.489
Abrigos 1.830
Cazadoras 1.317
Saias 1.215
Zapatos 398
Tenis 256
Conxuntos de Bebé 978
TOTAL 18.053


LUGO
ARTICULO CANTIDADE
Pantalóns 1.461
Xerseis 1.523
Camisas 1.099
Camisetas 2.156
Chaquetas 1.975
Abrigos 487
Cazadoras 889
Saias 903
Zapatos 444
Tenis 229
Conxuntos bebé 859
TOTAL 12.025


PONTEVEDRA
ARTICULO CANTIDADE
Pantalóns 3.714
Xerseis 1.915
Camisas 1.215
Camisetas 3.451
Chaquetas 1.425
Abrigos 819
Cazadoras 1.212
Saias 849
Zapatos 412
Tenis 312
Conxuntos Bebé 569
TOTAL 15.893


OURENSE
ARTICULO CANTIDADE
Pantalóns 418
Xerseis 374
Camisas 496
Camisetas 655
Chaquetas 368
Abrigos 986
Cazadoras 248
Saias 274
Zapatos 399
Tenis 295
Conxuntos bebé 813
TOTAL 5.326


TOTAL ROUPA DISTRIBUIDA 2010
ARTICULO CANTIDADE
Pantalóns 7.708
Xerseis 5.801
Camisas 4.762
Camisetas 9.776
Chaquetas
Abrigos 6.257
4.122
Cazadoras 3.666
Saias 3.241
Zapatos 1.653
Tenis 1.092
Conxuntos de bebé 3.219
TOTAL 51.297

 

Así, no ano 2.010 foron distribuídas máis de 51.000 prendas de roupa entre as familias que o precisaban, roupa destinada principalmente para os rapaces que debido o seu desenrolo físico teñen máis necesidades neste eido.


PLAN EMPREGO E FORMACIÓN

A Fundación Amigos de Galicia traballa na formación das persoas, desenvolvendo cursos de formación que contribúan a fomentar as capacidades das persoas de cara a lograr a súa inclusión no mercado de traballo. Do mesmo xeito traballa na creación de empresas de inserción laboral nas que se poida insertar laboralmente ás persoas con dificultades de acceso ó emprego debido a factores de idade, sexo, nacionalidade ou crenzas relixiosas.

-No eido formativo, cabe facer mención a que no presente ano 2010 a entidade desenvolve un curso de formación de operario de reciclaxe de prendas textís cuio obxectivo xeral é que a alumna/alumno adquira o nivel adecuado para realizar todas as tarefas relacionadas co posto, dende a recollida das prendas ata o embalado das mesmas, para a posterior doazón ás persoas que o precisen. Ademais, a/o alumna/o obterá coñecementos en canto á calidade de acabado e presentación deste tipo de produtos e tipo de material a utilizar no tratamento das prendas.
-No eido do emprego, a Fundación Amigos de Galicia constituíu no ano 2010 unha empresa de inserción laboral FAG PUBLI, empresa de inserción laboral de Publicidade e Artes Gráficas, para insertar laboralmente ás persoas con cargas familiares e dificultades de acceso ó emprego. Esta empresa ten como obxectivo á inserción laboral das persoas con dificultades de inserción laboral, carencia de recursos económicos e situación de risco e exclusión social e como principais destinatarios a todas aquelas persoas que demostren o seu interese e participación na adquisición de capacidades que melloren as súas condicións de acceso ó emprego, mediante a realización dos cursos de formación desenvolvidos pola entidade.
Así, a Fundación Amigos de Galicia, ten coma un dos obxectivos primordiais acadar a integración laboral das persoas. Esta integración laboral facilita ás persoas a adquisición de recursos económicos que permiten dar resposta as súas necesidades básicas.

Facer mención, a que no ano 2.010 a entidade media en varios postos de traballos, citados a continuación:
-No eido da reciclaxe de prendas, xurden dúas contratacións para a lavandería industrial da entidade.
-No eido da hostalería, a entidade acada a inserción laboral de 17 persoas que, a día de hoxe, seguen desenrolando as tarefas propias do traballo que desempeñan en distintos hoteis e restaurantes de toda Galicia.
-No eido da construción, xurde a contratación de cinco persoas coma peóns de obra que mediante estes contratos acadan uns recursos ecónomicos que lle permiten a resposta as súas necesidades básicas e as dos menores ó seu cargo.
-No ámbito comercial, a entidade media na inserción laboral de doce mulleres en supermercados e comercios, contratos que nalgúns casos, debido as circunstancias persoais das persoas contratadas, contemplan a conciliación da vida familiar e laboral das, na súa maioría, cabezas de familias monoparentais.

 

 

 COOPERACIÓN INTERNACIONAL

No eido da cooperación internacional e durante o 2.010 a entidade desenvolveu o Proxecto de Axuda ós damnificados do terremoto en Haití, que xurde tras o 12 de xaneiro de 2010, no que un terremoto de 7,0 na escala Ritcher, con epicentro a 15 quilómetros de Porto Príncipe, sacudiu a empobrecida nación caribeña de Haití. Os efectos foron devastadores: máis de tres millóns de persoas afectadas polo terremoto, máis de un millón de rapaces orfos e máis dun millar de persoas sen fogar.
O obxectivo xeral do proxecto de axuda ós damnificados polo terremoto en Haití é dar resposta ás necesidades básicas e primarias da poboación damnificada polo terremoto. Estas necesidades primarias son principalmente: alimentos, roupa, tendas de campaña e ferramentas de traballo para poder traballar novamente a terra. Para elo, a Fundación Amigos de Galicia conta coa colaboración da Axencia Humanitaria de Galicia, dos concellos de A Baña, Palas de Rei, O Barco de Valdeorras, a Teixeira, Cruz Vermella, Cáritas España e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Así, a Fundación Amigos de Galicia enviou varios contenedores de axuda ós damnificados do terremoto en Haití: estos contenedores albergaban produtos alimenticios: pasta alimenticia, galletas, garavanzos, fabas, conservas de pescado, conservas de vexetais... Tamén, atendendo ás necesidades do eido da vestimenta: a entidade fixo chegar a Porto Píncipe roupa nova para os rapaces e roupa interior nova para todos os damnificados, encargándose da súa distribución entre as persoas que así o precisaban. Outra necesidade a cubrir eran as tendas de campaña e lonas para a construción de albergues, así a entidade mercou tendas de campañas e kits de aloxamento de emerxencia para a súa distribución entre ós damnificados do terremoto, para dar resposta á necesidade de aloxamento de un millar de persoas que perderon o seu fogar. Por outra banda, a entidade tamén distribuíu ferramentas de traballo para o campo, para que as persoas dispuxeran dos medios que precisasen para volver a recuperar as condicións previas ó terremoto, otorgandolle a sociedade haitiana o papel de protagonista da súa propia recuperación, reconstrución e desenrolo, xerando un cambio durareiro que aumenta a sostenibilidade do cambio que se promove.
De este xeito e a través deste proxecto, foron distribuídos case 40.000 quilos de alimentos: pasta alimenticia, arroz, garavanzos, lentellas, conservas de peixe, conservas vexetais, galletas... No eido da vestimenta, foron enviadas e distribuídas prendas de roupa entre ós damnificados do terremoto, ademais de kits básicos de hixiene para, principalmente, os rapaces. No eido da vivenda, a entidade encargouse da distribución de tendas de campaña e kits de aloxamento de emerxencia consistentes en ferramentas (serras, palas, azadas, cordas, clavos, lonas...) para construir un refuxio ou alonxamento temporal, ademais de outras ferramentas de traballo para o traballo no campo. Todo esto cun valor económico que superou os 152.000€.
Ademais, a entidade tamén levou a cabo a distribución de enseres do fogar e utensilios de cociña, así como ferramentas destinadas ó traballo de campo. Foron enviadas e distribuídas azadas de traballo de campo, palas e cubos. Foron enviados 12.000 cacerolas de cociña, tixolas, garfos e cucharas.

A Fundación Amigos de Galicia todavía segue a traballar na resposta ás necesidades das persoas, inda afectadas, prácticamente un ano despois, pola traxedia.

 

 

 ACHEGAS ECONÓMICAS DA FUNDACIÓN

 

A Fundación Amigos de Galicia tivo un gasto de 43.345,31 € derivado de achegas económicas. As peticións de achegas económicas chegan á entidade a través dos servicios sociais dos concellos ou doutras entidades das que tamén son usuarios, ou, nalgúns casos a través das propias familias; e son analizadas polos técnicos competentes. Así, dita entidade tivo que facer fronte ós gastos de alugueres, facturas de luz, facturas de auga, recibos de gas, recibos de gardería... para familias sen recursos que se atopaban en situación de emerxencia. A Fundación Amigos de Galicia, durante o ano 2010, tamén atendeu aqueles casos de extrema necesidade, facendo aportacións económicas máis elevadas, nalgúns casos concretos. Cabe citar algún casos destacados:
▪ No concello de Moaña, a Fundación Amigos de Galicia realizou a reconstrución dunha vivenda que non reunía as condicións de habitabilidade para que puidera residir nela unha menor. Así, cando a situación da vivenda logrou reunir uns requisitos mínimos de habitabilidade, a menor puido regresar o seu domicilio.
▪ No concello de Rábade, unha nena dunha familia sen recursos rompeu toda a dentadura nunha caída que tivo mentres xogaba. O seu arranxo tiña un custo de 1.550 €, que a familia non podía asumir. Por elo, a Fundación Amigos de Galicia asumiu dito gasto.
▪ No concello de Lalín, a Fundación Amigos de Galicia, asumiu a rehabilitación dunha vivenda que ardeu, na que os recursos económicos eran escasos e había varios menores a cargo.
▰ En Ribadavia, unha muller vítima de violencia de xénero tivo que abandonar o seu fogar con todos os seus fillos para fuxir do maltrato da súa exparella. A entidade encargouse de que a nova vivenda dispuxera de todos os electrodomésticos e mobles que precisaban para o desenrolo dunha vida cotiá cómoda.
▰ No concello do Grove, unha cabeza de familia monoparental, tivo que cambiar, novamente, de residencia cos seus fillos a cargo, porque a exparella, tras a súa saída de prisión, descubriu o domicilio, poñendo a súa vida e as dos menores en perigo. Por elo, a muller fuxiu cos seus fillos a outro domicilio do concello que non reunía as condicións para que a familia puidese levar a cabo alí as súas actividades normais da vida cotiá. A Fundación Amigos de Galicia xestionou a merca de camas, mobles, sofás e electrodomésticos necesarios para que puideran instalarse alí.
▰ No concello de Ordes, unha familia de emigrantes retornados, cuxos únicos ingresos eran mínimos, precisou da axuda da entidade para a dotación con electrodomésticos da vivenda: nevera, conxelador, lavadora...
▰ No concello de Cospeito, unha familia nuclear con cinco fillos, con ingresos mínimos, viu arder a súa vivenda, perdendo alí todas as súas pertenzas. A Fundación Amigos de Galicia encargouse da dotación de mobles e electrodomésticos así como de calzado e prendas de vestir. Ademais da atención as súas necesidades de alimentación, ás que cos ingresos do traballo por conta allea do pai, non se podía facer fronte.
▰ No concello de Rábade, a entidade tamén se encargou da dotación de mobles para unha vivenda.
▪ No concello de Poio, a Fundación Amigos de Galicia prestou axuda económica a un neno para a merca de dous audífonos. Estes audífonos eran indispensables para a aprendizaxe do rapaz e a súa familia non contaba cós recursos necesarios para a súa merca. Así, o Sergas asumiu 1.300€ do costo, de 1.000€ fíxose responsable o concello de Poio e os gastos restantes, dos 3.025 €, asumiunos a Fundación.
▰ No concello de Pontevedra, a entidade se encargou da rehabilitación dunha vivenda dun emigrante retornado, que carecía de ingresos para asumir as súas necesidades básicas da vida cotiá. A entidade se encargou da instalación da luz eléctrica na casa e da dotación de electrodomésticos.
▰ No concello de Silleda, a entidade está levando a cabo a rehabilitación dunha vivenda infrahumana, que carece das condicións mínima para que dúas persoas (nai e fillo) poidan facer uso dela sen poñer en risco a súa saúde. A entidade está traballando na rehabilitación da mesma (paredes, chan, aseos, mobiliario...)

BALANCE FINANCEIRO CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2010, QUE ABRANGUE DENDE O 01 DE XANEIRO AO 31 DE DECEMBRO

 

Durante o exercicio económico 2010, o balance de sumas e saldos da Fundación Amigos de Galicia, reflicte movementos que ascenden a un importe de 2.502.754,02 €.
En canto ós ingresos, referidos tanto a liquidez como doazóns en especie, obtidos pola entidade a 31 de decembro de 2010, ascenderon a 1.312.131,41€. A continuación desglósase segundo orixe deses fondos:
 Subvencións das administracións públicas: 175.878,24€, dos cales están pendentes de aboar a 31 de decembro 65.609,99€.
o Xunta de Galicia: 130.512,94€, dos cales 9.468,84€ foron relacionados co eido cultural.
o Deputacións e Concellos: 45.365,30€, dos cales 500€ foron relacionados co eido cultural.
 Patrocinadores: 71.653,70€

 Doazóns en especie valoradas en: 961.484,47€
 Patronos e colaboracións: 103.115€

En canto aos gastos, que abranguen tanto eido social, cultural, formativo, gastos de persoal, mantemento, e outros da entidade durante o exercicio 2010, ascenderon a 1.172.015,44€.
A Fundación Amigos de Galicia, dentro da súa laboura, emprega o 77,48% do orzamento a Servicios Sociais. Polo tanto, en canto ós gastos da entidade empregáronse 889.438,68€ no Plan de Axuda ás persoas necesitadas de toda Galicia que, ademais dos alimentos, roupa e productos de hixiene distribuídos, engade achegas económicas para pagos de aluguer, luz, auga, material escolar, etc..., así como as axudas de Cooperación Internacional en Haití e Zambia.
Relativo ós gastos de persoal, a Fundación Amigos de Galicia empregou durante o pasado ano 112.226,09€, correspondente a salarios, seguridade social e IRPF de oito traballadores.
No eido formativo, a entidade organizou dúas accións formativas, as dúas de "Operario de reciclaxe de prendas textís", unha para persoas en risco de exclusión social, cuxo importe ascendeu a 23.088€, que corresponde a custos organizativos e becas do alumnado, subvencionada polo Servizo de Inclusión Social da Xunta de Galicia con 9.000€; e a outra, para parados de longa duración, subvencionada pola Deputación de Pontevedra con 3.003€.
En canto aos gastos de mantemento e explotación da entidade, durante o exercicio 2010 ascenderon a 93.976,67€.
Por outra banda, a fundación organiza premios para impulsar a cultura galega e a solidariedade. Asiste a feiras e congresos no eido cultural, turístico e gastronómico en España e Portugal. Ademais, organiza o Premio Nacional de Gastronomía Tradicional "Lola Torres", patrocinado pola Secretaría Xeral para o Turismo. Todo elo, conlevou uns gastos para a entidade de 53.286€.
En resumo, o balance de pérdidas e ganancias da entidade a 31 de decembro de 2010, reflicte que houbo uns beneficios de 140.115,97€, en canto a liquidez e productos doados. Este excedente será destinado a fins fundacionais durante o exercicio 2011, tal como establece o artigo 9 dos Estatutos da Fundación Amigos de Galicia.

As Contas Anuais e o Informe de Xestión, correspondente ao exercicio económico 2010 da Fundación Amigos de Galicia serán presentadas na Axencia Tributaria, e no Rexistro de Fundacións da Consellería de Traballo e Benestar, da Consellería de Cultura e Turismo, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia antes do 31 de xaneiro de 2011.


Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2010

 

 

Asdo. Antonio Costa Sánchez                   V.P. Luís Rial Suárez

Secretario                                               Presidente

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Fundación Amigos de Galicia defende os dereitos das persoas que sofren violencia de xénero, que por tal teñen dereito á asistencia social integrada, asistencia xurídica e unha serie de dereitos laborais.

 

Contan tamén cun número de teléfono da Xunta de Galicia de información para as persoas que sofren violencia de xénero: 900 400 273- 016

A asistencia social integrada consiste en:

־ Información
־ Atención psicolóxica
־ Apoio social
־ Seguimento de reclamacións dos seus dereitos
־ Apoios educativos
־ Formación preventiva en valores de igualdade
־ Apoio á formación e á inserción laboral

 

A asistencia xurídica:

־Asistencia xurídica con gratuidade.

E os dereitos laborais:

־ Redución ou reordenación do tempo de traballo.
־ Suspensión da relación laboral con reserva do posto.
־ Extinción do contrato.
־ A impuntualidade por estas causas están xustificadas.
־ O importe das axudas é equivalente a seis meses de subsidio por desemprego.
־ Con grado de minusvalía igual ou superior ó 33%, corresponde un importe de 12 meses por subsidio de desemprego.
־As vítimas con responsabilidades familiares, 18 meses por subsidio de desemprego.
־ As vítimas con cargas familiares con discapacidade, 24 meses por subsidio de desemprego.
־ Serán colectivo prioritario no aceso a vivendas protexidas e residencia para maiores.


Tamén, se lles presta dende a Fundación Amigos de Galicia, a axuda de alimentos, consistente nun paquete de alimentos que está composto por produtos básicos tales como: arroz branco, pasta, aceite, leite UHT, leite en pó, leite de continuación para bebés, azucre, madalenas, garavanzos, lentellas, fabas, cacao, fariña, natillas, carne, conservas, ovos, tomate frito, chourizo, queixo, arroz con leite, galletas, cereais, batidos, patacas, polo, froita, peixe conxelado, croquetas, verdura conxelada, polbo, etc. Tamén teñen dereito a percibir, por parte da Fundación Amigos de Galicia, roupa e produtos para a súa hixiene persoal, así como leite infantil e cueiros para os fillos que poidan ter a cargo. Ademais, tamén se desenvolven cursos de formación orientados a elas, xa que a propia entidade ten en proxecto a creación dunha empresa textil que confeccione a roupa de traballo do Sergas cóa incorporación a ésta de 15 mulleres, seleccionadas a través do curso de formación. Ademais, dita entidade tamén lles proporciona axuda na busca de vivenda, no pago de alugueres e determinadas achegas económicas que poidan ser necesarias.

 

O teléfono da Fundación Amigos de Galicia: 981 576 034/ 986 510 181/ 986 576 034.

Dende a Fundación Amigos de Galicia levase un tempo traballando con mulleres vítimas de violencia de xénero. Tal é o caso dunha familia en Portas, na que o pai asesinou a nai, quedando o pai en mans da xustiza e os nenos sen medios económicos para facer fronte o crédito persoal e unha hipoteca que seus pais tiñan o seu nome. Así, o concello de Portas ofreceulles unha muller que lle axudase nas tarefas do fogar pero a familia rexeitou dita axuda porque se consideraban capaces de levar a cabo sós ditas tarefas. A Fundación Amigos de Galicia organizou un festival para acadar medios económicos para o pago do crédito persoal, e así todos os cartos recaudados foron para a familia, que tamén recibe na actualidade o paquete mensual con produtos de alimentación básica.
Ademais, en Moaña tamén atendemos a unha muller vítima de violencia de xénero, que se tiña que facer cargo sóa dos seus catro fillos sen máis ingresos que a pensión da súa sogra, que ademais necesitaba dos seus coidados. A todo esto sumarlle que tiñan que aboar un alto importe de aluguer póla vivenda que ocupaban, quedando así case sen recursos para poder cubrir as necesidades básicas dos seis membros. Por eso, a Fundación Amigos de Galicia brindoulle o seu apoio, tanto na entrega mensual dun paquete de alimentos como en determinadas achegas económicas, ademais de cubrir as súas demandas de roupa, material escolar e productos hixiénicos.


Por último, facer mención o caso dunha muller do Grove, que tras o ingreso en prisión da súa parella por abusos sexuais a súa filla menor, tivo que facerse cargo sóa do coidado dos seis menores. A Fundación traballou con ela na busca de emprego, así tamén tratou de promover os recursos dispoñibles para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Actualmente, percibe da Fundación Amigos de Galicia un paquete mensual de alimentos e a súa situación, a nivel xeral, mellorou notablemente.