|
1-
A Fundación Amigos de Galicia
co patrocinio da Xunta de Galicia, Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Política
Lingüística, convoca o Premio de Poesía Suso
Vaamonde, no convencemento de que prestaremos unha axuda importante
ós poetas que comezan, pois así o demostra o éxito
que gañaron as anteriores edicións. Para fomentar
o uso do galego entre as xeracións máis novas, sabendo
que nelas está de xeito importante o porvír da literatura
de Galicia, e a necesaria da nosa língua.
2-
Establécese un único premio en língua galega
de 1000euros, para o gañador, así mesmo o xurado
poderá outorgar un máximo dun accésit sen dotación
económica.
3-
Poderán concorrer a el poetas ou escritores de calqueira
nacionalidade a condición de que presenten os seus traballos
en idioma galego e non teñan publicado ningún libro
de poesía.
4-
O tema será libre e cunha extensión mínima
de 600 versos (imprescindible).
5-
Os orixinais presentaranse por quintuplicado mecanografiados
a doble espacio, baixo plica e serán enviados
á Fundación Amigos de Galicia,
rúa de Betanzos, 18-1ºD - 15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA.
6-
Os traballos premiados serán propiedade dos seus respectivos
autores, agás a primeira edición que será publicada
pola Fundación Amigos de Galicia. En posteriores edicións
deberá de constar a súa condición de premio
Fundación Amigos de Galicia ou o accésit no seu caso.
7-
O xurado estará formado por Luís G. Tosar, Xabier
Rodriguez Barrio, Xosé Alonso e Antón Grande. A súa decisión será inapelable.
8-
Os orixinais premiados non serán devoltos ós seus
autores, nin a entidade organizadora manterá contacto con
eles.
9-
A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente
ó xurado que decidirá o premio. O feito de presentarse
a este premio supón a conformidade do concursante coas presentes
bases.
10-
Os premios deste certame entregaranse no acto que se celebrará
co gallo da entrega do Grelo de Ouro.
|