AUXILIA-LUGO

¿Quen somos?

Auxilia, no eido internacional, naceu en Francia no ano 1926. Foi fundada por Marguerite Rivard, unha enferma hospitalizada afectada de tuberculose ósea. Entendeu que os enfermos tiñan dereito a formarse e a estudar e organizou os cursos por correspondencia de Auxilia. En 1935, empezou en Bélxica; en 1950, en Italia; en 1952, en España e en 1984, en Suíza. En Lugo, fúndase no ano 1972. O seu campo de actuación abrangue 32 concellos do centro da provincia; concretamente, As Nogais, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Becerreá, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Chantada, Friol, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Navia de Suarna, Nogueira de Muñiz, O Corgo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, Páramo, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Riotorto, Samos, Sarria, Taboada e Triacastela.

Trátase dunha asociación sen fins lucrativos non adscrita a ningunha tendencia política nin confesional:

Recoñecida polo Ministerio do Interior (14-6-71) e rexistrada co n.º 10.322.

  • Inscrita co n.º 126 no rexistro do Imserso.
  • Colaboradora do Ministerio de Educación e Ciencia na promoción cultural de adultos (1971).
  • Membro de Cocemfe e da federación ECOM.
  • Membro da Cogami.

¿Por que actuamos?

  Auxilia fundaméntase no voluntariado. Cre na igualdade entre as persoas por riba de calquera diferenza, respecta e defende a normativa legal vixente dentro do marco da constitución, apoia as iniciativas públicas e privadas que se realizan a favor dos menos favorecidos e aspira a un mundo onde se respecten os dereitos humanos.

Auxilia “é unha aposta de solidariedade e xustiza, que loita pola promoción cultural e social dos diminuídos físicos para a súa integración na sociedade”.

A miúdo, ter unha discapacidade é causa de marxinación social, porque supón:

  Unha dificultade para desprazarse pola cidade e acceder aos edificios con barreiras arquitectónicas e urbanísticas.

  • Carencias educativas e formativas por non dispoñer dos recursos profesionais axeitados.
  • Maior nivel de desemprego, motivado en moitas ocasións polas dúas razóns anteriores.
  • Escasa participación na sociedade, cun papel pasivo tanto no aspecto lúdico coma no civil.

Dende Auxilia-Lugo loitamos pola igualdade de oportunidades dos discapacitados físicos e por mellorar a súa calidade de vida.

  1. ¿Que facemos?

  O persoal voluntario de Auxilia-Lugo está distribuído en dúas comisións de traballo:

  A Comisión de Educación: a s actividades deste grupo, dirixidas ao sector educativo —alumnos, profesores e pais— céntrase na mentalización. Anualmente, desenvólvese un certame de cómics dirixido a escolares de toda a provincia, baixo un lema relacionado coa discapacidade e o voluntariado. A Comisión de Barreiras: leva a cabo unha tarefa reivindicativa en canto á eliminación de barreiras arquitectónicas, urbanísticas e de transporte. Este ano 2005 destacamos o proxecto “Aquí movémonos tod@s”, que ten o obxectivo de realizar un estudo da accesibilidade dos locais de uso público de Lugo (establecementos comerciais, de hostalería, bancarios…). Na actualidade, estamos realizando os seguintes programas específicos:

*A Oficina do Discapacitado Físico , que lles ofrece de forma centralizada aos membros deste colectivo e ás súas familias un servizo de información e asesoramento nos aspectos relacionados coa súa problemática.

* Prestacións e recursos sociais.

* Prestacións e recursos sanitarios.

*Orientación formativo-laboral.

*Actividades de tempo libre e ocio.

* Formación Integral do Discapacitado, coa finalidade de traballar nos diferentes aspectos que compoñen a persoa: educativo-formativo, social, saúde e lúdico.

Tamén realizamos a ctividades xerais, como a sambleas locais, convivencias e xuntanzas de socios. E queremos facer mención ás nosas saídas recreativo-culturais e a que, dende o ano 2003, contamos coa colaboración da Fundación Amigos de Galicia, O Grelo, entre outras entidades e organismos.

 
 
   
 
 
 
   
   
   
 
Oficina Central: Rúa de Betanzos, 18-1ºD
15700 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 576 034 Fax. 981 555 118
informacion@fundacionamigosdegalicia.org