A Fundación Amigos de Galicia presta especial atención á axuda na Nosa Terra a todos aqueles colectivos que precisen dunha axuda, mulleres maltratadas, prostitutas, seropositivos, persoas con poucos ingresos, marxinados,....

Nestos momentos a Fundación presta axuda a 3000 anciáns de toda Galicia, os que se lles suministra roupa, calzado, productos de hixiene e en colaboración coa Fundación San Rosendo internáronse a algúns en residencias. De igual modo, atendemos a 841 nenos, xóvenes, mulleres maltratadas, fillos de prostitutas, así como a centros de acollida, proporcionándolles roupa e outros artigos de primeira necesidade. Aos nenos polo día de Reises entréganselle xoguetes para conquerir o sono de que "ningún neno quede sen xoguetes no Día de Reises".

Por outro lado traballamos con Asociacións de Discapacitados físicos e psíquicos como Auxilia e Aspamite, brindándolles diferentes tipos de axuda e convidandos un día a un esparcimentos por praias ou en montañas da Nosa Terra.

 

 

Entrega de axuda humanitaria na Comarca do Salnés
   

 

 

 

Membros da Asociación de discapacitados de Lugo Auxilia nunha excursión pola Ría de Arousa, patrocinada pola Fundación Amigos de Galicia.

   

 

 

 

Casa de Acollida coa que colabora a Fundación

 

 

 

 

 

Un dos centros de cáritas cos que colabora a Fundaión Amigos de Galicia.

 
 

Toda esta labor non lle é indiferente a Galicia e é así como as páxinas dos xornais galegos énchense con novas e artigos que fan referencia ó traballo que a Fundación leva a cabo.

Historias dunha prostituta

Desde la carcel de Teixeiro (A Coruña)

Con retrinca e sen ela

Falando do Grelo. (1994)

A Fundación Amigos de Galicia, labor plausible.

 

 
   
   
 
Oficina Central: Rúa de Betanzos, 18-1ºD
15700 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 576 034 Fax. 981 555 118
informacion@fundacionamigosdegalicia.org