A Fundación Amigos de Galicia entregará unha nova furgoneta a un asilo de Cuba

El Progreso

As monxas do asilo de Lugo recibiron de forma simbólica, unha furgoneta-ambulancia que se enviará a un centro da Terceira Idade de a Habana. O vehículo foi donado polos concellos de Monforte e Viveiro e pola Asociación O Grelo, en colaboración co concesionario Peugeot-Martínez.
A Furgoneta, marca Peugeot J5 e con un valor de 1.250.000 pesetas, será enviada a un asilo atendido polas monxas da Orde das Hermanitas dos Pobres, a mesma que rexenta o Asilo de Lugo. Neste Centro da Terceira Idade de Cuba viven 300 galegos e 200 cubanos. A asociación " O Grelo" fará chegar a ambulancia a Cuba en outubro con outras axudas.

 
 
Entrega de furgoneta para o asilo Santo Venia (A Habana, Cuba)
 
 
 
   
   
   
 
Oficina Central: Rúa de Betanzos, 18-1ºD
15700 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 576 034 Fax. 981 555 118
informacion@fundacionamigosdegalicia.org