|
A
Fundación Amigos de Galicia
convoca en homenaxe a Lola Torres o Premio de Gastronomía
"Cociña Tradicional".
Poderánse presentar ó mesmo a través de Asociacións
de Hostalería e Empresariais todos aqueles restaurantes
que leven abertos un mínimo de 25 anos e destaquen na
cociña tradicional con esmerada atención ós
productos autóctonos da súa zona, carnes, pescados,
legumes, verduras, viños, etc...
Establécese un único premio consistente nunha
escultura valorada en 6106 euros, da que é autor Manuel Romero,
Doutor en Belas Artes pola Universidade de Kingston, Reino Unido.
O xurado estará composto por cinco restauradores galegos.
O premio non poderá ser declarado deserto e será fallado
coincidindo con "A Festa do Marisco de O Grove"
|