Os OBXECTIVOS PRINCIPAIS da Fundación Amigos de Familia son: 

 

  • Potenciar a cultura:

A promoción do idioma galego e un dos obxectivos da entidade: as súas letras, as súas artes e axudar a escritores, pintores, etc. Deste xeito a fundación, xa dende hai anos creou os Premios de poesía Suso Vaamonde, de pintura Premio Fundación Amigos de Galicia, e de relatos curtos e contos Daniel Hortas e asímesmo editou e promoveu diferentes publicacións en galego, así como “Escalonía de Merlos” de Faustino Rey Romero e “visto desde aldea (aquela xentiña eramos así)” de Maximo Viaño, que foron presentados pola Fundación en maio de 2006. Ademais cada ano, nun concello distinto (Caldas de Reis, Rábade, Melide, Vilagarcia, etc.), esta entidade celebra o Día da Letras Galegas, fancendo un percorrido a traves da vida e obra do autor homenaxeado. 

  • Axudar ós colectivos máis desfavorecidos:

A fundación adicase aos sectores máis necesitados da Nosa Terra; así axudamos a 3.000 anciáns, 900 nenos, xóves, mulleres maltratadas, fillos de prostitutas, centros de acollida, seropositivos, marxinados sociais, persoas con poucos ingresos, etc., proporcionándolles roupa, calzado, productos de hixiene, alimentos, electrodomésticos, etc. Colaboramos con diferentes entidades como Fundación San Rosendo, Caritas, Auxilia e Aspamite entre outras.

Así mesmo, organizamos excursións para o colectivo de persoas con discapacidades físicas e psíquicas para darlles a coñecer a xeografia galega.

  • Axuda ó emigrante:

Prestamos especial atención ós emigrantes necesitados, sobre todo en América. Doamos xa unha furgoneta-ambulancia ó Fogar Santovenia da Habana en Cuba e outra ó Hogar Español de Montevideo, 100 toneladas de alimentos diversos, 4 contenedores con medicamentos e artigos de hixiene persoal, cadeiras de rodas, roupa…. Ademais a principios do mes de septembro de 2007 enviaronse unhas 10.000 prendas de roupa ós damnificados polo terremoto que azotou Perú.

Así mesmo traballamos percura dun censo a través dos Consulados co obxectivo de facilitar axuda psicolóxica e humanitaria e asistencia social. Neste eido, unha das prioridades é a posta en marcha dun departamento de xestión e tramitación de documentos ante os organismos competentes (tramitación sanitaria, tramitación en residencias, etc.). 

  • Defender e potenciar a gastronomía e o turismo en Galicia:

Outro dos obxectivos da fundación e a promoción dos productos galegos e, en especial, a súa gastronomía. Instituimos o Premio de Gastronomía Tradicional Lola Torres, organizamos a Festa do Bacallao de Vilagarcía, a Xuntanza da Emigración en Portas, organizada pola Fundación en colaboración co Concello de Portas dende fai trece anos, e participamos na Feira da Gastronomía de Galicia que se celebra en Ourense baixo o nome de Xantar, ademáis de participar en eventos en Xixón na Semana do Cine Negro e en Málaga, Madrid e O Porto.

   
   
   
 
Oficina Central: Rúa de Betanzos, 18-1ºD
15700 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 576 034 Fax. 981 555 118
informacion@fundacionamigosdegalicia.org