Actividades

Axudar aos colectivos mais desfavorecidos

A Fundación adícase aos sectores mais necesitados da Nosa Terra: así axudamos, segundo a ultima actualización feita a finais do 2011, a 18.727 persoas, das cales 10.715 son nenos e mozos, entre as que se atopan persoas que se atopan en risco ou en situación de exclusión social, familias con poucos ingresos, anciáns, moz@s, mulleres maltratadas...proporcionándolles alimentos básicos non perecedoiros fundamentalmente, roupa, calzado, productos de hixiene, electrodomésticos, etc. Colaboramos con diferentes entidades como Fundación San Rosendo, Cáritas, Auxilia e Aspamite, Cruz Vermella, Banco de alimentos, entre outras.

 

Potenciar a cultura

A promoción do idioma galego é un dos obxectivos da entidade: as súas letras, as súas artes e axudar a escritores e pintores noveis, etc...Deste xeito a fundación, xa dende hai anos creou o Premio de poesía "O Grelo", anteriormente "Suso Vaamonde", o Premio de Relatos Curtos e Contos "Xaquina Trillo", denominado anteriormente "Daniel Hortas", e o Premio de Pintura "Fundación Amigos de Galicia". Asimesmo, editou e promoveu diferentes publicacións en Galego, como "Escolanía de Merlos" de Faustino Rey Romero e "Visto desde aldea (aquela xentiña eramos así) de Maximino Viaño, que foron presentados pola fundación en maio de 2006.

Ademais, cada ano esta entidade celebra o Día das Letras Galegas, facendo un percorrido a través da vida e obra do autor homenaxeado.

 

Defender e potenciar o turismo e a gastronomía en Galicia:

Outro dos obxectivos da fundación é a promoción dos productos galegos e, en especial, a súa gastronomía. Instituímos o Premio de Gastronomía Tradicional "Lola Torres", organizamos a Xuntanza da Emigración e o O Galo do Corral, en colaboración co Concello de Portas dende fai trece anos, e participamos na Feira de Gastronomía de Galicia que se celebra en Ourense baixo o nome de "Xantar". Ademais promocionamos a Nosa Terra fóra do territorio galego, así participamos no Día de Galicia no Festival Gastronómico de Santarem en Lisboa, no Festival Gastronómico de Vilanova de Famaliçao en Portugal, e na Semana Gastronómica de Málaga, a través da degustación de productos galegos, dípticos promocionais de Galicia, etc...

No que respecta á promoción cultural de Galicia dende a fundación, participamos na Semana Cultural do Camiño de Santiago xunto coa Orde do Camiño de Santiago, e fóra de España, promocionamos o Camiño de Santiago en Angola, onde se vai a construír unha Escola que levará o nome da capital galega, "Santiago".


Axuda ao emigrante:

Prestamos especial atención aos emigrantes necesitados, sobre todo en América. Doamos xa unha furgoneta - ambulancia ó Fogar Santovenia da Habana en Cuba e outra ao Fogar Español de Montevideo, 100 toneladas de alimentos diversos, 4 contenedores con medicamentos e artigos de hixiene persoal, roupa, cadeiras de rodas... Ademais, a principios do mes de setembro de 2007 enviáronse unhas 10.000 prendas de roupa aos damnificados polo terremoto que Azoutou Perú, actividade que se segue levando a cabo ano tras ano.