OS PREMIOS XAQUINA TRILLO RECAEN EN MOZOS DE A ESTRADA E LUGO NA SÚA XI EDICIÓN
Diario de Arousa, Martes 18 de maio de 2010
RECOÑECEMENTO AOS MOZOS QUE MELLOR ESCRIBEN EN GALEGO
La Voz de Galicia, Martes 18 de maio de 2010
FALLO DO XI PREMIO DE RELATOS CURTOS E CONTOS "XAQUINA TRILLO"
Vilagarcía de Arousa, 14 de maio de 2010
Reunido o xurado do XI Premio de Relatos Curtos e Contos "Xaquina Trillo", convocado pola Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, acordou conceder os seguintes premios:
CATEGORÍA A:
1º Premio: " A Moeda Encantada"
Autor: David Souto Veiga
Curso: 5º Primaria
Colexio: CPI Luis Díaz Moreno de Baralla (Lugo)
2º Premio: " O meu xoguete e mais eu"
Autora: Esther Álvarez Álvarez
Curso: 1º ESO
Colexio: IES Eduardo Blanco Amor de Ourense
3º Premio: " O Libro invisible"
Autora: Tamara Corral Valcárcel
Colexio: CPI Luis Díaz Moreno de Baralla (Lugo)
CATEGORÍA B
1º Premio: "Renacer da Eternidade"
Autora: María Laura Carrillo Neira
Instituto: IES Manuel García Barros de A Estrada (Pontevedra)
2º Premio: "O Gardián e o Fuxido"
Autor: Adrián Pérez Bote
Idades: 18 anos
Instituto: IES Politécnico de Vigo (Pontevedra)
3º Premio: "A Cousa"
Autores: Alumnos 3 PDC
Instituto: IES Nº 1 de A Estrada (Pontevedra)
Os premios serán entregados nun acto a celebrar o Luns, 17 de maio, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, ás 12.30 hrs., que contará coa presencia do Tenente
Alcalde e Concelleiro de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, Xosé Castro Ratón, e o Presidente da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto Peteiro, así como unha ampla
representación do Padroado da Fundación Amigos de Galicia.
PREMIO DE RELATOS CURTOS E CONTOS "XAQUINA TRILLO"
XI PREMIO DE RELATOS CURTOS E CONTOS "XAQUINA TRILLO"
Está destinado a fomentar a escritura e lectura en galego entre @s moz@s. Convócase entre estudiantes de ata dezaoito anos dos Institutos de Ensinanza
Secundaria e os Centros de Ensinanza Infantil e Primaria. Establecéndose dúas categorías por idades.
O fallo do premio correspóndelle ao Xurado, composto por intelectuais galegos de recoñecido prestixio e farase público o Día das Letras Galegas en Vilagarcía de Arousa.
ÁMBITO TERRITORIAL: Galicia
NÚMERO DE BENEFICIAROS: 125.357 alumnos de ESO E BACHARELATO/ 191.565 alumnos de Infantil e Primaria.
CALENDARIO: Dende o 01/01/2010 ata o 30/04/2010 (DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS) FALLO XURADO: 13/05/2010.
BASES DO CERTAME:
A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o XI Premio de Relatos Curtos e Contos "Xaquina Trillo" para escolares, co dobre obxectivo de fomentar a creación literaria entre os nenos e mozos, e o uso do galego.
Poderán participar todos os escolares galegos ata 18 anos, dentro de dúas categorías (categoría A, ata 12 anos, e categoría B, entre 13 e 18 anos).
Os contos serán de tema libre, debendo ter na Categoría A unha extensión mínima de cinco folios, e de dez na Categoría B. En ámbolos dous casos, deberán presentarse dúas copias mecanografadas, a
dobre espazo.
Os contos serán enviados polo seu autor ou polo Colexio/Instituto no que estude.
Establécense os seguintes premios:
CATEGORÍA A*: contos escritos por nenos de ata 12 anos.
1º Premio 200€ e 20 libros
2º Premio 150€ e 20 libros
3º Premio 100€ e 20 libros
4º Premio 75€ e 20 libros
CATEGORÍA B*: contos escritos por nenos de entre 13 e 18 anos.
1º Premio 200€ e 20 libros
2º Premio 150€ e 20 libros
3º Premio 100€ e 20 libros
4º Premio 75€ e 20 libros
*A contía será equivalente en libros premiados para os centros de ensino.
O Xurado estará formado por Luís G. Tosar, Xosé Alonso e Antón Grande, actuando como Secretario con voz pero sen voto, Jesús Busto Peteiro. A súa decisión será inapelable e terá lugar o 13 de maio de
2010, no Concello de Vilagarcía de Arousa.
O lugar de presentación é a sede da Fundación Amigos de Galicia en Rúa Fontecarmoa, nº 63 -baixo, 36600 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), ou por correo electrónico:
informacion@fundacionamigosdegalicia.org, e a data límite de presentación será o 30 de abril de 2010.
Os contos premiados serán publicados nun único libro. Os traballos na súa primeira edición serán propiedade da Fundación Amigos de Galicia.
A presentación a este Concurso supón a aceptación destas BASES, decidindo o Xurado sobre calquera eventualidade non prevista nelas.
Os premios deste certame entregaranse no acto que se celebrará co gallo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2010, a celebrar en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Na edición 2009, resultaron gañadores os seguintes relatos curtos e contos:
CATEGORÍA A:
1º Premio: " Os Catro Papiros"
Autor: Javier Rivas Rodríguez
Idade: 12 anos
Colexio: Valle Inclán de Ferrol (A Coruña)
Nun primeiro momento o xurado pensou que un rapaz de 12 anos non podía escribir un relato así, pero postos en contacto co xefe de estudios e os seus pais, confirmaron que era o autor.
É un relato sobre a vida na Roma Imperial, moi ben narrado, en 58 páxinas, cunha descrición tanto das cidades, a súa forma de vida e de personaxes históricos como Xulio César e Pompeyo, onde está
presente o Códice de Cheo "Xeneoloxía Romana na República", unha descrición copiada cuns debuxos propios, sen dúbida, unha obra extraordinaria para un rapaz de 12 anos.
2º Premio: " Diario de Cristina"
Autora: Iria Esperón Abril
Idade: 12 anos
Colexio: CEIP de Baño-Xanza de Valga (Pontevedra)
O relato conta a vida diaria dunha nena, a súa relación co entorno, onde aparecen a súa familia e os persoeiros cos que se relaciona.
CATEGORÍA B
1º Premio: "Teño Medo"
Autoras: Alumnas de 3º ESO
Idades: Entre 13-14 anos
Instituto: IES de A Estrada (Pontevedra)
É un relato moi ben estructurado, onde se nota a man da súa profesora, onde está presente o medio onde viven, a relación coa morte e os medos duns rapaces adolescentes.
2º Premio: "Un corte profundo"
Autoras: Fátima Coto Domínguez
Gloria López Lorenzo
Idades: 16 anos
Instituto: IES de A Estrada (Pontevedra)
Un relato onde están presentes os sentimentos trala morte nun accidente de tráfico. Está narrado coma un diario, por unha rapaza. Está presente a amizade na adolescencia, e despois da morte da
súa amiga no accidente, acaba buscando a súa propia para un posible reencontro.
3º Premio: "Bagullas de Mel"
Autora: Laura Castro Lorenzo
Idade: 15 anos
Instituto: CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (A Coruña)
É un relato de misterio cunha narración meticulosa do medio no que vive e os medos dunha adolescente provocada pola violencia de xénero, que remata cun berro: << ¡ Puta voute matar
!>>. Por desgracia, a expresión desta lacra social de hoxe en día.
