A OBRA "FÓRA DO MURO", DE ELADIO MEDEL, GAÑA O XVI PREMIO DE POESÍA "O GRELO"
Diario de Arousa, Sábado 15 de mayo de 2010
O xurado da XVI edición do Premio de Poesía "O Grelo" que convoca a Fundación Amigos de Galicia coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa
acordou conceder o galardón deste ano ao escritor ourensán Eladio Medel Iglesias pola súa obra "Fóra do muro".
O xurado subliñou a súa decisión en que
"a obra destaca por usar un galego depurado, sendo para o autor a búsqueda do mar unha constante, onde están presentes o mundo da Grecia antiga, achegándose a través da auga a un océano inmenso, coa
presenza do amor".
O premio, que anualmente se convoca para autores noveis sen obra publicada, ten unha dotación económica de mil euros. O gañador recibirá ademais cen libros da edición de dous
mil exemplares que se realizará da obra premiada.
Tanto dende a Fundación Amigos de Galicia como dende o Concello de Vilagarcía de Arousa destacouse a relevancia que está a acadar este galardón, capaz ademais de espertar vocacións literarias.
De feito, varios dos gañadores deste prestixioso premio nas edicións anteriores do galardón son hoxe xa un referente nas letras galegas, como pode ser o caso de Marta
Dacosta, Anxo Angueira, Modesto Fraga ou mesmo a gañadora da última edición, Andrea Porto, quen recentemente ven de recibir o premio Avelina Valladares, na Estrada.
"Encontro coas Letras"> Coincidindo co fallo do Premio de Poesía "O Grelo" e coa celebración do Día das Letras Galegas, a Fundación Amigos de Galicia e o
Concello de Vilagarcía presentaron onte a publicación do libro "Encontro coas Letras".
A obra recolle unha escolma de poemas de Uxío Novoneyra, Manuel Curros Enríquez, Manuel María e Celso Emilio Ferreiro, catro das mais importantes voces poéticas de Galicia ao
longo da súa historia.
Como se sinala no limiar da publicación estes catro autores teñen en común que "o seu amor a un pobo e á liberdade tróuxolles aparellada sufrimento e ás veces cárcere por
loitar por esa liberdade dunha Galicia avasalada durante séculos e por unha lingua ultraxada". Un dos autores presentes neste libro é Uxío Novoneyra, persoa á que este ano se lle adica o Día das
Letras Galegas.
Uxío Novoneyra, nado en Parada, lugar da parroquia de San Xoán de Seoane do Courel (Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930, finou en Santiago de
Compostela o 30 de outubro de 1999. Foi un dos grandes poetas galegos e O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da
literatura galega.
Nos seus textos, Novoneyra explicitou o seu compromiso con Galicia, sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e pola linguaxe. Formalmente, procuraba o
mellor resultado visual e, sobre todo, sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos, os silencios, o simbolismo
gráfico, etc..). As poucas palabras empregadas pretenden evocar dun modo máxico o mundo no que o home está inmerso.
FALLO DO XVI PREMIO DE POESÍA O GRELO
Vilagarcía de Arousa, 14 de maio de 2010
Reunido o xurado do XVI Premio de Poesía "O Grelo", convocado pola Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, acordou conceder o premio á
obra titulada "Fóra do Muro", presentada co pseudónimo Lobiño.
Aberta a plica, resultou gañador Eladio Medel Iglesias, de Ourense.
A obra destaca por usar un galego depurado, sendo para o autor a búsqueda do mar unha constante, onde están presentes o mundo da Grecia Antigua, achegándose a través do auga a un océano inmenso,
coa presencia do amor.
Do Premio de Poesía "O Grelo", saíron importantes escritores en lingua galega, por ser este premio para autores noveis sen obra publicada. Destacando neste concepto poetas como Marta Dacosta, Anxo
Angueira, Samuel Solleiro, ou Modesto Fraga.
O premio ten unha contía económica de 1.000€, 100 libros para o autor e unha edición de 2.000 exemplares.
PREMIO DE POESÍA EN GALEGO "O GRELO"
BASES DO XVI PREMIO DE POESÍA "O GRELO"
O Premio de Poesía O Grelo está concibido coma un concurso estrictamente en galego para dar a coñecer a poetas noveis, publicando o seu primeiro libro pola dificultade que isto representa.
De O Grelo xurdiron figuras destacadas hoxe en día nas letras galegas como Marta Dacosta, Anxo Angueira, Modesto Fraga, Samuel Solleiro, entre outros.
O Xurado confórmano destacados poetas e escritores galegos, de recoñecida solvencia intelectual.
O Fallo do Xurado farase público o Día das Letras Galegas en Vilagarcía de Arousa.
ÁMBITO TERRITORIAL: Galicia
NÚMERO DE BENEFICIAROS: Tod@s @s autores interesad@s.
CALENDARIO: Dende o 01/01/2010 ata o 30/04/2010 (DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS) FALLO XURADO: 15/05/2010.
BASES DO CERTAME:
A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, e o patrocinio Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria, convoca o XVI Premio de Poesía O Grelo, para fomentar o uso do galego entre as xeracións máis novas, sabendo que nelas está de xeito importante o porvir
da literatura de Galicia, e da nosa lingua.
Establécese un único premio en lingua galega de 1.000€ para o gañador, e 100 exemplares do libro premiado.
Poderán participar poetas e escritores de calquera nacionalidade, a condición de que presenten os seus traballos en idioma galego e non teñan publicado ningún libro.
O tema será libre e cunha extensión mínima de 600 versos (imprescindible).
Os orixinais presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dobre espazo, baixo plica, e serán enviados á sede da Fundación Amigos de Galicia en Rúa Fontecarmoa, nº 63 - baixo, 36600 de Vilagarcía
de Arousa, ou por correo electrónico a informacion@fundacionamigosdegalicia.org. O prazo de presentación finaliza o 30 de abril de 2010, ás 14.00 hrs.
Os traballos premiados serán propiedade dos seus respectivos autores, agás a primeira edición que será publicada pola Fundación Amigos de Galicia. En posteriores edicións deberá constar a súa
condición de "Premio O Grelo", Fundación Amigos de Galicia.
O Xurado estará formado por escritores e xornalistas galegos. A súa decisión será inapelable e terá lugar o 15 de maio de 2010, no Concello de Vilagarcía de Arousa.
Os orixinais premiados non serán devoltos aos seus autores, nin os organizadores manterán contacto con eles.
A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao Xurado que outorgará o premio. O feito de presentarse a esta convocatoria supón a conformidade do concursante coas presentes bases.
Os premios deste certame entregaranse no acto que se celebrará co gallo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2010, a celebrar en Vilagarcía de Arousa.
Na edición 2009, foi premiada a obra "ECO in aeternam", de Andrea Porto Mato, de A Estrada (Pontevedra). En "ECO in aeternam", recréanse amores pasados e lembranzas en imaxes a base de sons e feitos
entrañables, no que a autora utiliza verso libre.
