|
1º-
Poderán participar neste premio todos os pintores de calqueira
nacionalidade, que realicen a seguiente inscripción.
2º-
As obras que se presenten
deberán ser orixinais e non haber sido premiadas
en ningún outro certamen.
3º - Cada autor poderá
presentar un máximo de duas obras, con técnica
e tema libres, cunhas dimensións mínimas de
100 x 80 cms. e máximas de 300 x 300 cm. incluindo un
enmarque obrigatorio en listón de ancho non superior a 3
cm. As obras deberán presentarse firmadas.
4º - Será o autor da obra
quen deba formalizar a sua inscripción, cumplimentando o
boletín de inscripción, cumprindo as instruccións
detalladas para o mesmo.
5º -As obras e formularios de
inscripcións cumplimentados poderán ser entregadas
persoalmente ou remitidas (por axencia de transporte, as pinturas
e por correo certificado, os impresos) a: Fundación
Amigos de Galicia, rúa de Betanzos, 18-1ºD 15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA. No caso de que os envíos se realicen a través
dos intermediarios, deberán ser depositados, como derradeiro
prazo con 24 horas de antelación, ó peche do prazo
de admisión.
6 º - O xurado realizará
unha selección de todas as obras presentadas designando as
que han de figurar na(s) exposición(s). Entre estas obras
seleccionadas, o Xurado designará a obra gañadora
do PREMIO de 8.000€, unha segunda obra gañadora
do PREMIO DE 5.000€ e unha terceira obra gañadora
do PREMIO de 3.000€. Os premios nunca poderán
ser declarados desertos ni disminuida a sua cuantía.
7 º - Quedan reservados todos
os dereitos de reproducción sobre as obras gañadoras,
non tendo que abonar ós autores outra cantidade aparte que
a dotada cos premios.
8 º - O fallo do Xurado farase
público. Todos os participantes serán informados do
Fallo, recibindo da Organización unha copia da acta. Realizarase
unha primeira exposición das obras finalistas e outra(s)
posterior(es).
9 º - A entrega dos premios será
realizada pola entidade organizadora ós artistas premiados
ou a persoa que o represente.
10º - As obras non seleccionadas
poderán ser retiradas polos seus autores a partir do día
seguinte de facerse público o Fallo, e as admitidas, a partir
do día seguinte da clausura da derradeira da exposicions.Establecerase
unha data límite de prazo para retira-las obras (seleccionadas
ou non). Transcurrida esa data, as que non fosen retiradas, consideraranse
donadas polos seus autores á Sociedade Organizadora. As obras
recibidas a través de axencias, serán devoltas polo
mesmo medio, se así o indica expresamente o seu autor, con
gastos de envío ó seu cargo.
11 º - Para calquer aclaración
ou información adicional destas bases, dirixirse a
Oficina
Central: Rúa
de Betanzos, 18-1ºD 15700 Santiago de Compostela (A Coruña)/Oficina
Vilagarcia: Avda da Mariña, 82-1º 36600 Vilagarcia de Arousa (Pontevedra)Telf./Fax. 986
189 721 informacion@fundacionamigosdegalicia.org
12º - A entidade organizadora
reservase o dereito de realizar algunha modificación nas
presentes Bases que aporte un maior desenrolo do PREMIO, salvo a
diminución ou división do premio. Os concursantes
polo mero feito de selo, entendese que aceptan na sua totalidade
as presentes bases así como o Fallo do Xurado que será
inapelable.
|