A salazón na ría de Arousa

 

A relación e ata certo punto dependencia da Comarca de Arousa coa salazón remóntase ó ano 1770, cando unha serie de familias catalanas instalaron as súas fábricas na zona de Vilagarcía de Arousa.

A gran cantidade de sardiña que se pescaba por aquel entón xunto cunha man de obra realmente entendida e económica, fixeron que unha soa familia Curt e Fidel Martí dispuxeran de 20 fábricas de salazón, situadas todas elas en Vilagarcía e nos lugares de Castelete, Preguntoiro, Pumariño, Torás e Tombo (en Vilaxoán).

Por estas datas, dende o porto de Vilaxoán, exportábase ós mercados da península o 80% das sardiñas saladas da Ría de Arousa, e por elo, a dependencia socio-económica da comarca forzosamente estaba ligada a tal actividade.

Múltiples circunstancias, pero a primeira e principal, o cambio que se produxo nas artes mariñeiras, co afán de pescar mais, e a sobreexplotación dos bancos de sardiña, produciron unha falla de materia prima para as fábricas polo que, pouco a pouco foron pechando, e a salazón de sardiña foi quedando como un producto residual na zona, máxime cando se crearon outro tipo de industrias como as fábricas de conservas, que xa non dependían exclusivamente da sardiña.

Desta actividade salazoneira quedaron como heredeiros os secadeiros de bacallao, hoxe en día o sector máis representativo na salazón de pescados.

Os anos pasaron pero o bacallao salado Como Deus manda non cambiou a técnica. É a que se utiliza a bordo da frota bacaladeira española, o mesmo sistema que fai 200 anos empregaban os nosos ancestros: bacallao e sal (antes sardiña e sal)

Vilagarcía por todo o exposto, débelle unha homenaxe A SALAZÓN, e xa que non pode facelo á sardiña por ter desaparecido como actividade industrial na zona, faino ó seu curmán, heredeiro universal, o BACALLAO que lle toma o relevo.



 

Vilagarcía de Arousa

 

 

Vilagarcía de Arousa. Algo de historia

 

 

Imaxes

 

 

A Salazón na ría de Arousa

 

   
   
 
Oficina Central: Rúa de Betanzos, 18-1ºD
15700 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 576 034 Fax. 981 555 118
informacion@fundacionamigosdegalicia.org