Con retrinca e sen ela

El Progreso

Xa hai uns anos que escoitara falar da Sociedade Cultural “O Grelo”, pero á verdade non me interesara moito por ela, aínda que esa falta de interese tampouco respondía a menosprezo , senón a limitación da capacidade para interesarse por todo aquello que paga a pena e tamén quizabes, a que nunca na miña casa deron conseguido que me gustasen os grelos como ó resto da xente.

Aínda por riba, esta Sociedade tén como un dos seus fins primordiais a gastronomía e nese campo, o mesmo ca en moitos máis, son un complexo analfabeto; pois desde hai xa ben anos sinto máis gusto polo “con quen como” ca polo que como.

Ben sei que só se pode facer eta afirmación cando a un non lle falta que comer, e, en cambio, que a está pasando estreita, forzosamente tén que preocuparse polo que come e por se poderá comer ó día seguinte.

Pois ben, nestes últimos tempos, comecei a prestarlle máis atención á Sociedade de que estou a falar, porque está levando a cabo unha campaña moi bonita e sobre todo humanitaria de cara a que non lles falte que comer a moitos dos nosos paisanos galegos que no seu día emigraron a Arxentina ou a Cuba, forzados pola necesdidade e que agora, xa vellos, viven en tanta ou máis necesidade ca que os obrigou a emigrar.

É fermoso comprobar como unha Sociedade que se preocupa por que poidamos comer mellor e máis variado os que temos posibilidades de variar, non deixa de preocuparse ó mesmo tempo opor aqueles para os que a variación estaría en saber certo que non lles faltará mañá o pan de cada día.

Cantos nos animemos a cooperar nesta campaña poderemos sentir a satisfacción de saber que, cando os de máis aló do océano coman algo do que lles mandamos desde o lado de máis acó, estarán comendo con nos e deste xeito tamén estrarán en xogo o gusto do “con quen se come”.

Para ir aterrizando no práctico, direi que a campaña está aberta en principio ata setembro e que hai tres formas de poder colaborar, que non se exclúen entre sí. Son estas:
Ofrecendo aceite, carne en conserva e outros alimentos que poidan durar, ou artículos de aseo persoal, como xabón, pasta e cepillos de dentes, etc...quen son as cousas que máis piden.

Dando diñeiro para poder mercar calqueira destas cousas e enviarlleslas.

Facendo chegar á Sociedade “O Grelo” os nomes e paradeiro, (sempre que se coñeza), deses emigrados para poderlles mandar aviso de que vaian recoller ós Centros Galegos respectivos o que se lles mande, xa que os paquetes irán a nome dos destinatarios a fin de evitar “extravíos”.

Para concretar calqueira das formas de cooperación pódese chamar ás emisoras de Radio Principal de Vilalba e de Monforte, ou ó Xerente da Sociedade .

Ánimo pois, e ¡bo proveito polo que se come e polo “con quen se come”!.

Con retrinca e sen ela

Xosé Manuel Carballo., El Progreso.

 

 
 
 
   
   
   
 
Oficina Central: Rúa de Betanzos, 18-1ºD
15700 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 576 034 Fax. 981 555 118
informacion@fundacionamigosdegalicia.org