Emprego Galicia

A Fundación Amigos de Galicia conta co Servizo de Orientación Laboral a través da Axencia de Colocación aprobada pola Xunta de Galicia, co número de Expediente 2012/017 e número de Identificación 1200000013, en colaboración cos Servizos Sociais e Orientación Laboral dos concellos e da Xunta de Galicia. Realiza accións de información, orientación e procura de emprego, articuladas en itinerarios personalizados de inserción e focalizadas a aquelas persoas en situación de carencia económica, dispoñendo dunha Bolsa de Demandantes de emprego na cal se engloban diferentes perfiles profesionais.

Atencións 2019: 4.596
Insercións 2019: 416

Os obxectivos do Servizo de Orientación da Entidade baséase principalmente en: 
  • Actualizar os CV de cada demandante.
  • Optimizar a oferta formativa existente.
  • Compatibilizar a demanda da persoa coa oferta existente.
  • Ofrecer un sistema de información que permita coñecer as capacidades das usuarias/os relacionadas co seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.

Co Servizo de información e procura de emprego a persoa usuaria recibe:
  • Asesoramento en técnicas de procura de emprego.
  • Información sobre formación ocupacional, formación continua, formación regulada e formación complementaria privada.
  • Información sobre a situación do mercado laboral e sobre empresas de distintos sectores.
  • Información sobre directorios de empresas.
  • Asesoramento sobre distintas ofertas de traballo e anuncios de ofertas.
  • Captación e tratamento de ofertas de emprego.

Para acadar estes obxectivos o persoal técnico de orientación dirixe o seu esforzo a optimizar os recursos existentes para a procura de emprego, así como tamén á elaboración dun Boletín Semanal de Ofertas de Emprego privado. 

O fin último é actuar coma prospector de empresas e intermediación laboral, é dicir, coñecer as demandas de emprego de que dispoñen as empresa, e facerlles chegar candidatos/as e/ou currículos vitae acordes coas ofertas que precise a través da bolsa de traballadores/as. 

 
Para máis información, póñase en contacto con nós en horario de 9:00 a 14:00 h. a través do correo electrónico: orientacion@fundacionamigosdegalicia.org
Share by: