ACTIVIDADES TURISTICAS

XANTAR
A Fundación Amigos de Galicia participa no Salón da Gastronomía e o Turismo de Galicia - Xantar, que se celebra no Recinto Feiral de Expourense. Este evento ademáis do caracter gastronómico destaca polas relacións económicas que se producen entre Galicia e comunidades como Asturias, Castela - León, e paises como Portugal.

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, cuxa XI edición se celebrou do 3-7 de marzo de 2010, contou un ano mais coa presenza e colaboración da Fundación Amigos de Galicia, que achegou ao recinto feiral todo o sabor de productos galegos para a súa degustación, en colaboración cos Concellos de Vilagarcía de Arousa e o Concello de A Baña.

ACTIVIDADES EN PORTUGAL
Portugal trátase do principal emisor de turistas estranxeiros a Galicia que, ademais, son os que maior desembolso económico realizan neste territorio. Esta Eurorrexión suma numerosos atractivos dirixidos ao visitante para o que a oferta gastronómica de calidade ou o patrimonio supoñen unha motivación importante e, ó mesmo tempo, non se pode esquecer que ámbolos dous territorios representan un mercado natural para o intercambio tanto de turistas como de productos agroalimentarios.
Por esta razón, a Fundación Amigos de Galicia estará presente, como cada ano, no Festival Nacional de Gastronomía de Santarém (Portugal), que en outubro- novembro de 2009 celebrou a súa 29ª edición, e que este ano terá lugar do 15 de outubro ao 1 de novembro de 2010, contando con Galicia como país convidado, representado polo Concello de Vilagarcía de Arousa.
Os festivais gastronómicos son a mellor forma de coñecer a cociña de cada rexión ou país. A cidade de Santarém pretende con esta festa da gastronomía portuguesa potenciar a actividade turística, unha moi boa maneira de atraer aos visitantes con momentos e experiencias que amosan as súas riquezas.
A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración con Xantar - Expourense, levará a cabo a organización dun evento cun stand adicado ao Concello de Vilagarcía de Arousa.
Está previsto un xantar para autoridades e xornalistas de Santarém, así como autoridades e persoas que se despracen dende Vilagarcía de Arousa, que será amenizado ao seu remate cun grupo folclórico do Concello Arousán.
O día adicado a Galicia, será o sábado 30 de outubro, que trancorrerá do seguinte xeito:
- 11.30 hrs. Recepción da Delegación Galega por parte das autoridades.
- 13.00 hrs. Presentación do Día de Galicia
- 13.15 hrs. Actuación do Grupo Folclórico "Os terribles de Arousa", de Vilagarcía.
- 14.00 hrs. Xantar das autoridades, medios de comunicación e representantes galegos.
- 19.00 hrs. Remate da xornada coa actuación de "Os terribles de Arousa".
De igual forma, o Congreso Internacional de Gastronomía de Vila Nova de Famaliçao (Portugal), contará coa presencia e colaboración da Fundación Amigos de Galicia. Neste Congreso, que xa vai pola súa VI edición, se xuntan algúns dos mais coñecidos especialistas ibéricos de gastronomía.

ACTIVIDADES EN ESPAÑA
Do mesmo xeito que a Fundación Amigos de Galicia está presente en numerosos certames gastronómicos, tanto na nosa comunidade como no país veciño, tamén participa e colabora ao longo do territorio español:
Semana Gastronómica e Cultural de Madrid.
A Feira que ten lugar xunto ao Estadio Santiago Bernabeu, permitiralles aos asistentes degustar o mellor marisco e outros productos típicos de Galicia. Esta feira adícase principalmente a potenciar a gastronomía e a cultura galega en Madrid.
Semana Gastronómica de Málaga
A programación segue a mesma liña dos festivais gastronómicos levados a cabo en Galicia e Portugal, degustación de productos típicos galegos, actuacións de grupos folclóricos galegos, etc. así como a promoción e difusión da cultura galega, a través de dípticos, revistas, vídeos...
Festa do Carme e Batalla Naval de Vallecas (Madrid)
Dende o ano 2003, Vilagarcía de Arousa mantén un irmandamento coa "Cofradía Marinera de Vallekas" co obxecto da "Batalla Naval" que se celebra en Vallecas no mes de xullo e a "Festa da Auga" que se celebra en Vilagarcía no mes de agosto.
Este ano celébrase a X remontada da Batalla Naval de Vallekas. Trasladarase a Madrid unha delegación de Vilagarcía de Arousa, patrocinados pola Fundación Amigos de Galicia, que aporta a esta viaxe camisetas, gorras, sombreiros, e irán acompañados dun grupo folclórico de Vilagarcía de Arousa.
