O crueceiro é un dos monumentos máis vinculados a Galicia dende o punto de vista artístico. A súa análise e valoración data no esencial despois do primeiro tercio do noso século, sendo Alfonso R. Castelao na súa importante obra “As cruces de pedra na Galiza” un dos primeiros pensadores que se dedicaron ó estudio destes monumentos tanto na súa xénese histórica coma na súa iconografía.
1º ORIXE – A súa orixe e posible que teñamos que buscala nos primeiros sécalos co cristianismo nos que se orixina unha cristianización de tódolos lugares e monumentos considerados pagáns. Esta cristianización levouse a cabo usando a cruz como símbolo básico. Por tanto a cristianización dos “miliarios romanos” remataría probablemente ó final do proceso no cruceiro. Este conxunto formado polo miliario e a cruz vai pasar o camiño de Santiago, onde se lle agregan grandes que eran usadas polos peregrinos para axenllarse e repousar. Deste xeito aparece a cruz dos peregrinos á que lle faltaba un elemento básico: o varal. A súa incorporación vai a ter como finalidade imitar as cruces procesionais.
Con relación á aparición dos cruceiros a proba máis obxectiva na actualidade remítenos a que é unha creación gótica ligada as nocións místicas que xorden do pensamento das ordes mendicantes, principalmente dos franciscanos que íana fomentar o seu desenrolo. Esta proba sería conrroborada polo pensador galego Filgueira Valverde que atopou nun documento do arquito da catedral de Lugo, datado no ano 1215, a referencia a un deles con motivo cunha venda que fixo Xoán Pelaez.
2º EXPANSIÓN- Dos cruceiros que se conservan na actualidade o que se coñece como máis antigo é o de Melide, do século XIV, Probablemente do século XV sexan os cruceiros do Home Santo de Bonaval (Santiago) o de S. Bartolomé o Vello (Pontevedra), o conxunto de Noia... De tódolos xeitos cando se vai a producir un amior auxe na súa difusión vai a ser na época barroca debido á devoción ás ánimas e á validez das indulgencias para redimir a pena.
3º ESTRUCTURA- Tódolos cruceiros posúen uns elementos comúns que adoitan amosar algunhas diferencias duns a outros.
3.1 A PLATAFORMA- Está composta de varias grades de mampostería ou sillares que amosa unha forma de pirámide cuadrangular truncada. Hai cruceiros que non posúen este elemento.
3.2 A BASE- Nalgúns cruceiros a base está formada por unha peza que amosa formas distintas: cúbica, cilíndrica. Neutros a base consta de dúas pezas: a inferior, que case sempre amosa unha forma cúbica e a superior de forma troncopiramidal. Con frecuencia leva gravada unha inscrición que sinala a data e o nome da persoa que fixo ou mandou edificar o cruceiro, a razón específica da súa construcción e as indulgencias que se outorgan a tódalas persoas que recen unha pregaria ante o cruceiro. Ás veces a parte superior da base adoita amosar algún motivo decorativo: relevos da paixón de Cristo, alusións á morte e ó pecado, etc..
3.3 O VARAL- Amosa dun xeito preferente dúas forma: a cilíndrica, lisa ou estriada, e a prismática, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas no resto. Hai varais que levan esculpidos en relevo diversos motivos: os instrumentos da paixón, Adán i Eva coa serpe, simbolizando o pecado original etc. Na parte superior do varal dalgúns cruceiros da Terra Chá aparece nas súas catro caras unha decoración geométrica, composta de rombos franqueados normalmente por catro roeles simétricos.
3.4 O CAPITEL- Amosa formas variadas, con predominio da troncopiramidal invertida. Asimismo presenta unha decoración a base de volutas, caveiras, anxos alados etc. Nalgúsn cruceiros da península do Barbanza, desde Rianxo a Noia, o capitel queda substituído por unha pequena capela que leva incorporada á Vires de Loreto, avogosa contra os ladróns e peratas que asolaban estas costas nos sécalos XVI e XVII.
3.5 A CRUZ- Mostra formas moi diferentes: nodosa, cilíndrica, florenzada etc. No anverso represéntase o Cristo crucificado, que amosa dun xeito preferente o pe dereito sobre o esquerdo e a cabeza inclinada sobre o lado dereito; ás veces vai acompañado na súa parte inferior da Virxe do Socorro, a Virxe co Neno, a Coroación, a Virxe das Dores que aparece coas espadas cravadas. O tema do desencravo é un motico moi pouco represntado agás os magníficoas cruceiros de Hío (Pontevedra) en Noia (A Coruña).
En Galicia tamén se construíu Calvarios que son agrupacións de tres cruceiros: mentres que no central están representadas as imaxes de Cristo e a Virxe, nos laterais non hai ningún tipo de iconografía.
Un aspecto importante dos cruceiros é o da súa policromía, que se foi perdendo co paso dos anos e que cada vez é menos frecuente.
4 CAUSAS DA CONSTRUCCIÓN DOS CRUCEIROS- Os cruceiros constrúyanse nos adros das igrexas, nas encrucilladas, nos camiñós..
Os que se encontran nos adros das igrexas tiñan e teñen como finalidade santificar ditos lugares. A esta santificación contribúen tamén as procesións que percorren o perímetro da igrexa e dan a volta ó redor do cruceiro.
Os que se sitúan en encrucilladas tiñan como función cristianizar uns lugares considerados como maléficos pola mentalidade popular, xa que nelas levábanse a cabo invocacións demoníacas.
Hai cruceiros que tiñan como finalidade sinalar a separación de límites parroquiais ou de dar a coñecer divsións de altura.
Por outra banda a partir da contareforma revalorizouse a existencia do Purgatorio así como o emprego de indulgencias para redimir a pena. Isto motivou que houbese persoas que por devoción ou cumprimento dunha promesa mandasen edificar cruceiros para obter en vida algúns méritos para o momento da morte.
Na actualidade os cruceiros aínda seguen conservando a función de santificar aqueles lugares onde se encontran, de separar límites parroquiais, de ser obxeto de devoción para un bo número de persoas que seguen reazando unha pregaria ó seu carón e finalmente lugar de parada para os enterros.
|