ASESORAMENTO E INSERCCIÓN LABORAL

 

Un dos obxectivos da Fundación Amigos de Galicia é acadar a inserción laboral das persoas usuarias da entidade –como modo de acadar uns ingresos mínimos que lle permitan dar resposta por si mesmos as súas necesidades básicas e ás dos menores ó seu cargo-. Neste eido, a entidade conta cunha empresa de inserción laboral “FAG PUBLI”, con sede en Vilagarcía de Arousa, que promove a contratación das persoas en risco de exclusión social: mulleres vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais, parados de longa duración, persoas con discapacidade

Ademais, de cara a coñecer as necesidades do mercado actual, a Fundación Amigos de Galicia realizou un estudo do mercado de traballo agrupado por sectores, segundo as necesidades formativas e ocupacionais das empresas que desenvolven a súa actividade nos sectores con maior volume de emprego: pesca e acuicultura, industria de alimentación e bebidas, construción, comercio polo miúdo, hostalería e outras actividades empresariais.

 

-Pesca e acuicultura:

 

A actividade da pesca constitúe un dos sectores con maior peso no mercado laboral; o paro neste eido –que presenta unha disminución no ano 2.006-2.007, aumentou a partir do ano 2.008- Destaca o ano 2.008 como o de maior capturas, disminuíndo ó ano seguinte un 4,28%.

As empresas a citar neste eido corresponden a:

-depuradoras de marisco, que comercializan cos produtos, fundamentalmente bivalvos, que limpan e envasan. Neste senso, convén precisar que hai unha especial concentración das referidas instalacións no ámbito territorial do Salnés xa que, segundo indican, constitúen a meirande parte das depurados que existen en Galicia.

-Corporacións que se dedican á pesca e comercialización de pescado, conxelando o produto de cerco e de arrastre. Estas empresas realizan a conxelación propia do pescado, fundamentalmente azul, e prestan servizo de gardado das mercadorías, alugando as súas cámaras frigoríficas a provedores externos.

-Piscifactorías, trátase de establecemento onde se crían diversas especies de peixes con fins comerciais (na súa maioría rodaballo e linguado)

 

En referencia a departamentalización destas entidades, en todas existe unha área de traballo que se ocupa da produción do produto e un departamento que se encarga da administración, dirección e contabilidade empresarial. Nun segundo plano, hai outras áreas que comezan a adquirir especial protagonismo, como acontece coa de cantidade e trazabilidade, ou a área encargada da tramitación de vendas e pedidos. Asemade, en depuradoras de pequeno tamaño hai unha rotación das tarefas e o grose de man de obra a realizar execútase indistintamente polos distintos integrantes de persoal. Mentres que nas empresas almacenistas de pescado, os departamentos céntranse nos tipos de conxelación e no almacenado.

En termos xerais, trátase de pequenas empresas que teñen unha poboación asalariada inferior a 50 persoas. Nas depuradoras de moluscos o persoal oscila, resultando frecuente a contratación de eventuais en temporada alta, que vai dende finais de setembro ata o remate de nadal. Ao contrario, algunha entidade sinala que a implantación de ferramentas tecnolóxicas nas instalación frigoríficas vai a redundar nun incremento da xente contratada ao longo do ano. Por último, nas piscifactorías o equipo é bastante estable, se ben se establecen quendas de traballo, sendo habitual que unha persoa se encargue da vixilancia nocturna, co ánimo de garantir que a produción transcorra correctamente.

A exportación comeza a gañar terreo no sector pesqueiro, tendo un peso significativo na maioría das empresas, fundamentalmente a países europeos. O habitual é que se faga sen a intermediación directa de ningún organismo. Pola contra, os motivos principais que dificultan que as entidades exportaran o seu produto apoianse dunha banda, na venda do produto fresco, cunha capacidade de venda de pouca distancia, que non ten a duración necesaria como para poderse exportar; e pola outra, que a venda externa redundaría nun incremento de contratación de persoal que non pode ser asumida. Convén precisar que estas entidades tamén producen a nivel nacional, desenvolvendo as súas actividades noutras comunidades autónomas, como Cataluña, Madrid, Andalucía, Valencia, Murcia, Cantabria e País Vasco. Deste xeito, a principal clientela destas corporacións céntrase en almacenistas, detallistas e peixarías, mentres que as comercializadoras de pescado distribúen a mercadoría en grandes áreas comerciais, hipermercados e empresas armadoras.

Estas empresas apostan pola diferenciación da calidade do seu produto, ben a través do uso de envasados ou procesos de conxelación que lles permitan manter as súas propiedades, ben mediante a potenciación da súa marca comercial. Algunhas modificacións dignas de mención son a posta en marcha dun novo sistema de envasado denominado atmosfera protectora, a implantación de procesos de modernización do frigorífico, ou a posta en marcha de proxectos de I+D+I, en colaboración coas universidades galegas.

Tendo en conta a situación do sector e a competencia que existe ao respecto (que trouxo consigo unha baixada de prezos), considérase pertinente que as entidades busquen a especialización e se diferencian unhas das outras, ofertando un produto de maior calidade, e potenciando a imaxe ou marca empresarial.  Do mesmo xeito, son varias as empresas que sinalan que o futuro do sector virá da man da acuicultura, que está a ganarlle terreo de maneira ao ámbito produtivo pesqueiro.

As temáticas habituais nas que se centran as acción formativas ás que asiste o persoal deste sector son a manipulación de alimentos e hixiene alimentaria, prevención de riscos e manexo de maquinaria.

 

 

Requirimentos para o desenvolvemento do posto de traballo;

Entrando a falar das habilidades, destrezas e requirimentos esixidos para poder desempeñar as distintas ocupación de pesca e acuicultura, as empresas destacan o interese e as ganas de traballar da xente como un dos requisitos fundamentais, así como estar en posesión dos carnés profesionais oportunos (manipulación de alimentos, elevación de carreta, e conductor…)

         -O persoal que se ocupa da xestión e contabilidade requíreselle formación profesional na rama de administración e xestión, valorando positivamente a obtención de estudos en económicas ou empresariais, así como a capacidade para adaptarse e entender a dinámica deste sector da actividade.

         -A xente que traballe no departamento de vendas ten que ter certos coñecementos en idiomas, contar con experiencia laboral no ámbito pesqueiro e ter certas habilidades á hora de falar en público.

         -Pola súa banda, o equipo de profesionais destinados á produción non requiren un nivel de estudos determinado nas depuradoras e nas empresas comercializadoras de pescado, se ben nas organizacións que se dedican á acuicultura requiren a obtención dun ciclo formativo (ciclo medio de operacións de cultivo acuícola e ciclo superior en produción acuícola) ou estudos universitarios que o acrediten como persoal técnico.

 

Paralelamente, algunhas empresas sinalan que a persoa que desexe traballar neste sector ten que contar con certa dispoñibilidade horaria, ter capacidade para desenvolver traballos físicos, posibilidade de desprazamento e manter a limpeza en produción e ser unha persoa coidadosa. Asemade, algunhas empresas valoran positivamente ter carné de primeira para poder transportar a mercadoría e ter nocións de mantemento de maquinaria.

 

Con anterioridade á crise, existía certa reticencia das persoas por empregarse no ámbito de actuación pesqueiro. Os perfís profesionais que tiveron maiores problemas para encontrar son: Persoal de mantemento de maquinaria e vixiante nocturno en piscifactorías.

 

Comercio polo miúdo:

 

Se ben existe unha diversidade ampla no tocante ás empresas que desenvolven a súa actividade a través do comercio polo miúdo (alimentación, prendas de vestir, moblaría, ferraxería, materiais de construcción, etc…) Os exemplos típicos móvense en ámbitos de actuación fundamentais:

-establecementos especializados en alimentación, nos que o cliente esté en contacto directo coa mercadoría, sen a intervención directa do vendedor, tales como hipermercados e supermercados.

-ferraxarías e vendas de materiais de construción (onde ten especial incidencia o transporte dos referidos materiais ou a especialización en cerámicas para baño ou cociña) así como outras actividades de distribución menor como moblerías, electrodomésticos, tendas de xoguetes ou bazar de decoración.

-distribuidoras de produtos comerciais vinculadas ao mundo da comunicación, como acontece coas empresas que se adican á distribución de móbiles e que están a moverse entre dous tipos de mercado: un residencial ou de particulares no que o cliente acode aos seus puntos de venda, e outro empresarial, no que é necesario buscar ao cliente no seu propio negocio.

 

A maioría delas son empresas con certa andadura laboral que levan moitos anos traballando no sector (nalgúns casos trátase de negocios herdados), e que se foron especializando e diversificando co paso do tempo, de feito, algunhas comezaron desenvolvendo a súa actividade nunha ferraxería ou carpintería e foron ampliando a prestación dos seus servizos paulatinamente. Pola súa banda, existe outro grupo de empresas que levan un menor período exercendo a súa actividade, non chegando aos dez anos de vida laboral (nesta agrupación teñen especial interese as organización vinculadas á comunicación e á telefonía móbil). No tocante ás infraestruturas e equipamentos, estas empresas soen ter varias tendas ou establecementos, ben sexa porque necesitan almacenar materiais ou ben sexa porque prestan servizos distintos a súa clientela. O ámbito de actuación territorial no que se moven soe ser comarcal, adquirindo especial relevancia o traballo cos concellos lindantes.

A departamentalización da empresa non é algo tan usual como a rexistrada noutros sectores da actividade presentados neste estudo, xa que o persoal soe desenvolver as distintas tarefas asignadas (atención ao público, reposición de materiais ou produtos, encargo de pedidos, etc…) de maneira rotativa. Si ben nas empresas de maior tamaño ou nas relacionadas co mundo da comunicación si existen distintas áreas ou departamentos de traballo especializados, con equipos comerciais asignados a cada unha das liñas de negocio existentes.

O volume de emprego nestas organizacións oscila entre as cincuenta e as cinco persoas contratadas, presentando o equipo de persoal certa antigüidade laboral no sector do comercio polo miúdo e na propia empresa. Asemade, non soen ter unha cualificación específica e o seu nivel formativo é medio- baixo.

Pódese dicir que a publicidade máis habitual é a que fai mención a difusión a través de cuñas en emisoras de radio ou xornais locais (con motivo de festas ou celebracións populares), a repartición de gorras, camisetas ou bolígrados, así como a organización de campañas (tales como mudar bañeiras por duchas) ou colaboracións con entidades deportivas da zona. Do mesmo xeito, hai que ter en conta que nos supermercados franquiciados soe ser a franquicia a que se ocupa de realizar a referida propaganda (habitualmente a través de folletos informativos que reflicten as ofertas e que mudan cada quince días), mentres que nos distribuidores telefónicos faino o operador (sendo o uso de telemarketing no cal un vendedor utiliza o teléfono para contactar con clientes potenciais, vendendo produtos e servizos- un recurso habitual)

Respecto á presenza das novas tecnoloxías no traballo, as empresas que se moven no ámbito da comunicación, seguen as pautas do seu operador telefónico, así as organizacións franquiciadas de alimentación, que teñen informatizados os seus pedidos en función dos produtos que venden. Do mesmo xeito, resulta habitual a informatización no cobro e xestión de comandas ou facturas, así como o uso de ferramentas tales como o correo electrónico.

É recorrente a percepción de que se trata dun mercado en retroceso, no que a competencia empresarial é unha constante e as vendas disminuiron drasticamente. Cren que existe unha escasa atención á realidade económica desta actividade (fronte ás axudas que se están a conceder ás empresas de gran tamaño), que cada vez máis as grandes superficies están a gañar terreo ao pequeno comercio, e que intentan enfrontarse a crise a través da diversificación dos servizos que prestan. Así mesmo, algunhas empresas demandan a creación de chan industrial que lles permita centralizar os seus servizos nun único establecemento e reducir así os seus gastos (sobre todo naquelas tendas máis concentradas na ferraxería e na venda de materiais de construción). Por outra banda, as organizacións nas que incidiu en menor medida o impacto da actual conxuntura económica son as vinculadas á telefonía, se ben cren que co paso do tempo estas pequenas tendas tenderán a desaparecer, primando a venda telefónica ou por internet, tal e como ven acontecendo noutros países comunitarios.

 

*Asistencia a formación;

En termos xerais, pódese dicir que a asistencia a actividades formativas das persoas que desenvolven a súa actividade produtiva no comercio polo miúdo non é unha constante, adquirindo maior importancia nas empresas máis grandes ou nas distribuidoras de produtos comerciais centrados na comunicación e/ou na telefonía. No tocante a temática dos cursos aos que acudiron nestes dous últimos anos céntranse:

-na actividade comercial a desenvolver, capacitando no dominio de habilidades, actitudes do vendedor e técnicas de venda, así como na apertura e peche de operacións comerciais ou na resolución de conflitos coa clientela.

-no produto a vender, onde ten especial interese o coñecemento do produto, a súa fabricación e posteriores modificacións do mesmo.

-nunha perspectiva administrativa. Deste xeito realízanse cursos de contabilidade, tesourería, protección de datos e informática (procesadores de texto e bases de datos…)

 

Outras especialidades formativas de interese realizadas polo persoal destas empresas son manipulador de carreta elevadora e prevención de riscos laborais. Asemade, no ámbito da alimentación resulta de suma importancia estar en disposición do carné de manipulador de alimentos para desenvolver o posto de traballo.

 

 

Requerimentos para o desenvolvemento do posto de traballo;

Entrando a afondar nas destrezas, coñecementos e habilidades que necesita unha persoa para levar a cabo o seu traballo no ámbito produtivo do comercio polo miúdo convén precisar que:

-resulta de sumo interese que a persoa teña unhas boas aptitudes comerciais, cunhas capacidades mínimas de entender ao cliente e de facerse entender. Neste senso, requírese unha óptima capacidade comunicativa e de relación, tratando co público con certa soltura e disposición. Isto é, ser agradable e saberse adaptar ao cliente, entender que non todas as persoas son iguais e que é preciso ter psicoloxía para atendelas ben.

- do mesmo xeito, é necesario ter certa competencia persoal sobre o produto e amosar posibilidades para aumentar a rendibilidade no punto de venda. Técnicas comerciais como o merchandising valórase positivamente, chamando a atención do cliente, dirixíndoo cara o produto e facilitando a súa compra.

-as ganas de traballar e o interese en aprender son requisitos moi presentes nestas empresas, dando prioridade a habilidades como a versatilidade (organizar pedidos, atender provedores e clientela, cobro e facturación…) ou, nalgúns casos, ter certa forza física para cargar e descargar certos produtos.

-asemade, un certo dominio das novas tecnoloxías, e o gusto polas TIC considérase un requirimento positivo á hora de desenvolver o posto de traballo no pequeno comercio. O carné de primeira e o de manipulador de alimentos, así como o manexo de grúas ou elevadores constitúen un requisito a ter en conta, sobre todo naqueles traballos máis vinculados ao mundo da ferraxería e da alimentación.

No tocante ao nivel de estudos requiridos, non soe esixirse unha titulación ou formación específica inda que nalgúns casos se valora a posesión de estudos de formación profesional e bacharelato, considerándose un óptimo comercial, non tendo que posuír unha titulación determinada. Ao tempo, á hora de contratar persoal a experiencia laboral o sector no é un requirimento indispensable, estimando pertinente contratar a persoas mozas; formándoas paulativamente coa intención de que permanezan na empresa. Malia todo, valórase positivamente certa experiencia porque permite axilizar o proceso laboral, ou o feito de posuír coñecementos afíns ao sector, como pode acontecer cun carpinteiro que comeza a traballar nunha moblería de comercial.

Na actualidade, non soen ter dificultades para cubrir os distintos perfís profesionais que existen no sector, posto que a actual conxuntura económica incidiu no feito de que haxa unha maior dispoñibilidade da poboación cualificada á que acudir. Non obstante, hai postos de traballo que é máis difícil ocupar:

-é complicado atopar comerciais que reúnan as aptitudes ou destrezas necesarias para desempeñar o seu posto de traballo satisfactoriamente.

-resulta complicado atopar persoal que realice as funcións de chofer de primeira e que, ao mesmo tempo, saiba traballar con guindastres para a elevación de cargas.

 

 

Hostalaría;

 

         A actividade da Hostalaría converteuse nunha das primeiras cinco actividades en termos de afiliación. No que respecta ao paro, no segundo semestre de 2008, aumenta lixeiramente en comparación a anos anteriores. 

 

Carategorización das empresas;

No campo da hostalaría, a meirande parte destas organizacións están dotadas de aloxamento e restauración, manifestando que o restaurante ten unha mellor acollida que a hospedaxe. De feito, os hoteis de maior tamaño sinalan que, como medida contra os picos de traballo localizados nos meses de verán, decidiron especializarse noutros servizos como son os centros de talasoterapia, ou tratamentos de beleza e cosmética de distinta natureza, masaxes, piscinas dinámicas, saunas, jacuzzis, baños turcos, temas romanas, etc. Pola súa banda, as empresas de menor tamaño (nalgúns casos, negocios familiares herdados que se mantiveron ao longo do tempo) concéntranse na gastronomía como medida para loitar contra a estacionalidade do sector, algunhas delas o fan ofertando unha especialidade culinaria da zona, mentres que outras teñen o seu propio horto e ofrecen produtos tratados a base de abonos naturais.

Dentro da restauración, estas empresas ofertan servizos tales como celebracións ou banquetes (comunións, vodas, bautizos, etc.), comidas diarias e algunhas ofrecen menús diarios (sobre todo as empresas de corte mais familiar). Así, resulta de suma importancia o entorno no que se enmarcan as súas instalacións, tanto dende un punto de vista paisaxístico como patrimonial, xa que entenden que o cliente quere pasar unha estadía o mais agradable posible e que estes recursos axudan a súa satisfacción persoal e tranquilidade.

 

Respecto ás áreas nas que se divide o traballo, en todas as empresas existe un departamento de restauración (composto por cociña, cafetería e servizo de camareiros/as), e un de administración e xestión. Ao tempo, a meirande parte delas ten hospedaxe, o que repercute na existenciadun departamento de limpeza de pisos e de recepción. Salientar que, de maneira excepcional, aqueles hoteis de maior tamaño teñen áreas de traballo destinados á comercialización e difusión da súa imaxe, de mantemento e coordinación dos centros de talaso, ou incluso unha área que se fai cargo do economato.

 

         O número de persoas contratadas polas empresas é variable, oscila entre cinco e as noventa persoas, e soe ser xente contratada de maneira indefinida que leva certo tempo traballando na organización dentro do departamento de restauración. Nalgunhas ocasións, as empresas externalizan servizos determinados, como acontece coa lavandaría ou a limpeza de pisos, e é frecuente que, en tempada alta, boten man de persoal laboral temporal que xa traballou con elas temporalmente. Por outra banda, as entidades de menor tamaño comentan que comezan a notar os efectos da actual crise económica, e que algunhas delas víronse obrigadas a despedir a parte do seu persoal habitual. No tocante á publicidade e difusión da imaxe que realizan estas empresas, mencionar que esta se centra, en maior medida, na divulgación dos servizos de aloxamento. Fundamentalmente, a publicidade materialízase en colaboracións con publicacións ou campañas que se fan para o conxunto do sector hostaleiro.

 

         Por outra banda, no referente ás novas tecnoloxías, estas empresas utilizan de maneira cotiá programas informáticos para xestionar o servizo de hospedaxe e a facturación da restauración (cobro de comandas). Algunhas delas dispoñen dun servizo de reservas online e en recepción fan uso do lector de documentos (equipo informático que permite a lectura dos datos do DNI ou pasaporte, os cales son escaneados e se almacenan automaticamente no software do hotel), instrumentos estes que lle permiten unha maior xestión da clientela que fai uso das súas instalacións, axilizando o desempeño do seu traballo.

 

         Cando falan da situación e evolución do sector hoteleiro a resposta é case unánime: a hostalaría é unha actividade que atravesa unha difícil coxuntura económica, sobre todo tendo en conta os resultados acadados ao longo do 2009-2010, anos no que tivo lugar unha importante redución da ocupabilidade. Así mesmo, as empresas medianas e pequenas comentan que existiu un incremento da competencia que redundou nunha diminución da política de prezos, coa consecuente perda de competitividade e de traballo.

A gran maioría das empresas coinciden en sinalar que en Galicia non existe unha óptima promoción hoteleira por parte da administración (autonómica e local), que se trata dun sector especialmente castigado, con xornadas laborais amplas e cunha ineficiente regulación horaria. Consideran necesario un cambio de mentalidade no que se impulse o turismo e se fomente a organización dos voos directos dende o estranxeiro, xa que na actualidade Galicia é un destino de difícil acceso.

 

Asistencia á formación

Existen un conxunto de entidades que, nos últimos anos, participaron activamente en cursos formativos. Soe tratarse de empresas de certo tamaño que teñen a certificación de calidade e que, como tal, teñen a esixencia de actualizar formativamente ao seu persoal. Neste caso os cursos impartidos son tanto de natureza interna (cun plan de formación propio e coa participación de mandos intermedios na súa docencia) como externa (xestionados a través dunha consultoría ou consorcio). O persoal destas empresas asiste a cursos de vendas, programas e plataformas informáticas, protección de datos, calidade, manipulación de alimentos, riscos laborais, e a outras actividades formativas mais vinculadas ao mundo da restauración (como acontece no curso de corte de xamón).

Por outra banda, hai empresas de tamaño mediano ou pequeno nas que se fai unha menor cantidade de cursos, asisten a unha formación de carácter mais básico (de menor duración que o anterior grupo), e nas que é moi importante que a formación a demande o propio persoal. Neste senso os cursos están mais relacionados coa manipulación de alimentos, instalación de nova maquinaria (placas de indución, fornos, etc.), repostería, corte de xamón ou informática (para axilizar a facturación e o cobro de comandas).

 

Requerimentos para o posto de traballo;

 

Entrando a afondar nas habilidades, competencias ou destrezas que necesita o persoal para realizar as funcións correspondentes ao seu posto de traballo, as empresas entrevistadas destacan sobre maneira a importancia do factor humano, posuír un óptimo nivel comunicativo co cliente, ter facilidade para explicarse e facerse entender, prestando unha atención e un trato amable ao público que fai uso das instalacións. Incídese no feito de que a xente que desenvolve o seu traballo neste sector ten que ter uns coñecementos amplos, non só das súas funcións concretas, tamén deberá atender, asesorar e informar sobre o resto dos servizos que oferta a propia empresa, e coñecer a xeografía e o entorno (paisaxístico e/ou patrimonial) no que se enmarca. Se existe unha demanda do cliente, o persoal ten que saber saír da situación, atendelo e informalo de a quen se pode dirixir, sendo esta destreza extensible a tódalas áreas de traballo do sector. A presenza, a imaxe, a limpeza e o coidado hixiénico (tanto o persoal como o dos propios equipamentos), son outros dos requirimentos necesarios para traballar en hostalaría, sobre todo en postos como camareiro/a ou cociña. En tódolos departamentos valóranse as ganas de traballar, a paciencia e a actitude positiva ante o traballo, así como a eficacia e a rapidez no desenvolvemento do mesmo. Mentres que o coñecemento á perfección da carta, a composición principal dos pratos, como servir as bebidas e os seus nomes convértense en destrezas a considerar nos/as camareiros/as de cafetería ou comedor. Hai postos nos que a formación en idiomas resulta de suma importancia (fundamentalmente en inglés). Ao tempo, valórase positivamente o feito de posuír un nivel de estudos medio (bacharelato ou formación profesional) e os coñecementos formativos adquiridos con anterioridade e a experiencia laboral previa.

 

         No tocante aos perfís profesionais que o sector hoteleiro ten maiores problemas para cubrir, as empresas sinalan que esta actividade non esperta especial interese na poboación desempregada, atopándose con dificultades para localizar a persoas que queiran traballar na rama da hostalaría. Algunhas delas manifestan que existe unha visión negativa respecto á labor a desenvolver neste sector, e que lles custa atopar xente válida que veña con forzas e lle guste a súa profesión. Ademais desta problemática, existe certa coincidencia en que o perfil de camareiro/a é o que lles resulta mais complicado cubrir, tendo dificultades para atopar ao persoal formado que saiba desenvolver a súa actividade dende un punto de vista práctico. En menor medida, algunhas empresas comentan que tamén teñen obstáculos á hora de atopar persoas que traballen como recepcionista de noite, comercial, ou cociñeiro/a.

 

 

Industria da alimentación e de bebidas;

 

         Se ben a industria fai mención aos procesos que teñen por obxecto mudar as materias primas en produtos elaborados, a industria da alimentación, bebidas e tabaco centra a súa actividade na preparación de produtos destinados á alimentación, como por exemplo as conservas, o viño, o pan ou os embutidos.

 

Caracterización das empresas;

A incidencia do emprego concéntrase en dúas producións fundamentais, a actividade conserveira e a vitivinícola. En concreto, as entidades estrutúranse en tres grandes bloques de produción:

 

a)    Fabricación de conservas e pescados, e outros produtos mariños, tales como atún, sardiña, peixe de agulla, mexillón, ou preparación de ensaladas e outros pratos preparados. Habitualmente son empresas maduras que gozan de experiencia laboral no sector alimentario, sendo negocios diferentes no tocante as súas infraestructuras: algúns posúen unha fábrica onde desenvolven e centralizan a súa actividade, e outros teñen distintas plantas espalladas polo territorio nacional e internacional (América Central, Sudamérica e África).

 

b)   Elaboración e comercialización de viños, onde ten especial incidencia a produción de viños de Albariño, que constitúe a porcentaxe mais importante do seu volume empresarial (malia todo, algúns tamén traballan con outros produtos como viño de O Porto, licores de herbas, cremas de augardente, etc.). Resulta habitual que o abastecemento de uva proveña de viticultores/as da zona e, nalgunhas bodegas de viñedos propios. Así mesmo, nalgúns casos compleméntase esta actividade coa participación en tendas agrarias onde colaboran distintas organizacións, ou co desenvolvemento de actividades de etnoturismo, celebrando eventos nas propias instalacións, e organizando visitas ás bodegas e aos viñedos.

 

c)    Establecementos especializados na produción e venda de pan, así como pastelería, xeados artesáns ou produtos destinados a vender en festas populares ou verbenas. Soen contar cun local de venda ao público e un obradoiro no que se realizan os produtos do día, repercutindo este traballo diario na venda de produto fresco e elaborado fresca e de calidade. Nalgún caso, estas empresas reforzaron os seus establecementos coa implantación de parques infantís que lles permiten diversificar a súa clientela, elaborando menús específicos que gozan de boa aceptación.

 

A importancia da marca nestas corporacións supón unha diferenciación fronte a outras organizacións, configura o seu posicionamento empresarial, resalta a calidade do produto e repercute nunha aceptación da mercadoría polo público. Así mesmo, comeza a ser usual que as entidades que traballan neste sector se asocien ou traballen de maneira conxunta a través de distintas unións: cooperativas, grupos empresariais, sociedades, etc.

 

Respecto aos departamentos destas empresas soe existir un área de administración, ou xestión financeira (que se ocupa de tarefas como facturación, contabilidade, solicitude de pedidos e/ou transporte de mercadorías), e unha de produción (centrada na manipulación do produto, no seu peche e almacenamento). Mentres que departamentos como calidade, marketing, I+D+I ou desenvolvemento comercial van gañando terreo. Na maioría dos casos trátase de persoal eminentemente feminizado (especialmente no ámbito conserveiro), e no equipo existe tanto man de obra non cualificada como cualificada (con ciclos de Formación Profesional, enxeñerías, persoal técnico, etc.). Nestas empresas resulta frecuente a contratación de persoal eventual cando hai determinados repuntes de traballo, como pode acontecer coa recollida da vendima, ou coa maior afluencia de clientela na época estival nos establecementos dedicados á panadería, resultando habitual a estruturación de quendas rotativas á hora de organizar o traballo.

 

A exportación dos seus produtos soe estar presente nas empresas que se dedican á comercialización e distribución de viños, e a canalización da mesma realízase a través de distintas fontes: directamente a través da propia organización, mediante un socio que posúe unha maior proxección internacional, ou facendo uso das axudas, informacións e infraestructuras posibilitadas pola Cámara de Comercio. Paulatinamente, a inversión en I+D+I vai adquirindo un maior peso nestas empresas, comezando algunhas delas a xestionala a través de departamentos específicos ou, tamén emprendendo diferentes colaboracións con entidades como centros tecnolóxicos e universidades.

 

A situación e evolución do sector alimentario, así como a competencia e as políticas de prezos reinante difiren segundo a natureza das organizacións:

 

a)    As empresas que se dedican á conserva están a atravesar unha difícil conxuntura económica dende hai tempo. Na actualidade Tailandia é o principal competidor desta industria e está a buscar a supresión de aranceis para poder exportar o seu produto á Unión Europea. No caso de que consiga a referida supresión, algunhas entidades consideran que só aquelas empresas que se diferencien pola súa marca e pola calidade do seu produto poderán competir con eles, e aquelas corporación que unicamente elaboren marca branca serán desbancadas pola mercadoría asiática.

 

b)   No tocante á produción de viño, existe unha coincidencia en sinalar que a evolución xirará ao redor da concentración empresarial, a través da consolidación entres distintas agrupacións vitivinícolas, dando así lugar a un novo mapa galego. Progresivamente o/a consumidor/a gañará en importancia, incrementándose deste xeito o consumo de viño no fogar. Consideran que as claves do futuro desta actividade articularanse en torno a produtos que se adaptan mellor ás necesidades do/a consumidor/a, e en producións que teñan en conta o escenario do cambio climático.

 

c)    Nun último termo, a competencia e a política de prezos nos establecementos panadeiros de fabricación artesanal, víronse afectadas pola apertura de centros comerciais ou cadeas de produción que elaboran os seus produtos en función de polbos e produtos conxelados cunha data de caducidade maior. Consideran que a vixente crise económica incidiu en que a poboación se decantara por estes últimos produtos, mais baratos; e cren que cando a conxuntura mellores a xente volverá a apostar polos produtos artesanais.

 

Asistencia á formación;

No tocante á administración e xestión, executáronse cursos de aprendizaxe de coñecementos informáticos, así como accións centradas en facturación electrónica, dirección de empresas e contabiilidade. Por outra banda, organizáronse actividades centradas en seguridade alimentaria e calidade, como acontece coa análise de riscos e control de puntos críticos, limpeza industrial, hixiene alimentaria...A formación dende un punto de vista comercial e a realización de cursos de atención ao cliente teñen unha importancia engadida nas empresas que se dedican á comercialización do viño, ao tempo que as especialidades centradas en idiomas ou na exportación do produto cara a outros países. Así mesmo, dende un punto de vista produtivo, accións formativas como procesos de filtración en bodega, aplicación de novas tecnoloxías, manipulación de carreta e alimentos, adquiren especial importancia neste sector.

 

Requerimentos para o desenvolvemento do posto de traballo;

 

         Entrando a falar das habilidades ou coñecementos requiridos para levar a cabo os postos de traballo no sector de industrias alimentarias resulta de sumo interese as seguintes consideracións: Consideran importante ter ganas de traballar, implicarse no desenvolvemento das tarefas e interesarse polo discorrer da empresa, así como ter certas nocións previas do posto a desempeñar e da realidade do sector. O capital relacional, a empatía ou o saber estar cara ao público son outras das cualidades que se teñen en conta. Ter coñecementos en idiomas convértese nun requisito para aquelas persoas que emprendan labores comerciais e realizan labores

exportadoras da mercadoría elaboradora, tendo maior incidencia no ámbito do viño.Aquelas persoas que se dedican á manipulación de alimentos teñen que ter destrezas manuais tales como rapidez, axilidade, coidado, orden e limpeza, valorándose positivamente a experiencia laboral.Así mesmo, en postos vinculados á panadería, repostería, confeitaría e a fabricación de conservas, o persoal ten que ter certa flexibilidade laboral ou dispoñibilidade horaria, xa que habitualmente se traballa fines de semana e festivos.

 

Respecto ao nivel de estudos, o persoal qeu se dedica a realizar as funcións correspondentes a área de administración e financiamento, ten que posuír un ciclo de grado medio ou superior relacionado con administración e xestión, así como coñecementos informáticos, contables, certas nocións de formatos de embalaxes, ou manexo de software para a planificación de recursos empresariais. O equipo que execute labores de marketing posúe coñecementos nas TIC e ten estudos universitarios, habitualmente Administración e Dirección de Empresas; mentres que o persoal que se ocupa da produción do viño está vinculado mais a enxeñerías superiores e técnicas. Pola súa banda, o mantemento industrial nas conserveiras asóciase habitualmente ao ciclo medio ou superior en mecanizado, e aquelas persoas que traballan na área de I+D+I á licenciatura en químicas. Así mesmo, sinalar que a poboación traballadora que emprende as súas funcións nun obradoiro de panadaría, ten que coñecer de primeira man o oficio de panadeiro/a ou pasteleiro/a e acreditar a experiencia laboral suficiente no mesmo. Outro persoal para o cal se require ter certa bagaxe laboral, é aquel que se dedica á limpeza industrial de maquinaria nas conserveiras, mentres que o comercial vitivinícola ten que dominar a venda técnica do produto, amosando coñecemento e capacidade de integración no mundo do viño.

 

Construción;

 

A construción foi un dos sectores con maior capacidade de xeración de emprego (representa o 15,06% do emprego no 2008), especialmente concentrada nos anos 2006 e 2007. Sen embargo, no 2008 empezaron a detectarse os primeiros síntomas de declive cunha diminución gradual do emprego. Neste mesmo ano, os datos de paro comezaban a amosar as súas peores cifras de paro. Este sector de actividade fai referencia ás construcións novas, ás obras de restauracións, así como ás instalacións e acabados das mesmas.

 

Caracterización das empresas

-          Empresas montadoras de ferro, que instalan e montan en obra armaduras realizadas no taller, para elementos construtivos de formigón armado.

-          Que traballan en proxectos de enxeñería civil (rama que aplica os coñecementos de física, química e xeoloxía á elaboración de infraestruturas, obras hidráulicas e de transporte), como a construción de túneles e o seu consecuente revestimento en formigón.

-          Que realizan todo tipo de obras, como saneamento, construción de naves industriais, edificios, vivendas unifamiliares, e execución de movementos de terra. Se ben hai empresas de menor tamaño especializadas sobre todo en vivendas unifamiliares (estrutura, recebo, acabados, instalacións, etc).

-          Elaboración de traballos de revestimento, a través de morteiros de xeso e cal, falsos teitos, molduras, e insonorización de vivendas.

 

Respecto á departamentalización reinante, en todos os casos existe unha área na que se centraliza a xerencia, administración e contabilidade, e outra que se dedica á execución da obra, que supón o groso do equipo existente. Neste senso, afondando no persoal contratado, este ten un claro perfil masculinizado e, no tocante ao número, as empresas teñen unha media de corenta e catro persoas asalariadas. A poboación traballadora soe ter experiencia laboral e, ás veces, contrátase persoal eventual para a realización dunha obra de maior tamaño. En termos xerais non soen facer publicidade da imaxe da empresa, sendo o que máis funciona para atopar mercado o boca a boca da clientela. Pola súa banda, a presenza das novas tecnoloxías ostenta un lugar secundario nestas empresas.

 

Asistencia a formación

O Convenio Xeral do Sector da Construción do período 2007-2011 establece que a poboación traballadora que desenvolve a súa actividade no sector construtivo deberá realizar ciclos de formación obrigatoria na temática de prevención de riscos laborais. En concreto, existen distintas modalidades:

-          O primeiro ciclo denomínase “Aula Permanente”, trátase dunha acción formativa inicial mínima cuxo obxectivo é o de acadar que a poboación traballadora adquira os coñecementos necesarios para identificar os riscos laborais máis recorrentes, así como as medidas preventivas a implantar. A duración deste ciclo é de 8 horas e ten un carácter gratuíto.

-          O segundo ciclo de formación está vinculado ao posto de traballo e aos oficios existentes no sector. A duración e os contidos formativos varían segundo os postos desempeñados e os oficios.

-          Nivel básico de prevención que, cunha duración de 60 horas, afonda nos conceptos básicos sobre seguridade e saúde, riscos xerais e específicos e prevención no sector, así como nos elementos básicos de xestión da prevención de riscos e primeiros auxilios.

Algunhas empresas tamén realizan especialidades formativas vinculadas á calidade e hixiene no traballo, ou cursos máis específicos, como o de operador de guindastre – torre (que capacita ao alumnado no manexo das cciónón de carga e descarga de materiais, e ferramentas, así como no mantemento e conservación da grúa). Deste xeito, compre matizar que habitualmente as cción formativas teñen un carácter presencial e se organizan con contidos fundamentalmente teóricos.

 

Requirimentos para o desenvolvemento do posto de traballo;

 

Dentro das habilidades e destrezas xerais que necesita o persoal para traballar no sector da construción, as empresas salientan que a persoa sexa disciplinada, teña vontade de aprender e traballar, sexa coidadosa no desenvolvemento das súas tarefas, ao tempo que áxil, ordenada (mantendo as ferramentas, equipamentos e materiais organizados e en orde) e que lle de importancia á limpeza da obra. Así mesmo, ten que cumprir as normas de seguridade e prevención laboral, deben ter realizados os cursos derivados da aplicación do último convenio e, deben estar en dispoñibilidade do graduado escolar. Se ben a experiencia laboral previa non é un requisito indispensable á hora de desempeñar un traballo nesta actividade, valórase positivamente ter certa andadura laboral na construción, aínda que non sexa no mesmo posto que o requirido ou demandado. Deste xeito, canto maior sexa a experiencia adquirida, maiores posibilidades terá de desempeñar un posto oficial na obra.

Dende un punto de vista máis específico, hai persoas que se caracterizan pola rapidez na que executan as labores asignadas, e outras de máis longo recorrido que teñen unha maior paciencia á hora de facer acabados, cubertas, escaleiras, etc., e que, polo tanto, son máis perfeccionistas. Ambas destrezas son valoradas e se realiza unha asignación ocupacional en función das destrezas referidas.

-          O/a encargado/a de obra ten que saber interpretar os planos, xa que resulta fundamental á hora de distribuír o traballo. Do mesmo xeito, debería sacarlle o seu máximo partido ao equipo que coordina, demostrando ter capacidade de liderado e boa disposición para a planificación das obras.

-          Ter certa flexibilidade laboral para desprazarse cando muden as obras.

-          Así mesmo, saber soldar ou ter forza física vense como requisitos a ter en conta.

Na actualidade, non teñen problemas á hora de atopar os perfís profesionais que requiren, continuamente acude xente á empresa na procura de emprego, e son moitos os currículos que lles chegan dende distintos puntos de Galicia. Comentan que existiu un retorno de poboación galega que estaba a traballar noutras comunidades autónomas e que se quedou sen ocupación.

 

Outras actividades empresariais;

 

Caracterización das empresas

En primeiro lugar, convén precisar que se trata de empresas que teñen en común a súa dedicación á satisfacción de necesidades a terceiros, mediante a prestación de servizos de coñecemento de distinta natureza, tales como:

-          Asesoría integral a empresas (fiscal, contable, laboral, mercantil, etc.).

-          Asistencia técnica en urbanismo e arquitectura.

-          Selección de persoal.

-          Cobertura de necesidades de marketing e publicidade.

-          Consultaría técnica en enxeñería e actividades relacionadas.

Son empresas maduras con andadura e antigüidade no mercado laboral, que abarcan distintos ámbitos territoriais de traballo. Algunha delas ten unha cobertura nacional (con delegacións espalladas pola Península Ibérica), mentres que a maioría desenvolve o seu traballo nun ámbito máis local (nas comarcas ou concellos lindantes). Sen embargo, a estabilidade e complementariedade de relacións entre o que é núcleo da empresa e unha rede de provedores  é fundamental (sobre todo naquelas de tamaño grande ou mediano). Así, ás veces, estase a subcontratar a prestación de servizos específicos mediante convenios de colaboración, ou botando man de freelances e especialistas nunha materia determinada. No tocante á estrutura da empresa, existen áreas ou departamentos organizativos de composición diversa: comercial, obra civil, edificación, urbanismo, marketing, administración, etc. Se ben convén precisar que os departamentos laborais (que se centran nas nóminas, liquidacións, seguros sociais ou asesoramento en contratos) e de contabilidade (como asesoramento fiscal e contable, estudos e seguimentos de balances) teñen unha presenza significativa no sector.

Nesta actividade produtiva  a inversión en capital humano é un factor importante, téndose moi presente na selección de persoal a formación do futuro equipo, entendendo que as competencias individuais outorgan un valor engadido á propia empresa. Máis concretamente, trátase de profesionais con alta cualificación, fundamentalmente persoas que posúen a licenciatura en económicas, empresariais, psicoloxía, formación en relacións laborais, enxeñerías e administración, tamén teñen certo peso a xente de arquitectura, publicidade, e/ou a avogacía. Soe ser xente nova, cunha media de idade non superior aos corenta anos, e cunha presenza equilibrada entre mulleres e homes.

A exportación non é unha constante nestas empresas, en ocasións realizan actividades puntuais ou prestan servizos externos co estranxeiro, pero habitualmente se traballa dentro de España. De maneira excepcional, unha das empresas comenta que realiza labores de internacionalización e que teñen un catálogo de produtos ao que se pode acceder en distintos idiomas.  Pola súa banda, as empresas de menor tamaño comentan que a actual conxuntura económica dificulta o feito de que poidan exportar os seus servizos cara outros países.

Se ben existe unha presenza das novas tecnoloxías como soportes de traballo en todas e cada unha das actividades produtivas analizadas, o sector é o que amosa un maior aproveitamento destas ferramentas (a través de instrumentos como a firma dixital, o correo electrónico, información vía sms, uso de intranets, e información dixital constante coas empresas para as que traballan). Do mesmo xeito, malia recoñecer que emprender algún tipo de actividade en I+D+i lles resulta complicado, algunhas delas comezan a desenvolver áreas produtivas nesta materia (de feito, unha conta con un departamento I+D+i), adquirindo certa experiencia no desenvolvemento de instrumentos complexos dende o punto de vista tecnolóxico e de xestión da información, fomentando que as empresas para as cales prestan servizos, poidan sacar valor a súa actividade produtiva.

No tocante á situación do sector, manifestan que existe unha atomización da actividade e que aumentou a competencia entre as empresas. Aquelas que desenvolven o seu traballo na asesoría empresarial sinalan a existencia dunha competencia desleal, xa que en principio unha asesoría non require dunha inversión forte de capital e existen moitas que estás a prestar un mal asesoramento, repercutindo na política de prezos real. Por outra banda, está moi presente a actual conxuntura económica de crise, e consideran que unha maneira de facerlle fronte é a de diversificar os produtos e os servizos que ofertan (de feito algunha comezou a especializarse en temáticas máis vinculadas a calidade, medio ambiente e formación). Aquelas que prestan servizos ao sector construtivo comentan que existiu unha notable redución do traballo e que, nalgún caso, víronse obrigadas a reducir a súa plantilla de persoal, así como a subministración dos servizos que ofertaban. Creen que a virulenta situación económica perdurará uns anos máis, e algunhas delas confían en que a medio prazo a situación mellorará.

 

Asistencia a formación;

O persoal alenta os seus coñecementos asistindo a distintas actividades formativas. A metade destas organizacións teñen un plan de formación anual, dirixido tanto ao propio persoal como, en ocasións, ás empresas que habitualmente asesoran. Dito plan pode sufrir modificacións en función das necesidades do mercado e das propias empresas. Nestes dous últimos anos, os cursos impartidos foron de distinto calado, e estes se poden catalogar nas seguintes especialidades profesionais:

-          Administración e xestión (onde destacan contabilidade, auditoría, protección de datos, xestión de cobros, etc.), tendo especial incidencia nas asesorías que realizan un asesoramento integral a outras empresas.

-          Edificación e obra civil (análises de formigóns, vixilancia de obras, normativas urbanísticas, manipulador/a de guindastre, operador/a de carretilla, etc.), sobre todo naquelas organizacións de asistencia técnica en urbanismo e arquitectura, e/ou consultorías técnicas.

-          Seguridade e hixiene (prevención de riscos, plans de residuos en obras, conselleiro/a de seguridade, manipulación de alimentos, etc.). Este tipo de cursos soen organizarse en consultorías técnicas e empresas de selección de persoal.

-          Informática e comunicacións (coñecemento de programas ou ferramentas informáticas tales como Acces, Excel, Autocad, Dreamweaver, Photoshop, programas de xestión integral da empresa, curso de programación web, etc.) que se utiliza como soporte informático nas distintas entidades entrevistadas, e que adquire especial relevancia nas empresas que presten servizo de marketing e/ou publicidade.

Unha parte significativa das empresas menciona que o seu traballo require unha actualización formativa constante e, en termos xerais, soen atopar unha resposta afirmativa do seu persoal para participar en cursos. Estas organizacións acostuman ter unha partida orzamentaria destinada a actividades formativas e, na súa maioría, fan uso do crédito anual de formación que soen xestionar directamente dende a propia empresa. Xeralmente os cursos teñen un carácter presencial e neles se alterna teoría e práctica. Malia a que a actualización formativa está moi presente nas empresas deste sector, existe unha diferenciación no que a tamaño da entidade se refire, xa que a maior dimensión incide nunha organización máis complexa das actividades formativas.

 

Requirimentos para o desenvolvemento do posto de traballo;

 

Existen unhas pautas comúns de habilidades, destrezas ou competencias que requiren as empresas para a execución dos distintos postos de traballo. No tocante aos coñecementos previo, o nivel formativo é un requisito importante á hora de contratar a unha persoa, esixindo unha alta cualificación previa, be sexa polos coñecementos que aporta a mesma, ben sexa pola posibilidade de realizar e avalar determinados traballos técnicos. Ademais da ensinanza propia da titulación, valórase a preparación en idiomas e o control de ferramentas informáticas (tendo especial importancia nas organizacións que prestan servizos de publicidade e marketing, e nas dedicadas ao urbanismo e á arquitectura).

Por outra banda, a experiencia laboral previa valórase de xeito positivo (sobre todo nas entidades que proporcionan servizos urbanísticos, nas de selección de persoal ou cando se busca a unha persoa para un posto de xefatura), pero non é un requisito tan importante como outras habilidades de carácter sociopersoal. Neste senso, todas as organizacións coinciden na énfase de habilidades tales como: ter iniciativa persoal, ganas de traballar, actitude de aprender e renovarse, levar a cabo un estudo e actualización constante, e saber traballar en equipo

Nun segundo plano, tamén se consideran necesarias destrezas como a creatividade, a capacidade de sorprender, ser persoas inquietas e buscar solucións e traballos novos, ou o feito de facer un óptimo traballo axilmente. Cando se refiren as habilidades, competencias ou destrezas que necesita o persoal adquirir a medio prazo a reposta é unánime, adaptarse as necesidades que vaia demandando o mercado de traballo, realizar unha actualización informática (adaptación constante ás novas tecnoloxías) e perfeccionar as habilidades e coñecementos técnicos adquiridos. Ao tempo, algunha empresa sinala que, ante a actual conxuntura económica, están pensando na posibilidade de saír ao exterior e abrirse a novos mercados, co cal o coñecemento de idiomas sería un requisito que adquiriría unha maior importancia. Pola súa banda, a reciclaxe e a reiterada actualización formativa convértese nunha baza fundamental para as persoas que buscan ascender na entidade na que traballan. Tendo en conta a realidade do sector, comentan que o impacto da presente situación económica fai que, neste momento, existan menos problemas para cubrir os distintos perfís profesionais. Hai uns anos existían dificultades para atopar persoal administrativo ou técnicos especializados na construción de edificios, agora o difícil é que a xente vinculada ao mundo construtivo atope traballo (arquitectura, delineación, etc.). Na actualidade os maiores hándicaps os atopan nos seguintes perfís:

-          Comercial.

-          Enxeñeiro/a de camiños ou topógrafo.

-          Postos de certa responsabilidade.

Así mesmo, as empresas manifestan que non soen facer uso das oficinas de emprego cando necesitan persoal, e que algunhas delas acoden a universidades, institutos ou academias cos que realizan prácticas ou becas de colaboración.

Tras o estudo das necesidades e esixencias do mercado de traballo segundo tipo de actividades empresarias, amosanse táboas de datos de paro segundo idade, sexo e nivel formativo.

 

Provincia A Coruña;

 

Ano

2009

2010

Mulleres desemprego

48.133

50.307

Homes desemprego

41.961

43.366

Total

89.594

93.673

 

 

Ano

2009

2010

De 16 a 19 anos

1.686

1.368

20 a 24 anos

7.073

6.479

25 a 29 anos

12.043

11.904

30-34 anos

13.193

13.771

35-39 anos

11.690

12.712

40-44 anos

10.433

11.194

45-49 anos

9.572

10.327

50-54 anos

8.635

9.563

55-59 anos

8.232

8.877

60-64 anos

7.037

7.478

 

 

Ano

2009

2010

Certificado escolar

32.245

35.986

Ensino obrigatorio

27.658

26.147

FP

12.562

13.138

Baharelato/BUP/COU

7.923

7.687

Titulados universitarios

9.139

10.661

Outras titulacións

total

67

89.594

54

93.673

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Provincia de Lugo;

 

 

Ano

2009

2010

Mulleres desemprego

10.603

11.701

Homes desemprego

10.565

11.651

Total

21.168

23.352

 

 

 

 

Ano

2009

2010

De 16 a 19 anos

473

465

20 a 24 anos

2.017

1.947

25 a 29 anos

2.901

3.193

30-34 anos

2.957

3.290

35-39 anos

2.592

2.960

40-44 anos

2.419

2.791

45-49 anos

2.202

2.506

50-54 anos

2.011

2.356

55-59 anos

1.937

2.106

60-64 anos

1.650

1.738

 

 

 

Ano

2009

2010

Certificado escolar

8.903

9.922

Ensino obrigatorio

5.823

6.134

FP

2.943

3.281

Baharelato/BUP/COU

1.574

1.651

Titulados universitarios

1.920

2.363

Outras titulacións

5

 

-

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Provincia de Pontevedra;

 

 

Ano

2009

2010

Mulleres desemprego

47.082

49.942

Homes desemprego

40.127

43.866

Total

87.209

93.808

 

 

 

 

Ano

2009

2010

De 16 a 19 anos

2.161

1.715

20 a 24 anos

7.064

6.993

25 a 29 anos

11.576

11.882

30-34 anos

13.170

14.207

35-39 anos

11.552

12.928

40-44 anos

10.231

11.461

45-49 anos

9.069

10.134

50-54 anos

8.452

9.684

55-59 anos

7.488

8.396

60-64 anos

5.006

6.408

 

 

 

Ano

2009

2010

Certificado escolar

32.292

36.009

Ensino obrigatorio

28.732

29.196

FP

12.144

13.231

Baharelato/BUP/COU

7.223

7.417

Titulados universitarios

6.779

7.905

Outras titulacións

total

39

87.209

50

93.808

 

 

En base os datos expostos nas táboas, se establecen as prioridades de traballo coas persoas demandantes de emprego. Así, toda a persoa interesada pode trasladarnos o seu currículum vitae, de cara a que o persoal técnico da entidade poida asesoralo e apoialo na consecución dun emprego, así como unha carta de presentación na que se describa o tipo de traballo que estaría interesado en desenvolver.