FUNDACIÓN
Obxectivos
Actividades
Grelos de Ouro
CULTURA
Publicacións
Obras e artigos
Letras galegas
Festa Emigración
GASTRONOMIA
Gañadores
Xantar
AXUDA HUMANITARIA
Concellos
Inscripción
Colaboracións
Artigos
 

XI Premio de Poesía
Suso Vaamonde

 

Premios
Poesía

 

 
 
Falar de Suso Vaamonde é falar dunha personalidade trascendente na traxectoria máis recente da historia musical e social de Galicia, formando parte activa das persoas que loitaron coa súa voz e a súa protesta contra o réxime anterior e que servíu, co séu grao de area á construcción da Democracia e ao Estatuto de Autonomía que hoxe desfrutamos.

Naceu na localidade pontevedresa de Ponte Caldelas, no nadal de 1950. Foi un cantautor que iniciou a súa carreira musical formando parte do grupo Marco Balorento. Dous anos máis tarde intégrase en Voces Ceibes, realizando actuacións en Francia, Suiza, Portugal e resto de España.

En 1980 é condeado por inxurias, o que lle fai fuxir a Alemaña, Inglaterra e finalmente a Venezuela, en dónde se establece para regresar a Galicia no ano 1984, permanecendo en prisión 46 días ata que é indultado polo Goberno.

Ese mesmo ano, retoma con máis forza a súa carreira musical facendo actuacións e realizando programas de televisión. Suso Vaamonde conta cunha ampla producción discográfica, podendo destacar Cerca de mañana (1971), Nin rosmar un laído (1978), Os soños na gaiola ((1979), Celso Emilio Ferreiro na voz de Suso Vaamonde (1980), Lonxe y Miña nai (1981) Cantarolas (1984), Menceres (1986) .

Pola contribución de Suso Vaamome á música e á cultura de Galicia, a Fundación Amigos de Galicia, convoca estos premios de poesía co fin de honrar a obra e a traxectoria deste insigne Galego. Foi Ptrono fundador da Fundación.

   
   
   
 
Oficina Central: Rúa de Betanzos, 18-1ºD
15700 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 576 034 Fax. 981 555 118
informacion@fundacionamigosdegalicia.org