Falando do Grelo

Pedro Pullalto, 1994

Un dos fins da Sociedade Cultural e Gastronómica é prestarlles apoio ós emigrantes.

Mentres na Semana Santa unha onda de calor se enseñoraba de case toda Galicia e ardían os montes e as praias estaban ateigadas, algúns probamos do fresco vendo do norte e da paz no esmeráldico val de Mondoñedo.

Alí no mirador que rexen Xesús Lombardía e señora, atopamos e coñecemos a Xesús Busto Peteiro, presidente da Sociedade Cultural de Gastronómica O Grelo – Amigos de Galicia, quen descansaba uns días en envexable compañía da voráxine das estradas galegas quje percorre incansable, xornada tras xornada, e que proclama orgulloso coñecer coma poucos.

Conformtablemente instalados no parador, dominando dende a altura a vela vila posuidora de sabedoras e feiticeiros arcanos, ou paseando as súas rías e tabernas. Xesús Busto foi transmitíndonos a súa humanidade e as interioridades de O Grelo.

A xente non colabora

Xesús Busto naceu hai 38 anos no concello coruñés de Toques, preto de Melide, que é, xunto co lucense de Negueira de Muñiz, o máis pobre de Galicia. Tivo negocios en Bueu, Cangas, Marín, Pontedeume e Lugo, onde agora reside. O seu oficio actual é de maiorista de xoiería e reloxería e , en calidade de tal, viaxa constantemente por Galicia.

Durante dous anos foi emigrante en Bilbao e Eibar, e alí era o único galego embro da sociedade gastronómica Da Peña De volta a Galicia, e instalou en Lugo, no ano 87 tivo a idea de fundar unha socedade gastronómica a imaxe e semellanza das bascas e fundou O Grelo, que viu a luz o 17 de maio, día das Letras Galegas.

Ó principio constaba de 16 socioos pero a idea de reproducir un txoko non funcionou como estaba previsto.

Sobre as razóns, díxonos Xesús: “Non funcionou porque aquí a xente non colabora, deime conta que primeiro había que educar a xente para iso. Na primeira cea que fixemos fun eu buscar as distintas clases de marisco Ó Grove, a Arcade e a Poio, e logo aínda tiven que preparalo e facer todo”.

Máis triunfou a perseverancia e a pequena sociedade gastronómica lucencse estendeuse a toda Galicia, ampliando o aspecto culinario á cultura en xeral e contando xa na actualidade con 246 socios de todas clases e condicións dos que moitos son conspicuos membros dos diversos estamentos da nosa sociedade.

Así, o larpeiro de honra da sociedade é Maneul Fraga “polo apoio que nos dá”, sinala Xesús Busto, mentres se apresura a matizar “O artigo 26 dos nosos estatutos estipula que a nosa sociedade non pode participar en actos políticos. É plural e temos membros de tódolos partidos. O noso sistema de funcionamento é de asemblea e os nosos obxectivos son promocionar e loitar pola cultura galega e pola gastronomía como unha forma desa cultura”.

A asemblea é quen ten a última palabra, é a que ten que pronunciarse proximamente pola trasformación da sociedade en fundación e acometer xa ambiciosos planos como a compra e rehabilitación dunha auténtica casona galega, na que instalar un museo etnográfico provisto de biblioteca e que opere como centro de estudos vivo e non se quede nun museo segundo costume.

Outros proxectos son os de editar unha revista, prestarlles apoio activo ós nosos emigrantes mandándolles o que necesiten e, incluso, xetionándolles papeis e documentos que moitos teñen dificultade en obter.

Envíos humanitarios

No socorro dos nosos emigrantes xa se estrou O Grelo. No pasado febreiro, enviaron a Cuba 30 toneladas de alimentos e artigos de primeira necesidade, distibuíndo-llos directamente ós galegos que aínda alí quedan “todos moi necesitados” coméntanos o noso amigo mentres transloce a tristeza que lle ocasionou ver in situ a situación na que está a xente na illa.

Tamén teñen socorrido ós nosos paisanos de Arxentina e Chile, onde bo número deles pasan grandes estreitezas, e prepárase agora outra expedición á Habana consistente en cincuenta mil litros de aceite, cinco mil camisetas, sabas e conservas que se pensa poderá recaudar nunha gala que terá lugar en Lugo do 16 ó 17 de maio e na que actuarán A Roda, Suso Vaamonde e outros artistas, incluso uns sketchs humorísticos a cargo do xornalista Diego Bernal, quen tentará ese día de lle facer competencia ó seu irmán Farruco.

Vocación cultural

A vocación cultural de O Grelo faise cada día máis patente. Agora mesmo está convocado o Certame de Pintura Nelson Zumel, que terá carácter anual e que está dotado con un millón de pesetas que achega o veterano pintor e coleccionista ourensán que lle dá nome ó premio.

Tamén este ano se vai levar a cabo a segunda edición do premio de poesía O Grelo, dotado con medio millón de pesetas e a edición do libro, que se concederá en Guitiriz o Día das Letras Galegas. De poesía organizouse un recital no compostelán convento de San Domingos de Bonaval.

En preparación está un libro, Rutas Gastronómicas de Galicia , escrito por coñecidos socios de O Grelo, Diego Bernal, Guillermo Campos ou Xabier Rodriguez Barrios.

Nesta liña promocional da nosa gastronomía están a saír uns postres que recollen as máis significativas festas gastronómicas galegas e que se pensan distribuir tamén na próxima edición de FITUR, en Madrid.

Para non equecer o aspecto máis puramente culinario, o proxecto inmediato do Grelo é a representación dun gran banqueto ó estilo dos que se facían no pasado, e que tamén como referente un realizado por Pepe Alvite e Xosé María Castroviejo en Santiago e que constou de 11 pratos. Este banquete escenifíacase no Balneario de Paco Feixoo en Vilagarcía, e razón de escoller ese lugar estriba segundo Xesús “en que así xa poderá quedar a durmir alí o que queira”.

Á vista do poderío do menú, a idea é máis que axeitada.

Outras cousas que fai O Grelo son colaborar con outras sociedades e asociacións semellantes cando é requerida, e neste eido a relación é ampla. Tamén outorgar cada ano os xa populares Grelos de Ouro, que recaeron dende a súa fundación nas seguintes persoeiros;

Carlos Folgueira (Rei das Tartas), Camilo José Cela, a Condesa de Fenosa, o cronista oficial de Lugo, Trapero Pardo, monseñor Araúxo, Moncho Borrajo e o Centro Galego de Bos Aires.

Como pode verse, O Grelo e a súa alma mater, Suso Busto, son activos onde os haxa.

Que nos contaxien un pouco.

Pedro Pullalto, 1994

 
 
 
   
   
   
 
Oficina Central: Rúa de Betanzos, 18-1ºD
15700 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 576 034 Fax. 981 555 118
informacion@fundacionamigosdegalicia.org