FUNDACIÓN
Obxectivos
Actividades
Grelos de Ouro
CULTURA
Publicacións
Obras e artigos
Letras galegas
Festa Emigración
GASTRONOMIA
Gañadores
Xantar
AXUDA HUMANITARIA
Concellos
Inscripción
Colaboracións
Artigos
 

Premio de Relatos curtos e contos Daniel Hortas
BASES DO PREMIO

 

Premios

 

1. A Fundación Amigos de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria -Dirección Xeral de Política Lingüística -convoca o Premio de Relatos Curtos Daniel Hortas, para escolares, enviando as bases a perto de 3.000 colexios de toda Galicia, no convencemento que é un medio axeitado para fomentar o uso do galego entre as xeracións máis novas, sabendo que nelas está de xeito importante o porvir da literatura de Galicia, e a necesaria pervivencia da nosa língua.

2. Poderán participar todos os escolares galegos ata 18 anos, dentro de dous grupos.

3. Os contos serán de tema libre debendo teren, no 1º Grupo unha extensión mínima de cinco folios e de dez para o 2º Grupo, en ambos casos, deberán presentarse mecanografiados a dobre espacio e enviar duas copias.

4. Os contos serán enviados polo seu autor facendo indicar o seu nome, idade, curso e colexio no que estudian.

5. Establécense os seguintes premios:
GRUPO PRIMEIRO Contos escritos por nenos de ata 12 anos.
1º Premio 225euros, 2º Premio 120euros
GRUPO SEGUNDO Contos escritos por nenos entre 13 e 18 anos.
1º Premio 300euros, 2º Premio 150euros
* A cuantía será igual en cantidade en libros para os colexios.

6. O xurado estará formado por Luís G. Tosar, Xabier Rodríguez Barrio, Xosé Alonso e Antón Grande, actuando como secretario con voz pero sen voto Xesús Busto Peteiro. A sua decisión será inapelable


Para calquera dúbida, poñerse en contacto coa Fundación.

   
   
   
   
   
 
Oficina Central: Rúa de Betanzos, 18-1ºD
15700 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 576 034 Fax. 981 555 118
informacion@fundacionamigosdegalicia.org