A promoción do idioma galego é un dos obxectivos da entidade: as súas letras, as súas artes e axudar a escritores e pintores noveis, etc...
Deste xeito a fundación, xa dende hai anos creou o Premio de poesía "O Grelo", anteriormente "Suso Vaamonde", o Premio de Relatos Curtos e Contos "Xaquina Trillo", denominado anteriormente "Daniel Hortas", e o Premio de Pintura "Fundación Amigos de Galicia". Asimesmo, editou e promoveu diferentes publicacións en Galego, como "Escolanía de Merlos" de Faustino Rey Romero e "Visto desde aldea (aquela xentiña eramos así) de Maximino Viaño, que foron presentados pola fundación en maio de 2006.
VIII CERTAMEN DE REDACCIÓN HISTÓRICA 2012
Falemos da Nosa Historia - "EN TEMPOS DE MARÍA CASTAÑA"
A Fundación Amigos de Galicia, dentro do seu fin "Promoción e difusión da cultura e lingua galega", colabora co CEIP López Ferreiro, na difusión das bases do VIII Certame de Redacción Histórica, organizado polo mesmo e dirixido aos escolares galegos que no ano 2011-2012 cursen estudios de 3º ciclo de E.P. ou 1º ciclo da E.S.O.
