TAPÓNS MATÍAS

Matías

A historia de Matías 

Matías é un neno de Teo que cando se levou a cabo a campaña tiña 9 anos. 

Matías padece retraso global no seu desenvolvemento, diparesia espástica , epilepsia e displasia renal, polo que precisa de diversos tratamentos como sesións de logopedia, fisioterapia ou terapia ocupacional, que lle axuden a mellorar a súa calidade de vida. 

Fundación Amigos de Galicia organizou unha campaña de recollida de tapóns solidarios que permitiron facer fornte ao custo de un Tratamento de Therasuit en Guadalajara para Matías por valor de 2.651 euros.

 
¿En que consiste Therasuit? 
 
Trátase dun programa de fortalecemento intensivo e personalizado para nenos con lesión neurolóxica mediante un traxe ortopédico liviano chamado “Therasuit”, e a Unidade de Exercicios Universal, que se emprega en combinación con outras terapias para acelerar o progreso do neno. Lévanse a cabo sesións de 3 a 4 horas diarias, 5 días á semana, durante 3 ou 4 semanas, que contribúen a lograr forza e resistencia para mellorar o nivel de funcionalidade do neno. 
 
Share by: